Calendario
Info da proba

A Coruña

27/05/2012 10:00 - 13:00
Regulamento IV Medio Maratón Coruña21

Medio Maratón (21.097´50 metros) homologado por la RFEA.
Totalmente chan. 3 voltas a un circuito de 7.000 metros + cola de Meta de 97´50 metros.

Información en
www.coruna.es/carreraspopulares
www.atletismogalego.org



Aberto o prazo de inscrición ata as 10.00 horas do 21 de maio.

Non se admitirán inscricións fóra de prazo.

Cota de inscrición: 15 €.

A Federación Galega e o Concello da Coruña publicarán semanalmente a relación provisional de inscritos, a través desta web e en www.atletismogalego.org

REGULAMENTO.

Control

O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces.

Todas as reclamacións deberán facerse verbalmente ao xuíz árbitro da proba ata 30 minutos despois da publicación dos resultados.

Establécense controis de paso de chips en distintos puntos do percorrido. Todo corredor que pase por algún dos puntos de control será descualificado.

Avituallamento

Estableceranse puntos de avituallamento durante o percorrido e na liña de meta para favorecer a hidratación dos participantes.

Calquera avituallamento fóra da zona marcada pode supoñer a descualificación da proba.

Colectores

Poñeranse a disposición dos atletas colectores de uso obrigado, suficientes para a recollida dos residuos, polo que a non utilización deles por parte dos atletas, poderá supoñer a súa descualificación.

Medios para competir e acompañamentos

Os participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas materiais de ningún tipo.

Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.

Así mesmo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.

Servizos e seguros

Duchas: no Palacio dos Deportes de Riazor
W.C.: na zona de saída de meta e outras partes do circuíto

Seguros da proba e responsabilidades

A organización ten contratado un seguro de responsabilidade civil e accidentes para todos os atletas populares que participen.

A organización non se fai responsable dos danos que puidesen causar ou causarse aos corredores e corredoras, polas imprudencias ou neglixencias destes.

Igualmente, o atleta declara ter realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións para realizar a proba e faino baixo a súa responsabilidade, eximindo á organización das posibles consecuencias derivadas desta circunstancia.

Compromisos e normas

Todos os participantes polo feito de realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome nas clasificacións, medios de comunicación e internet.

Todo o non disposto no regulamento, resolverase pola normativa da Federación Galega de Atletismo, ou se é o caso, pola propia Real Federación Española de Atletismo.

Todos os participantes que se inscriban na proba dan por aceptado e deben cumprir todos os aspectos reflectidos no regulamento da carreira.

Os dorsais e chips entregaranse na Casa da Auga (rúa Manuel Murgía da Coruña):

Venres día 25 de maio de 17.00 a 21.00 horas
Sábado día 26 de maio de 11.00 a 21.00 horas

Todos os corredores deberán levar ben colocado o dorsal no peito e o chip na zapatilla para poder entrar nas clasificacións.

A participación sen dorsal, co correspondente a outro corredor ou con outro dorsal, que non sexa o oficial da carreira está totalmente prohibida e poderá supoñer a exclusión inmediata da carreira por parte do xurado ou membros da organización.