Calendario
Info da proba

Padrón

06/05/2012 10:30 - 13:30
Regulamento
II Milla Urbana Concello de Padrón 2012
Campionato Galego de 1.000 m en Ruta benxamín, alevín e infantil
Campionato Galego absoluto de Milla en Ruta categorías cadete, xuvenil, junior, promesa, senior e veterán

Data: domingo, 6 de maio de 2012.
Hora: a partires das 10:30 h.
Lugar: Padrón.
Distancia: 1.000 e 1.609 m
Organiza: Concellería de Deportes de Padrón e Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Santiago de Compostela.
Inscrición: ata o 2 de maio ás 20:00 h. Ver punto 3 do regulamento.





:: Participa no foro de carreiras populares ::

Regulamento

Art.1) O domingo 6 de Maio terá lugar o Campionato Galego de 1000 metros en ruta benxamín, alevín e infantil e o Campionato Galego absoluto de milla en ruta das categorías cadete, xuvenil, junior, promesa e veterán. O campionato terá lugar nun circuito homologado pola Real Federación Española de Atletismo na localidade de Padrón (canal de derivación do río Sar). Conxuntamente celebrarase a II Milla Urbana do Concello de Padrón 2012 . O evento estará organizado pola Concellería de Deportes de Padrón e a Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Santiago de Compostela.

Art.2) Poderán participar nos Campionatos Galegos todos aqueles atletas das categorías benxamín (2003/04), alevín (2001/02), infantil (1999/2000), cadete (1997/98), xuvenil (1995/96), junior (1993/94), promesa (1990/91/92), senior (1989 ata < 35 anos) e veterán según categorías oficiais federadas que se atopen en calqueira das seguintes condicións*:
1. Atletas que teñan fichado ó longo da tempada actual (2011/12) por algún Clube pertencente á Galicia.
2. Atletas con ficha pola F.G.A., ainda que pertenzan a Clubes doutras Comunidades Autónomas.
3. Atletas non galegos convidados expresamente pola Federación Galega de Atletismo, que non reúnan ningunha das dúas anteriores condicións.

*Según acordo de Asemblea os atletas estranxeiros maiores de 18 anos que non estén nacionalizados en España non poderán optar aos podiums nos Campionatos Galegos.

A maiores celebraranse fora dos Campionatos Galegos de 1000 m e milla en ruta, unha proba prebenxamín (atletas do 2005 e posteriores) e unha milla popular na cal poderán participar todos os atletas sen licencia federativa ou aqueles que a posúan e non desexen tomar parte no Campionato Galego. Nas probas benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil dos Campionatos Galegos poderán participar conxuntamente atletas que non posúan licencia federativa pero non poderán optar ás medallas do Campionato Galego.

Art.3) As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da F.G.A. www.atletismogalego.org con data límite o mércores día 2 de Maio ás 20:00 horas. Tamén poderán enviar as inscricións de escolares (de prebenxamín a xuvenil) e da milla popular masculina e femenina ao correo electrónico deportes@concellodepadron.es (teléfono de información 627 008 584 / 699 926 983) incluindo os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, clube e nº de licencia ou seguro escolar, localidade de procedencia e teléfono ou correo electrónico de contacto.

Art.4) Os atletas, deberán confirmar a súa participación ata 30 minutos antes do comezo da súa proba na secretaría de competición ubicada no circuito onde poderán recoller o seu dorsal. Unha vez rematado este prazo, non se admitirá a participación do atleta.

Art.5) Os tres primeiros atletas clasificados en cada unha das categorías así como na clasificación absoluta da carreira junior, promesa e senior recibirán unha medalla conmemorativa do campionato, sendo de obrigado cumprimento acudir ao protocolo de premiacións. Caso contrario, non se fará entrega da medalla.

En todas as probas o Concello de Padrón outorgará medalla os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada proba por categoría e sexo sexan ou non federados e coincidan ou non cos medallistas dos Campionatos Galegos.

Art.6) O horario das probas será o seguinte:
10:30 h. Prebenxamín mixto
10:40 h. 1000 metros: benxamín-alevín masculino
10:50 h. 1000 metros: benxamín-alevín femenino
11:00 h. 1000 metros: infantil masculino
11:10 h. 1000 metros: infantil femenino
11:20 h. 1609 metros (milla): cadete e xuvenil masculino
11:35 h. 1609 metros (milla): cadete e xuvenil femenino
11:50 h. 1609 metros (milla): Absoluta (junior, promesa e senior masculino)*1
12:10 h. 1609 metros (milla): Absoluta (junior, promesa e senior femenino)*1
12:30 h. 1609 metros (milla): veteráns masculino
12:50 h. 1609 metros (milla): veteráns femenino
13:05 h. Milla Popular masculina (junior, promesa, senior e veteráns)
13:20 h. Milla Popular femenina (junior, promesa, senior e veteráns)

*1 Nesta milla poderán participar os atletas veteráns que o desexen, optando á clasificación absoluta.

Todos os participantes deberán pasar obrigatoriamente pola Cámara de Chamadas 15 minutos antes da súa proba.

A Organización resérvase a posibilidade de modificar as carreiras segundo a participación, podendo agrupar dúas carreiras ou desdobrar unha en dúas.

Art.7) Plano de situación das probas


Art. 8 ) Todo o non disposto no presente regulamento resolverase de acordo cas normas da I.A.A.F

:: Participa no foro de carreiras populares ::