Calendario
Info da proba

Bóveda

27/05/2012 11:00 - 13:30
Regulamento Data: domingo, 27 de maio de 2012.
Hora: 11:00 h (carreiras para nenos), 12:15 (7.500 m).
Lugar: Área Recreativa Muiño do Xil. Bóveda. Lugo.
Distancia: ata 7.500 m.
Organiza: Asociación Cultural Horticelos
Inscrición: ata 25/05/12 14:00 VER APARTADO 4





:: Participa no foro de carreiras populares ::


Proba deportiva incluída no CIRCUITO RIBEIRA SACRA DE CARREIRAS POPULARES 2012

REGULAMENTO XERAL

1. PRESENTACION
A Clube Horticelos Aventura organiza para o próximo domingo 27 de maio a V CARREIRA RIO MAO BÓVEDA 2012 aberta a todos aqueles corredores que desexen disfrutar da fermosura do noso municipio.

2. ORGANIZACIÓN
• Utilizaránse os arredores do pavillón municipal e do cuartel da Garda Civil como aparcamento co fin de evitar aglomeracións na zona de saída.
• Haberá servicio de duchas a disposición de todos os atletas sito no pavillón municipal.
• A organización contará coa colaboración dos organismos competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

3. LUGAR
A SAíDA e META situaránse na Área Recreativa Muíño do Xil.

4. INSCRIPCIÓNS
As inscripcións son totalmente GRATIS para todalas categorías.
Deberánse facer constar obligatoriamente os seguintes datos:
• DNI con letra se ten
• nome e apelidos
• data de nacemento
• carreira na que se inscribe
• localidade de procedencia
• un recurso de contacto: teléfono ou correo electrónico
Ao rexistrarse: os participantes otorgan o consentemento para que os seus datos persoais sexan almacenados e tratados pólo Clube Horticelos Aventura/Asociación Cultural Horticelos, co fin único da organización da Carreira Río Mao.

Mediante correo electrónico a.c.horticelos@hotmail.com ou postal Alfonso XIII, 92 27340 Bóveda, poderanse comprobar os datos recollidos, rectificalos ou cancelalos.
Tamén otorgan ó dereito de utilización da sua imaxe en canto participantes da carreira (fotos/vídeos tomados no entorno da carreira que poderan ser publicables).
Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou falsos.

Prazos para a inscrición:

• PROBA ABSOLUTA:
Ata o 24/05/12 ás 24:00 horas na web www.championchipnorte.com (única forma de inscrición).
Se non eres usuario, debes de darte de alta no apartado "REXISTRARSE" e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que desexes.

• PARA O RESTO DE PROBAS E CATEGORÍAS:
dende Pitufos ata Cadete poderán inscribirse dende a publicación desta nota ata o 25/05/12 ás 20:00 horas no correo electrónico a.c.horticelos@hotmail.com ou no teléfono 982 42 60 77 (horario de 10 a 14 h e de 17 a 21 h).

5. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS
• Realizarase o día da proba na zona de Saída/Meta (Area Recreativa) dende ás 10 h ata media hora antes do inicio de cada proba.
• A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se lle entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal (agás propietarios de chip amarelo) e que deberá colocarse na zapatilla antes do comenzo da proba.

TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA (agás propietarios de chip amarelo). AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.

6. NORMATIVA
• A todos os participantes facilitaráselles un dorsal que deberán colocar no peito para a súa identificación durante a carreira e chegada a meta.
• Quedarán descalificados os corredores que cheguen á meta sen realiza-lo percorrido completo, quen corra co dorsal de outro participante ou quen falsifique
os datos da inscripción.
• Os participantes deberanse colocar na zona de saída 5 minutos antes do comenzo das probas.
• Esta rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes por persoas ou
vehículos de axuda. O incumprimento desta norma implicará a descalificación inmediata do atleta.
• Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descalificar aos participantes que cometan algunha irregularidade.

7. HORARIOS, CARREIRAS E CATEGORÍAS
Establécense as seguintes 22 categorías para feminino e masculino, segundo ano de nacemento:
Nº----Hora----Categoría-------Distancia----Desde----Ata
1------11:30-----PITUFOS-----------80 m---------2008-------2012
2------11:40-----PREBENXAMÍN----200 m--------2006-------2007
3------11:50-----BENXAMÍN---------400 m--------2003-------2005
4------11:00-----ALEVIN-------------400 m--------2001-------2002
5------11:00-----INFANTIL-----------400 m--------1999-------2000
6------11:00-----CADETE------------2000 m-------1997-------1998
7------12:15-----XUVENIL-----------7500 m-------1993------ XXX
8------12:15-----SENIOR A----------7500 m-------1978-------1992
9------12:15-----SENIOR B----------7500 m-------1968-------1977
10-----12:15-----VETERÁNS A------7500 m--------1953-------1967
11-----12:15-----VETERÁNS B------7500 m-------- xxx -------1952

8. PERCORRIDO
• Ver plano anexo a este regulamento.
• Marcará o percorrido un vehículo da organizacion na cabeza do grupo.
• Estará sinalizado cada punto quilométrico.
• Haberá un avituallamento líquido á metade do percorrido e outro na meta.
• A carreira daráse por finalizada cando chegue á meta o vehículo da organización encargado de ir pechando a proba (non está contemplado un tempo máximo para
esto).

9. PREMIOS
• Entregarase un trofeo conmemorativo ó primeiro/a clasificado/a en cada categoría.
• Tódolos participantes recibirán un agasallo ata agotar existencias.
• A entrega de trofeos e medallas terá lugar unha vez finalizadas a proba absoluta (13:30 h aprox).

10. DESCALIFICACIONS
• Todo corredor/a que incumpla as normas recollidas no presente Regulamento poderá ser descalificado.

11. RECLAMACIONS
A organización e os colaboradores non se fan responsables dos daños morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira. Por este motivo non se admitirán reclamacións. Todos os participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan o presente regulamento e en caso de dúbida decidirá o comité organizador.



Como en anos anteriores, ó finalizar a proba aqueles atletas, acompañantes ou espectadores que o desexen poderán disfrutar gratuitamente da nosa clásica pancetada.




Clube Horticelos Aventura