Calendario
Info da proba

Gondomar

27/05/2012 10:00 - 14:00
Regulamento XII Memorial Manuel Barros, Gondomar

Data: Domingo, 27 de maio de 2012.
Hora: a partires das 10:00 h.
Lugar: Gondomar
Distancia: de 300 a 10.000 m.
Organiza: Sociedad Atlética Val Miñor.
Inscrición: Ata 22 de maio as 20 horas. Ver no regulamento
web:http://www.atletismovalmiñor.com



Regulamento:

1º A Sociedad Atlética Val Miñor e mailo Concello de Gondomar, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Vigo),
organizan o día 27 de Maio do 2012 o XII Memorial Manuel Barros de atletismo en ruta que dará comezo as 10:00h.

2º Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas, con excepción dos atletas estranxeiros federados no seu pais, excepto
os portugueses que non foran internacionais co seu país nos derradeiros 5 anos.
O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación en Vigo.

3º O circuíto discorrerá polas rúas de Gondomar para as categorías menores (ata cadetes inclusive), e polos arredores do concello para a carreira
absoluta (10 Km).

4º A orde de saída será a seguinte:
HORA CATEGORIA ANO DISTANCIA VOLTAS
10:00 Cadetes Femininos/Masculinos. 97/98 3.000 m 3 ó B
10:20 Infantís Femininos/Masculinos. 99/00 2.000 m 2 ó B
10:35 Alevíns Femininos/Masculinos. 01/02 1.600 m 1 ó A + 1 ó B
11:00 Carreira Absoluta 95/anteriores 10.000 m 2 ó B + Circuíto exterior
12:15 Pitufos Femininos/Masculinos 07/08 100 m De Saída A a Meta
12:35 Pre-benxamíns Femininos/Masculinos 05/06 300 m De Saída B a Meta
12:55 Benxamíns Femininos/Masculinos 03/04 600 m 1 ó A
13:15 ENTREGA DE PREMIOS

5º Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
Xuvenís 95/96 Femininos/Masculinos.
Veteráns B de 45 a 54 anos.
Júnior 93/94 Femininos/Masculinos
Veteráns C de 55 anos en adiante.
Promesa/Sénior 92 ata Veteráns.Fem./Masc. Veteranas A de 35 a 44 anos.
Veteráns A de 35 a 44 anos. Veteranas B de 45 anos en adiante.

6º INSCRICIONS.
Será obrigatorio: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, dni ou pasaporte, sexo, nº de licenza federativa, teléfono de contacto e nome
do clube no caso de non ser independente.
O prazo de inscrición remata o martes 22 de maio as 20 horas, a organización será rigorosa co período de peche das inscricións.
Na carreira absoluta (de Xuvenís ata Veteráns), a inscrición farase na paxina web da Federación Galega de Atletismo
www.atletismogalego.org ou na paxina web da Sociedad Atlética Val Miñor www.atletismovalmiñor.com. Esta terá un custe
de 5 € que deberá aboar nunha das seguintes contas do clube, pondo como referencia: Nome e apelidos do atleta.
La Caixa…..……..…..: 2100.5752.60.0200057217
Novagalicia Banco..: 2080.5035.03.3040010469
Nas categorías menores a través do e-mail: savalminor@hotmail.com, da web: www.atletismovalmiñor.com, ou a do fax nº
986 360305, asegurándose da recepción das inscricións. As categorías menores NON levarán chip e non pagarán cuota.

7º Os dorsais serán entregados polo club organizador o día anterior a proba na Casa da Cultura de Gondomar no horario de 17:00 a 20:00 horas
e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración de cada carreira) debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e
respectar a publicidade impresa se a houbese durante toda a proba.

8º Serán, motivos de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: Non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo,
falsificar os datos persoais.

9º O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 1 hora e 15 minutos do comezo da proba.

10º Premios:
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina coma masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías
de Pre-benxamín ata cadete e a todos os pitufos ate fin de existencias.
Premiarase ao 1º atleta masculino e feminino do Val Miñor na carreira absoluta.
Haberá recordo conmemorativo como mínimo para os 600 primeiros inscritos.

11º Premios en metálico da carreira absoluta:

1º 250,00 € 1º 250,00 €
2º 120,00 € 2º 120,00 €
3º 100,00 € 3º 100,00 €
4º 70,00 € 4º 70,00 €
5º 60,00 € 5º 60,00 €
6º 50,00 € 6º 50,00 €
7º 40,00 € 7º 40,00 €
8º 30,00 € 8º 30,00 €
9º 20,00 € 9º 20,00 €
10º 10,00 € 10º 10,00 €
Homes Mulleres

12º A organización poderá esixir a documentación de todos aqueles participantes que leven premio en metálico.

13º A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan
acontecer aos participantes desta carreira.

14º Haberá un servizo de ambulancia dispoñible durante o evento.

15º Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.

16º As reclamacións deberán facerse verbalmente ó xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos despois da comunicación oficial dos resultados. Si
son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 € ó xurado de apelación.

17º O non previsto neste regulamento resolverase de acordo co manual da IAAF. ou RFEA en vigor.

18º Os gastos de desprazamento dos participantes correrán ao seu cargo.

19º Todos os atletas están cubertos cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes durante a carreira.

20º Haberá servizo de duchas no pavillón municipal de deportes de Gondomar