Calendario
Info da proba

Tui

19/05/2012 9:00 - 14:00
Regulamento
IX Andaina Tudense, Tui

Data: sábado, 19 de maio de 2012.
Hora: 9:00 h.
Lugar: A andaina será circular e o punto de encontro farase no Centro Interfederado, o lado do Parador de Turismo e do río Miño.
Distancia: 26 quilómetros.
Inscrición: na web da proba.
Web: Andaina Tudense (máis información e inscricións)


:: Participa no foro de andainas


O vindeiro 19 de Maio do 2012, reencontrarémonos de novo para facer a IX Andaina , todo por terras tudenses. Desta vez uniremos o pai Miño co monte Aloia, onde xantaremos na compaña de San Xulián, para logo baixar cara a Tui percorrendo no último tramo as suas empedradas rúas. Gustaríanos que camiñárandes connosco, de que poidéramos gozar, disfrutar e coñecer un pouco máis o monte Aloia. Todo isto de vagar, sen presas, cada ún na medida das súas forzas. Ése é o espírito da andaina.

INFORMACIÓN DA ANDAINA
A continuación detallamos toda a información precisa para poder participar na ruta deste ano.

-PREZO: 10 €. Por cada inscrición serán doados 3€ o colexio San Xerome Emiliani.

-FORMA DE PAGO: En Novagalicia Banco. Nº de conta 2080 5066 70 3000084855

-INSCRICIÓNS: Na web da andaina. A data límite para inscribirse será o 11 de Maio.
Non se inscribirá a ninguén se antes non fixo o correspondente pago da andaina.

-HORARIO: A camiñata comenzará as 9h da mañá. Polo que pregamos estar 30 minutos antes para recoller os dorsais e a camiseta conmemorativa da IX andaina tudense.

-SAÍDA e CHEGADA: A andaina será circular e o punto de encontro farase no Centro Interfederado, o lado do Parador de Turismo e do río Miño.

* COMO SE CHEGA
- AVITUALLAMENTO: Estará situado no punto kilométrico 11.
- XANTAR: Farémolo no monte Aloia, a partir das 14h, onde a capela de San Xulián.
- DUCHAS e MASAXES: Para todos aqueles que o desexen.
- O REMATE: Carreira de aros, para os cativos e non tan cativos.
- Sorteo de agasallos.

E todo isto farase mentres asamos uns chourizos como remate da xornada.


:: Participa no foro de andainas