Calendario
Info da proba

Coristanco

26/05/2012 17:00 - 19:30
Regulamento Carreira Costa da Morte, Coristanco

Data: sábado, 26 de maio de 2012.
Hora:
17.00 Adultos 10.000 metros
18.30 Escolares 5.000 metros
Lugar: CEIP Xosé Pichel de Coristanco
Distancia: 10.000 m.
Organiza: Concello de Coristanco e Grupo Correo Gallego
Inscrición: dende o martes día 8 de maio ata o mércores 23 de maio en http://carrera.elcorreogallego.es
Información: 981 747 718
comercialcostadamorte@elcorreogallego.es
Web: El Correo Gallego





:: Segue a Carreira Costa da Morte 2012 no foro ::


1. A VI Carreira Pedestre Popular Costa da Morte, organizada polo Grupo Correo Gallego, celebrarase o sábado día 26 de maio de 2012 na localidade de CORISTANCO ás 17.00 horas. Poderán participar tanto atletas federados como non federados. De acordo co disposto no artigo 3.4 do regulamento de competicións autonómicas de ruta, pista e campo a través: Non se autorizará a participación de corredores estranxeiros que non teñan licenza da FGA, excepto os atletas portugueses que non foran internacionais co seu país nos últimos cinco anos en proba similar. Os corredores estranxeiros que residan oficialmente en Galicia ou teñan permiso de traballo sí poderán participar.

2. A saída e a meta estarán no C.E.I.P. Xosé Pichel de Coristanco.

3. Os participantes deberán colocarse na zona de saída 15 minutos antes do comezo da proba.

4. Correrase un total de 10 quilómetros dando dúas voltas a un circuíto de 5 km, que discorrerá polas seguintes rúas: rúa do Instituto, rúa da Charrua, A Lagoa, Xaviña, Campo Longo, Pedrouzo, O Fondal, Lamela, O Castro de Oca, O Porto e finalizará no C.E.I.P. Xosé Pichel.

5. A clasificación será absoluta e por categorías.

6. A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

7. Está rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a inmediata descualificación dos atletas acompañados.

8. O percorrido estará sinalizado en cada quilómetro.

9. Os corredores estarán controlados ó longo de TODO o percorrido a través dun chip que se lle entregará a cada corredor, xunto co dorsal, o mesmo día da proba, e que deberán colocar nas súas zapatillas antes da saída. É obrigatorio entrar na liña de meta co dorsal e co chip; serán descualificados aqueles que cheguen sen algún destes elementos. OS CHIPS SON DE OBRIGADA DEVOLUCIÓN, OS QUE ASÍ NON O FIXERAN NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIÓNS, NIN RECIBIRÁN NINGÚN TIPO DE AGASALLO.

10. O CONTROL DE CHEGADA PECHARASE UNHA HORA DESPOIS DE QUE ENTRE EN META O PRIMEIRO ATLETA CLASIFICADO.

11. As inscricións poderanse formalizar on-line a partir do martes día 8 ata o mércores día 23 de maio, seguindo as instrucións que figuren nesa páxina. Tamén se poderán formalizar, dentro destes prazos, pero de luns a venres, na Delegación do Grupo Correo Gallego sita na Avda. Fernando Blanco, 47A–1ºA de Cee de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas, e no edificio de Servizos Múltiples do Concello de Coristanco, en horario de 8.00 horas ata as 14,00 h. Teléfono de información: 981.747.718. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DESTES PRAZOS.

12. Nas inscricións deberá constar OBRIGATORIAMENTE: nome, apelidos, sexo (F=feminino e M=masculino), nº DNI con letra ou pasaporte, Nº de licenza federativa (só corredores federados), data de nacemento completa (día, mes e ano), poboación de nacemento e teléfono. Os nados nos dezasete concellos da Costa da Morte deberán marcar cun X a cuadrícula correspondente, e a maiores os nados no Concello de Coristanco. Os atletas que non marquen estas opcións non entran nesta clasificación. O SISTEMA REXEITARÁ AS INSCRICIÓNS ÁS QUE LLES FALTE ALGÚN DESTES DATOS.

13. Os dorsais e chips recolleranse na zona de saída o mesmo día da proba dende as 15.00 h ata as 16.30 horas.

14. NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS POR TELÉFONO, NIN FÓRA DOS PRAZOS INDICADOS.

15. Establécense as seguintes categorías segundo o ano de nacemento:
Categoría Feminina:
A) Mulleres nadas entre 1989 e 1994
B ) Mulleres nadas entre 1982 e 1988
C) Mulleres nadas entre 1972 e 1981
D) Mulleres nadas en 1971 ou antes.

Categoría masculina:
E) Homes nados entre 1989 e 1994
F) Homes nados entre 1977 e 1988
G) Homes nados entre 1967 e 1976
H) Homes nados entre 1952 e 1966
I) Homes nados en 1951 ou antes

16. Establécense os seguintes premios:
Categoría feminina.
1.ª Clasificada: trofeo e 600 euros
2.ª Clasificada: trofeo e 450 euros
3.ª Clasificada: trofeo e 300 euros

Trofeo á 1.ª clasificada das CATRO categorías establecidas, exceptuando as tres primeiras.

Categoría masculina:
1.º Clasificado: trofeo e 600 euros
2.º Clasificado: trofeo e 450 euros
3.º Clasificado: trofeo e 300 euros

Trofeo ó 1.º clasificado das CINCO categorías establecidas, exceptuando os tres primeiros.

Trofeo e 150 euros ó primeiro clasificado da categoría masculina e feminina entre os corredores nados en calquera dos dezasete concellos da Costa da Morte; en caso de que o primeiro nacese en Coristanco, este premio pasará ó segundo corredor da bisbarra.

Trofeo e 150 euros ó primeiro e primeira clasificados entre os participantes nados no Concello de Coristanco.

NOTAS: En ningún caso un mesmo atleta poderá recibir dous premios á vez, percibindo unicamente o de maior contía.

17. Os premios en metálico seranlles aboados ós atletas o mesmo día da proba, previa presentación da súa documentación (DNI ou pasaporte).

18. TODOS os corredores que entren en meta co control aberto, e entreguen o chip, recibirán unha camiseta.

NOTA: TODOS os corredores oficialmente inscritos terán un seguro de accidentes e de responsabilidade civil. O feito de inscribirse neste carreira implica a aceptación deste regulamento e da dereito á organización a poder facer uso das imaxes do evento.


:: Segue a Carreira Costa da Morte 2012 no foro ::