Calendario
Info da proba

Outes

17/05/2012 10:30 - 13:30
Regulamento
V Carreira Pedestre Concello de Outes 2012

Data: xoves, 17 de maio de 2012.
Hora: o comezo da 1ª carreira de 300 m será as 10:30h, a carreira de 1 km as 10:40, a carreira de 3 km as 10:55 e a de 10km sobre as 11:30h.
Lugar: Praza de Galicia, Outes.
Distancia: de 300 a 10.000 m.
Organiza: Concello de Outes
Inscrición: Ver no regulamento.
Web: Concello de Outes





:: Participa no foro de carreiras populares ::


CATEGORÍAS:
- Masculina:
- Pitufos (2007 e posteriores). 300mts
- Categoría A (entre 2006 e 2004 ambos inclusive). 300mts
- Categoría B (entre 2003 e 2000). 1km
- Categoría C (entre 1999 e 1996). 3km

- Categoría E (entre 1995 e 1987). 10km
- Categoría H (entre 1986 e 1976). 10km
- Categoría K (entre 1975 e 1966). 10km
- Categoría P (nados no 1965 e anteriores). 10km

- Feminina:
- Pitufas (2007 e posteriores). 300mts
- Categoría A (entre 2006 e 2004). 300mts
- Categoría B (entre 2003 e 2000). 1km
- Categoría C (entre1999 e 1995). 3km

- Categoría R (entre 1994 e 1984). 10km
- Categoría T (entre 1983 e 1972). 10km
- Categoría X (nadas no 1971 e anteriores). 10km

HORA DE COMEZO: comezo da 1ª carreira de 300mts será as 10:30h, a carreira de 1km as 10:40, a carreira de 3km as 10:55 e o comezo da de 10km sobre as 11:30h.

INSCRICIÓNS: ata o luns 14 de maio (ata as 18:00h, as categorias pituf@s, categotía A e nenos sen NIF a través do correo do concello e ata as 18 pola web de championchip). Para as categorias participantes na carreira de 10km a inscrición terá un coste de 4 euros para os non propietarios de chip e de 2 euros para os propietarios de chip amarillo; para o resto de categorias a inscrición é gratuita e se debe marcar o desconto correspondente na inscrición. As persoas da carreira absoluta (10Km) que marquen o desconto que non lles corresponde, serán eliminados da inscrición.

BASES XERAIS
Organiza: Departamento de deportes do Concello de Outes. e-mail: deportes@outes.es
Persoa de contacto: Lorena, Carlos
Nº de teléfono do Pavillón (981850748).
Patrocina: Concello de Outes
Colabora: Protección Civil de Outes, Policía Local, Guardia Civil e demáis voluntarios.

1) INSCRICIÓNS: Gratuítas para as categorías pituf@s, categoría A, categoría B e categoria C, demais categorias deberán abonar as seguintes cantidades: propietarios de chip (2 euros) e non propietarios (4 euros) a través de championchip.

Formas de Inscricións Web de Championchipnorte: www.championchipnorte.com

So os menores sen DNI, categorias pituf@s e categoria A teñen que enviar todos os datos obligatorios a dirección de correo: deportes@outes.es (só os nenos sen DNI, pituf@s e categoría A), o resto debese inscribir a través da Web de championchipnorte.

- Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición na web de championchip dirixídevos ao teléfono: 982 816 884. (info@championchipnorte.com)

- Aceptaranse inscricións ata o luns 14 de Maio ata as 18:00h. As categorias pituf@s, categoria A e nenos sen DNI ata as 18 polo mail: deportes@outes.es

- Datos obrigatorios para as inscricións: NIF con letra, Nome e Apelidos, Data de Nacemento completa, Sexo, Localidade, Provincia, Teléfono de contacto (se o ten), Mail de contacto (se o ten), Nome do Clube (se o ten) e Licencia federativa (se ten) e deberá indicar se pertence o Concello de Outes para puntuar nos premios locais.

- As inscricións sen datos obrigatorios ou fora do prazo fixado tanto para a proba de 10 Km como as carreiras curtas non serán admitidas.

2) Recollida de dorsais e Chips, saída e meta:
- Dentro do campo de fútbol, no pavillón poderanse retirar os dorsais e os chips ata 30 minutos antes do comezo da carreira na que o corredor vaia participar. Non se darán dorsais nin chips fora dese prazo para facilitar a xestión das carreiras. Na praza de Galicia situarase a saída e a meta de tódalas carreiras, agás a dos máis pequenos (300 metros) que terá lugar dentro do recinto do campo de fútbol.

3) Premios:
- Trofeos para os 3 primeir@s clasificados en tódalas categorías.
- Trofeos para os 3 primeir@s da categoría xeral (10 Km)
- Trofeo para o primeir@ de Outes da categoría xeral (10Km)
- Trofeo para o primeir@ de outes nas categorías: pitufos, A, B, C.
- Non haberá premios económicos.
- Os trofeos non serán acumulativos.
- Os mais pequenos (pitufos e categoria A) recibirán unha medalla só por participar.

4) Percorrido :
- Carreira de 300 metros: terá lugar arredor do campo de fútbol.
- Carreira de 1Km (1.000 metros): saída da praza de Galicia, dirección calle doctor Esperante, rúa de Compostela, calle de Conchido ata praza de Galicia.
- Carreira de 3Km (3.000 metros): terán que dar 3 voltas ao circuito de 1Km.
- Carreira de 10 Km: saída e meta na praza de Galicia, o percorrido levarase a cabo polas rúas e pistas do concello.

5) REGULAMENTO
1. O departamento de Deportes do Concello de Outes será o organizador da V carreira pedestre de Outes.

2. O concello de Outes, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.

3. Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e regulamento, en caso de dúbida, decidirá o comité organizador.

4. O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.

5. Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización, estando prohibido cortalo ou doblalo e quedando ben visible o número.

6. Nas carreiras de 1KM, 3 Km e 10 Km utilizarase un chip como xeito de cronometrase electrónico, da empresa Championchip. Este entregaráselle ao corredor, xunto co dorsal antes do comezo da proba.

O chip hai que colocalo na zapatilla, enganchándoo co cordón. Se o chip vai colocado noutro sitio córrese o risco de que non funcione correctamente. Ao rematar a carreira hai que quitalo e entregarllo aos encargados de recoller os chips (na mesa de entrega de dorsais).

¡ É OBRIGATORIO DEVOLVER O CHIP !.

7. Todo corredor que non realice o percorrido completo, que chegue á meta sen dorsal ou a xuizo da organización cometa algunha irregularidade, será descalificado .

8. A saída da 1ª carreira será as 10:30 e discurrirá arredor do campo de fútbol de Outes, as demáis carreiras pasarán polas diferentes rúas e pistas do concello. A carreira de 10 Km está previsto que teña a saída as 11:30.

9. Os participantes deberán situarse na saída 10 minutos antes do comenzo da proba. E os horarios son os seguintes:
- carreira de pituf@s: 10:30horas.
- categoría A: 10:35 horas.
- categoría B: 10:40 horas.
- categoría C: 10:55 horas.
- categorías restantes (carreira de 10km): 11:30 horas.

10. A organización establece as seguintes categorías :
- Masculina:
- Pitufos (2007 e posteriores). 300mts
- Categoría A (entre 2006 e 2004 ambos inclusive). 300mts
- Categoría B (entre 2003 e 2000). 1km
- Categoría C (entre 1999 e 1996). 3km
- Categoría E (entre 1995 e 1987). 10km
- Categoría H (entre 1986 e 1976). 10km
- Categoría K (entre 1975 e 1966). 10km
- Categoría P (nados no 1965 e anteriores). 10km

- Feminina:
- Pitufas (2007 e posteriores). 300mts
- Categoría A (entre 2006 e 2004). 300mts
- Categoría B (entre 2003 e 2000). 1km
- Categoría C (entre1999 e 1995). 3km
- Categoría R (entre 1994 e 1984). 10km
- Categoría T (entre 1983 e 1972). 10km
- Categoría X (nadas no 1971 e anteriores). 10km

11. As categorías e o circuito estarán expostos dentro do pavillón. A Carreira de 300 metros será para as categorías pituf@s e categoría A; na categoría B será de 1Km; na categoría C será de 3 Km e para o resto das categorías serán 10 Km.

12. Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado.

13. A organización contará coa axuda dos organismos oficiais municipais competentes que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

14. Un coche irá pechando a carreira, facendo funcións de "coche escoba" .

15. O acompañamento ós corredores por xente allea á organización ou por vehículos non autorizados será motivo de descalificación.

16. O control de chegada na carreira de 10 Km pecharase 45 minutos despois de que entre na meta o primeiro corredor clasificado.

17. As inscricións realizaranse nos lugares que se indican nas bases xerais e dentro dos prazos sinalados, todo aquel que non se axuste a estas indicacións non poderá participar na proba.

18. Os trofeos non serán acumulativos.

19. A entrega de trofeos está prevista para as 13:00 h dentro do pavillón polideportivo de Outes.

20. Os corredores poderán utilizar o pavillón e vestiários do campo de fútbol para asearse despois da carreira.

21. Ante calquera circunstancia non comentada nestas bases e regulamento, a organización tomará as decisións oportunas.

22. Polo ben de todos, rógase ós participantes, acompañantes e demáis público que presencie a proba, un comportamento exemplar cara ós compañeiros, público, organización e a proba en xeral.

23. Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes da mesma.



:: Participa no foro de carreiras populares ::