Calendario
Info da proba

Teo

20/05/2012 11:00 - 13:30
Regulamento
Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras, Teo

Data: domingo, 20 de maio de 2012.
Horario e distancias:
11.00 Pitufos 200 metros
11.10 Prebenxamíns 500 metros
11.20 Benxamín e alevín 1000 metros
11.40 Júnior, Promesa, Senior e Veteráns 10500 metros
11.45 Infantil, cadete e xuvenil 3500 metros
13.00 Entrega de premios no CEIP A Ramallosa
Lugar: saída do CEIP da Ramallosa, Teo.
Organiza: Concello de Teo e a Federación Galega de Atletismo.
Inscrición: ata o xoves 17 de maio as 14:00 en Championchip Norte. Ver punto 4 do regulamento.
Teléfono: 981 815 700 (Departamento de Deportes)





:: Participa no foro de carreiras populares ::


A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organiza o domingo 20 de maio de 2012 a partir das 11 horas a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2012 - Concello de Teo baixo control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) e segundo o seguinte

REGULAMENTO

1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación en Santiago de Compostela.

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PITUFOS: atletas nados nos anos 2007 e posteriores
PREBENXAMÍN: atletas nados nos anos 2005 e 2006
BENXAMÍN: atletas nados nos anos 2003 e 2004
ALEVÍN: atletas nados nos anos 2001 e 2002
INFANTIL: atletas nados nos anos 1999 e 2000
CADETE: atletas nados nos anos 1997 e 1998
XUVENIL: atletas nados entre 1995 e 1996
JÚNIOR/PROMESA: atletas nados entre 1990 e 1994
SÉNIOR: atletas nados en 1989 e ata veteranos
VETERANA/O A: atletas nadas/os entre 1967 e 1977
VETERANA/O B: atletas nadas/os entre 1957 e 1966
VETERANA/O C: atletas nadas/os en 1956 e anteriores

3. DISTANCIAS E HORARIOS:
A saída das carreiras será desde o CEIP A Ramallosa. O percorrido da carreira absoluta seguirá un circuíto de 10,5 km aprox. a partir da categoría júnior. O horario e distancias das probas serán os seguintes:

HORA CATEGORÍA DISTANCIA
11.00 h PITUFOS 200 m
11.10 h PREBENXAMÍN 500 m (1 volta ó circuíto prebenxamín)
11.20 h BENXAMÍN e ALEVÍN 1000 m (2 voltas ó circuíto prebenxamín)
11.40 h. JÚNIOR/PROMESA/ SÉNIOR e VETERANO 10500 m
11.45 h INFANTIL – CADETE – XUVENIL 3500 m
13.00 h ENTREGA DE PREMIOS CEIP A RAMALLOSA

4. INSCRICIÓNS
ADULTOS: (júnior/promesa, sénior e veteranos) ata o xoves 17 de maio ás 14:00 horas na web www.championchipnorte.com (única forma de inscrición). Se non es usuario, debes darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as instrucións para formalizar as inscricións que desexes.

Todos os participantes que disputen a proba absoluta deberán correr cun CHIP colocado na súa zapatilla que deberán entregar unha vez crucen a liña de meta (só non propietarios).

ESCOLARES (de pitufo a xuvenil) ata o xoves 17 de maio ás 14:00 horas na dirección de correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com.

Non se aceptarán as inscricións fóra de prazo, con datos incompletos ou sen todos os datos obrigatorios. As inscricións de escolares deberán facer constar os seguintes datos na inscrición: nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade de procedencia, club e nº. de licenza federativa ou seguro escolar (se o ten), teléfono de contacto ou correo electrónico.

> O prezo da inscrición (a proba absoluta estará controlada a través dun
chip) será o seguinte:
- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUÍTA
- PROPIETARIOS CHIP AMARELO CHAMPIONCHIP: 3,00 €
- CORREDORES SEN CHIP AMARELO CHAMPIONCHIP: 4,00 €

A pre-inscrición non se completará se non se fai o pago no momento de inscribirse na web www.championchipnorte.com.

Para calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 981 815 700 (Departamento de Deportes).

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATARÁ O XOVES 17 DE MAIO ÁS 14 HORAS. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DÍA DA PROBA.

Para optar o premio o mellor club federado da proba absoluta deberán anotarse os atletas individualmente na web www.championchipnorte.com e remitir un correo á dirección inscricionsFGAsantiago@gmail.com indicando os datos do club e a listaxe de atletas inscritos.

Para o premio ó centro escolar que achegue máis participantes ás probas, deberán realizar a inscrición do mesmo xeito, inscribindo os atletas individualmente e remitindo un correo electrónico á dirección indicada.

Os dorsais recolleranse na Secretaría da competición sita no Polideportivo Municipal Ezequiel Mosquera, a carón do Colexio Público de A Ramallosa.

5. PREMIOS E AGASALLOS
Haberá premios para:
› Os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes).
› As 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (JÚNIOR/PROMESA, SÉNIOR e VETERANOS/AS A/B/C).
› O participante máis novo e o máis veterano que logre concluír a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.
› O primeiro equipo federado clasificado na clasificación final.
› O centro escolar que achegue máis participantes que logren concluír a proba.
› O primeiro clasificado de Teo en cada categoría.
› Medallas para todos os participantes escolares (de prebenxamíns a xuvenís).
› Bebida para todos os participantes.

Os premios non serán acumulativos, excepto os premios ós locais.

A clasificación por clubs da proba absoluta será establecida a través dos 6 primeiros corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente (imprescindible facer a inscrición como club).

6. Todo atleta que entre á liña de meta sen o seu dorsal será automaticamente descualificado.

7. As reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación destes.

Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor.

8. Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Polideportivo Municipal Ezequiel Mosquera (A Ramallosa)


:: Participa no foro de carreiras populares ::