Calendario
Info da proba

Culleredo

06/05/2012 11:30 - 13:00
Regulamento
Carreira pola Ría do Burgo, Culleredo

Data: domingo, 6 de maio de 2012.
Hora: 11:30 h.
Lugar: Xardín Botánico no Burgo, Culleredo.
A recollida de dorsais, nas instalacións do Xardín Botánico, terá lugar entre as 10.00 e as 11.15 horas, quedando para as 11.30 horas a saída da carreira (horarios provisionais).
Distancia: ata 8.300 m na proba absoluta.
Organiza: Castelo Deporte.
Inscrición: Inscrición Carreira pola Ría do Burgo
Web: Carreira pola Ría





:: Participa no foro de carreiras populares ::

Castelo Deporte, en colaboración co Concello de Culleredo, organizan o domingo 6 de maio unha carreira popular na ría do Burgo.

O percorrido, en total 10 quilómetros, descorre por todo o paseo marítimo do Burgo, unha pequena poboación do concello de Culleredo. Con saída e chegada nun coñecido xardín botánico que acolle centos de especies autóctonas, a ruta chega ata as proximidades da ponte da Pasaxe na primeira parte da proba, para dirixirse cara a ponte romana do Burgo nun segundo tramo e percorrer unha parte do paseo no termo municipal de Cambre.

Máis adiante, a carreira adéntrase no corazón do Burgo para enfilar un fermoso paseo fluvial en dirección á parroquia cullerdense de Rutis. É nos muiños de Fonte da Balsa onde o trazado cambia a súa orientación para regresar á zona de Acea da Ama, cruzar a vía do tren, e rematar no mesmo punto de partida.

- Amplo aparcadoiro gratuíto a 200 metros da saída
- Punto de avituallamento líquido no circuíto e ao remate da proba
- Pincho ao remate da proba
- Percorrido sinalizado con indicadores cada 100 metros
- Sistema electrónico de cronometraxe
- Bar para o público durante e ao remate da carreira
- Camiseta para todos os participantes

INSCRICIÓN: 5 EUROS
Coa opción voluntaria de pagamento de 8 euros, na que a diferencia de 3 euros vai destinada á rexeneración e o saneamento da ría do Burgo.

Información e inscricións: www.castelodeporte.org/carreirapolaria


:: Participa no foro de carreiras populares ::