Calendario
Info da proba

Paderne de Allariz

13/05/2012 10:30 - 13:00
Regulamento
V Andaina e Carreira Concello de Paderne de Allariz

Data: domingo, 13 de maio de 2012.
Hora:
Andaina - 9:30 h
Carreira - 10:30 h
Lugar: Casa do Concello de Paderne.
Distancia:
Andaina - 22.000 m
Carreira - 16.000 m
Organiza: Asociación de Mulleres Rurais Solveira e Concello de Paderne.
Inscrición: Ver punto 10 do regulamento.
Web: Paderne de Allariz





:: Participa no foro de carreiras populares ::


REGULAMENTO XERAL
1. A saída darase a carón da Casa do Concello de Paderne ás 9:30 horas para a andaina e as 10:30 horas para a carreira.

2. Os participantes deberán situarse no punto de saída media hora antes do comezo das probas.

3. O percorrido total será de 22 km. para a andaina e 16 km. para a carreira, os cales estarán sinalizados e controlados pola organización.

4. A clasificación da carreira será por categorías (en función da idade dos inscritos), e haberá trofeos para o primeiro clasificado de cada unha delas.

5. Os participantes, tanto da andaina como da carreira, recibirán una camiseta conmemorativa de regalo ( ata esgotar existencias ).

6. Sortearanse diversos agasallos entre os participantes

7. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais e oficiais competentes.

8.Está prohibido o acompañamento dos participantes por persoas ou vehículos de axuda. O incumplimento desta norma implicará a descalificación inmediata do participante.

9.A carreira estará controlada polos xuices que se consideren oportunos.

10. A inscripción poderase realizar a partir do 9 de abril, pagando previamente 5 € na conta da Asociación de Mulleres Rurais de Solbeira en Novagalicia Banco, S.A. e nº conta: 2080/0443/43/3040002445. Deberán remitir o xustificante do ingreso xunto cos datos persoais e a proba na que se inscriben (Andaina ou Carreira) do seguinte xeito: nas oficinas municipais do Concello de Paderne de Allariz ou por fax ó 988.293.025.

Os participantes da carreira deberán indicar a data de nacemento.

Dita inscripción rematará o luns 07 de maio ás 14:00 horas.

11. No punto de saída entregaráselle un dorsal a cada participante dos inscritos na carreira.

12. A entrega de trofeos terá lugar ó carón da Casa do Concello de Paderne de Allariz, ó remate da proba e no mesmo lugar haberá un aperitivo para que os participantes poidan recuperar forzas.

13. Debido o carácter estrictamente deportivo e popular das probas, non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral das probas. O Concello de Paderne de Allariz, así como a comisión organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nestas probas.


:: Participa no foro de carreiras populares ::