Calendario
Info da proba

Vilalba

05/05/2012 16:00 - 18:00
Regulamento
III Carreira Popular Letras Galegas, Vilalba

Data: sábado, 5 de maio de 2012.
Hora:
Escolares 16:00 h.
Adultos 17:00 h.
Lugar: saída e meta na Praza da Constitución de Vilalba.
Distancia: de 450 a 6.000 m aproximadamente.
Organiza: Concello de Vilalba
Inscrición: ata o 2 de maio de 2012. Ver no regulamento.





:: Participa no foro de carreiras populares ::

1. REGULAMENTO
Non estará permitido o acompañamento dos participanes mediante o uso de vehículos de axuda. O non cumplimento desta norma implicará a descalificación dos participantes acompañados

O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

Na proba absoluta será obligatorio o uso do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.

Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

A organización da proba reservarase o dereito de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

2. CARREIRA ASBOLUTA
Os corredores/as nados no 1995 ou anteriormente, sen límite de idade.

2.1. INSCRICIÓNS:
Inscricións on-line na páxina web: www.championchipnorte.com

Inscricións presenciais a partir do martes 17 de abril na Oficina de Deportes do Concello de Vilalba en horario de 10 a 13:30 horas.

Peche de inscricións o mércores 2 de maio ás 13:30 horas.

COTA DE INSCRICIÓN: 2 € (+ 1 € os participantes non propietarios do chip)

OS PARTICIPANTES NON PROPIETARIOS DO CHIP DEBERÁN ENTREGAR UNHA FIANZA DE 10 € NO MOMENTO PREVIO Á CARREIRA NO CAL RECOLLAN O CHIP, QUE SERÁ DEVOLTA Ó FINALIZAR A PROBA CANDO DEVOLVAN O SUSODITO CHIP Á ORGANIZACIÓN.

NON SE ACEPTAN INSCRICIÓNS POR TELÉFONO OU FAX

Para poder inscribirse tanto on-line como presencialmente serán obligatorios os seguintes datos:
NOME
APELIDOS
DATA DE NACEMENTO
DNI
CLUBE (se pertence a algún)
LOCALIDADE
MÓBIL

A organización reservarase o dereito de non inscribir a aquelas persoas que non cubran correctamente os datos requeridos e, polo tanto, impedirlles a participación na proba.

2.2. PERCORRIDO:
A saída e meta serán na Praza da Constitución. O recorrido consistirá en dar dúas voltas cunha distancia total de 5.490 m. (2.745 m. cada volta), polas seguintes rúas: Rúa de Galicia, Avenida Cidade de Lugo, Rúa da Feira, Rúa Pintor López Guntín, Avenida Terra Chá, Rúa de Muras, Rúa Campo de Puente, Rúa Basanta Silva e comezo da 2ª volta o mesmo percorrido.

2.3. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (5 de maio) nos mostradores da organización sitos na Praza da Constitución dende as 14:00 ata as 16:30 horas.

2.4. PREMIOS DAS CARREIRAS ABSOLUTAS MASCULINA E FEMININA.
1º/1ª CLASIFICADO/A________________100 € + Trofeo
2º/2ª CLASIFICADO/A________________75 € + Trofeo
3º/3ª CLASIFICADO/A________________50 € + Trofeo

2.5. PREMIOS ESPECIAIS DA CARREIRA ABSOLUTA
1º/1ª CLASIFICADO/A veciño/a do termo municipal_______Trofeo
PARTICIPANTE DE MAIOR IDADE da proba absoluta_____Trofeo
Todos os premios son acumulables.
Obsequio e avituallamento final para todos/as os/as participantes que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.

2.6. INFORMACIÓN DE INTERESE
- Aparcadoiros: os participantes disporán dunha zona de estacionamento no Campo da Feira (cuadrante b3 no plano), na Rúa de Abadín (b3) e na Rúa de Guitiriz (b3).

- Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo de gardarroupa habilitado pola organización

- Duchas: unha vez rematada a proba estarán á disposición dos participantes as duchas dos vestiarios 5 e 6 do Pavillón Municipal de Deportes situado no Campo da Feira (b3) a 400 metros da zona de meta.

2.7. INFORMACIÓN E RESULTADOS
Na páxina web oficial da proba: www.championchipnorte.com

3. CARREIRA CATEGORÍAS MENORES
Categorías masculinas e femininas
Categoría +5___________nados/as entre 2003 e 2007
Categoría +10__________nados/as entre 2002 e 2000
Categoría +13__________nados/as entre 1996 e 1999

3.1. INSCRICIÓNS
Por correo electrónico en deportes@vilalba.org a partir do luns 16 de abril e co mestre/a, profesor/a de educación física dos centros educativos de Vilalba.

Inscricións presenciais a partir do martes 17 de abril na Oficina de Deportes do Concello de Vilalba en horario de 10 a 13:30 horas.

Peche de inscricións o mércores 2 de maio ás 13:30 horas.

OS PARTICIPANTES NON PROPIETARIOS DO CHIP DEBERÁN ENTREGAR UNHA FIANZA DE 10 € NO MOMENTO PREVIO Á CARREIRA NO CAL RECOLLAN O CHIP, QUE SERÁ DEVOLTA Ó FINALIZAR A PROBA CANDO DEVOLVAN O SUSODITO CHIP Á ORGANIZACIÓN

NON SE ACEPTAN INSCRICIÓNS POR TELÉFONO OU FAX

Para poder inscribirse tanto on-line como presencialmente serán obligatorios os seguintes datos:
NOME
APELIDOS
DATA DE NACEMENTO
DNI
CLUBE (se pertence a algún)
LOCALIDADE
MÓBIL

A organización reservarase o dereito de non inscribir a aquelas persoas que non cubran correctamente os datos requeridos e, polo tanto, impedirlles a participación na proba.

3.2. PERCORRIDO:
CATEGORÍA +5____________450 metros.
CATEGORÍA +10___________850 metros.
CATEGORÍA +13___________1600 metros.
CATEGORÍA +5: Saída na Praza da Constitución, rúa de Galicia, rúa Xosé María Chao Ledo e volta á meta pola rúa dos Pepes.

CATEGORÍA +10: Saída na Praza da Constitución, rúa da Pravia, rúa Campo de Puente e volta á meta pola rúa Basanta Silva.

CATEGORÍA +13: saída na Praza da Constitución, rúa da Pravia, rúa Campo de Puente, rúa de Muras, rúa de Foz e volta á meta pola rúa Basanta Silva.

3.3. ENTREGA DE CHIPS E DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba (5 de maio) nos mostradores da organización sitos na Praza da Constitución dende as 14:00 ata as 15:30 horas.

3.4. PREMIOS
Trofeo para o primeiro/a, segundo/a e terceiro/a de cada categoría.

Obsequio e avituallamento final para todos os que rematen a proba.

4. MAPA CONCELLO DE VILALBA
Na seguinte páxina, poden consultar as rúas pola que discurrirán as distintas probas así como onde están situados os aparcadoiros e as duchas.

Consultar na web da proba: Concello de Vilalba

Cartel da carreira


:: Participa no foro de carreiras populares ::