Calendario
Info da proba

Corre con Nós VI

20/05/2012 12:00 - 14:00
Regulamento
XII Circuíto de Carreiras Populares Corre con Nós, Lugo
Parque Recinto Ferial

Data: domingo, 20 de maio de 2012.
Hora: 12:00 h.
Lugar: Parque Recinto Ferial, Lugo.
Distancia: sobre 5.000 m.
Organiza: Concellería de Deportes do Concello de Lugo.
Inscrición: Championchip Norte
Web: Corre con Nós 2011-12 (máis información)





:: Segue o Corre con Nós 2011-12 no foro


Calendario de carreras

1ª Carreira
Domingo, 20 de novembro de 2011 ás 12:00 h.
Carreira: Pistas Atletismo Gregorio Pérez Rivera, Lugo (recollida chips e dorsais de 10:00 a 11:30)
Saída: Pistas Atletismo Gregorio Pérez Rivera
Servicios: Aparcadoiro Pazo Universitario. Duchas Pistas Gregorio P.R.

2ª Carreira
Sábado, 14 de xaneiro de 2012 ás 19:00 h.
Carreira: Nocturna de Reis.
Saída: Circuíto Avda. Ramón Ferreiro

3ª Carreira
Sábado, 11 de febreiro de 2012 ás 17:00 h.
Carreira: Parque Paradai.
Saída: Novo Tramo Avenida Infanta Elena.
Servicios: Duchas Piscina Municipal (FRIGSA)

4ª Carreira
Domingo, 4 de marzo de 2012 ás 12:00 h.
Carreira: Barrio Montirón/Sanfiz.
Saída: Cruce Virxe da Esperanza con Rof Codina.
Servicios: Duchas Pistas Gregorio P.R

5º Carreira
Domingo, 15 de abril de 2012 ás 12:00 h.
Carreira: Centro Comercial As Termas, circuíto asfalto-terra.
Saída: C.C. As Termas.
Servicios: Aparcadoiro C.C. As Termas, duchas Piscina Frigsa

6ª Carreira
Domingo, 20 de maio de 2012 ás 12:00 h.
Carreira: Parque Recinto Feiral.
Saída: Recinto Feiral.
Servicios: Aparcadoiro Estadio Ángel Carro, duchas Polideportivo Palomar

7ª Carreira
Domingo, 17 de xuño de 2012 ás 12:00 h.
Carreira: FINAL DE CIRCUITO COMPLEXO DEPORTIVO FRIGSA
Saída: PARQUE DE FRIGSA
Servicios: Duchas Piscina Frigsa

Categorías adultos
Categoría "E" - FEM / MASC: 1991 - 1995
Categoría "F" - FEM / MASC: 1986 - 1990
Categoría "G" - FEM / MASC: 1981 - 1985
Categoría "H" - FEM / MASC: 1976 - 1980
Categoría "I" - FEM / MASC: 1971 - 1975
Categoría "J" - FEM / MASC: 1966 - 1970
Categoría "K" - FEM / MASC: 1961 - 1965
Categoría "L" - FEM / MASC: 1956 - 1960
Categoría "M" - FEM / MASC: 1951 - 1955
Categoría "N" - FEM / MASC: 1950 e anteriores


REGULAMENTO ADULTOS
Circuíto adultos formado por 7 carreiras.
Poderán participar nestas carreiras as persoas nadas en 1995 e anteriores.

INSCRICIÓNS INICIAIS:
entre o 4 e o 17 de novembro de 2011.

FORMATO DE INSCRICIÓN
POR INTERNET: www.championchipnorte.com

Para Atletas Rexistrados en www.championchipnorte.com :
* Entra na túa conta particular e confirma a túa inscrición para o circuito.
* Se non tes CHIP PROPIO poderás pagar mediante un método seguro como é a "PASARELA DE PAGO" na propia páxina, e terá un custo de 20 € en concepto de "fianza" podendo recuperar 10 € ó devolvelo na Concellería de Deportes cando finalice o circuíto 2011-2012 entre os días 18 e 29 de Xuño de 2012.

Para Atletas NON Rexistrados en www.championchipnorte.com :
* Crea a tua conta de resultados:
* Se tes Chip de Championchip introduce o código cos teus datos.
* Se aínda non tes chip cómprao a través da páxina web.

PERSOALMENTE:
NA CONCELLERÍA DE DEPORTES (Piscina Municipal de Frigsa)
* De Luns a Venres de 10:00 h a 14:00 h
* Cubrindo a folla de inscrición cos teus datos persoais.

PERSOALMENTE NAS OFICINAS DE DIVINA PASTORA EN LUGO
* En horario de Oficina na súa sede da Rúa da Raiña 18 - 2ºB

RECOLLIDA DE DORSAIS:
Na Concellería de Deportes a partires do Luns 14 de Novembro ata o Venres 18 e o dia carreira de 10:00 a 11:30 na carpa de Organización.
Resto de Carreiras do circuito: na carpa da Organización ata MEDIA HORA antes do comezo da 1a proba do día.

RECOLLIDA DE CHIPS
INSCRITOS 1ª CARREIRA: Se non tes CHIP propio doutros anos, deberás de aboar a cantidade de 20 € en concepto de "fianza" e na primeira carreira a que asistas podes recollelo na Carpa de Championchip, podendo recuperar 10 € na Concellería de Deportes cando finalice o circuito 2011-2012 entre os días 18 e 19 de Xuño en horario de oficinas ao devolvelo.

NOVAS INSCRICIÓNS DE CADA CARREIRA A PARTIR DA 2a CARREIRA:
- Poderán facerse ata o xoves anterior á carreira a disputar esa fin de semana.
- Unha vez rematado o prazo inicial de inscrición para o circuito 2011-2012, os/as atletas poderan inscribirse para posteriores carreiras UNICAMENTE via INTERNET na páxina web de www.championchipnorte.com.
- O/A atleta creará a sua conta de usuario/a, e unha vez completados os seus datos persoais, aboará a cantidade de 20 € en concepto de fianza a través da pasarela de pago disposta para tal efecto, dos que se poderá recuperar 10 € ó devolvelo na Concellería de Deportes no periodo establecido no regulamento Xeral
- A recollida do dorsal e do chip para disputar a súa carreira poderá facela o día da proba na carpa de Organización ata MEDIA HORA antes do inicio da primeira carreira de rapaces e rapazas.
- NON SE ADMITEN INSCRICIÓNS O MESMO DÍA DAS PROBAS.

CHIP e DORSAL ADULTOS
USO DO CHIP DE CRONOMETRAXE
- É obrigatorio levar o chip na zapatilla no transcurso das carreiras para poder entrar nas clasificacións finais de cada carreira coa cronometraxe oficial de CHAMPIONCHIPNORTE.
- OS CHIPS SON PERSOAIS E INTRANSFERIBLES, POLO QUE A SUPLANTACIÓN DA PERSONALIDADE DOS ATLETAS, SANCIONARASE COA EXPULSIÓN DO CIRCUITO DO PORTADOR E DO QUE FOI SUPLANTADO, ANULANDO TODOS OS DEREITOS ADQUIRIDOS COA INSCRICIÓN, ADEMAIS DE PERDER OS CARTOS DA FIANZA POLA COMPRA DO CHIP.
- A ORGANIZACIÓN RESERVARASE A POSIBILIDADE DE POSTERIORES SANCIÓNS POR COMPORTAMENTOS DESTE TIPO OU SEMELLANTES QUE POIDAN AFECTAR Ó DESENVOLVEMENTO DO CIRCUITO E DAS SUAS CARREIRAS.
- No caso da PERDA DO CHIP, o atleta poderá mercar outro ó prezo de 20 €.

OBRIGATORIEDADE DO/A CORREDOR/A DE LEVAR O DORSAL
- O dorsal é ÚNICO para todas as carreiras.
- O atleta terá a OBRIGA DE LEVAR O DORSAL CLARAMENTE VISIBLE na camiseta de competición no momento da disputa das súas carrerias.
- No caso de perda ou rotura del, poderá solicitar unha copia ata o xoves anterior á carreira a disputar ou ben se a organización dispón de dorsais en branco poderá solicitalo na mesma carreira.
- De non ter o dorsal o/a corredor/a poderá ser sancionado/a coa descalificación na devandita proba que non puntuará para a xeral.

PUNTUACIÓN XII CIRCUÍTO LARSA CCNOS: XERAL INDIVIDUAL
- Para puntuar neste circuíto terán que participar en 6 das 7 carreiras que compoñen o circuíto.
- Se corres 7 probas poderás rexeitar a peor das túas carreiras, e puntuarás cos teus mellores 6 resultados para a xeral individual final.
- En caso de empate entre atletas para a xeral final.
1. Maior número de probas disputadas (6 ou 7).
2. Mellor resultado nas carreiras disputadas.
3. Resultado da Carreira Final (Frigsa).

PUNTUACIÓN XII CIRCUÍTO LARSA CCNOS: XERAL POR EQUIPOS
Para poder participar como EQUIPO no Circuito Larsa CCNOS:
- Para poder puntuar en cada carreira deberán de facelo cun mínimo de 2 mulleres e 4 homes.
- O equipo deberá de puntuar nas 7 carreiras do circuito.
- No transcurso da tempada non será posible cambiar de equipo.
- Non se poderá inscribir a novos/as atletas nas derradeiras 4 carreiras.
- As corredoras e os corredores na inscrición deberán de reflexar o mesmo nome do seu equipo para que se faga efectivo na clasificación (TODOS CON MESMO NOME E SIGLAS)
- As atletas femininas puntuan por postos dentro da xeral feminina e os atletas masculinos o mesmo na xeral masculina.

O equipo Gañador do Circuíto terá como premio o desprazamento gratuíto nun autobús a unha proba atlética calquera que sexa, dentro da comunidade autónoma galega antes do 31 de Decembro de 2012

CLASIFICACIÓN FINAL POR EQUIPOS
- Os tres primeiros equipos clasificados terá un trofeo especial que se lles entregará na cerimonia oficial de entrega de trofeos na derradeira carreira.

TROFEOS POR CATEGORÍAS CIRCUÍTO LARSA CCNOS 2011-2012
Clasificación individual e premios finais do circuíto por categorías:
1. Este circuíto será puntuable en cada carreira en función da clasificación por categorías.
2. Para entrar na clasificación final deberá de participar polo menos en 6 das 7 carreiras das que compoñen o circuíto para poder optar aos premios fin
is para as/os tres primeiras/os de cada categoría.
3. En cada carreira xa polo feito de rematala xa se acumulan puntos para a clasificación final xeral e de cada categoría.
4. A puntuación conseguida en cada carreira irá en función do posto alcanzado:
1º=1 pto. / 2º=2 ptos. / 3º=3 ptos./..../150º=150 ptos./ 250º=250 ptos. de xeito que as/os que queden primeiras e primeiros clasificados serán os que menos puntuación teñan e acumulen ao longo das carreiras na súa categoría correspondente.
5. Se a/o atleta fai as 7 carreiras do circuíto, poderá rexeitar o seu peor resultado para poder escoller as 6 mellores para a súa clasificación final. Ata a finalización da derradeira carreira teranse en conta todas as puntuacións, sendo despois da finalización desta última cando automaticamente se eliminará o peor resultado e sairá automaticamente a clasificación real final.
6. Canto menor número de puntos teña a/o atleta, mellor clasificación terá na súa categoría.
7. Ao rematar a última proba do circuíto (Frigsa) faránselles entrega dos trofeos ás/aos 3 PRIMEIRAS/OS CLASIFICADAS/OS de cada categoría, así como ÁS/ÓS TRES PRIMEIRAS/OS CLASIFICADAS/OS ABSOLUTAS/OS da xeral do Corre con Nós 2011 - 2012.


RESULTADOS DE CADA CARREIRA DO CIRCUÍTO
- Aparecerán o mesmo día da proba na páxina www.championchipnorte.com, e a partir do luns tamén na páxina web oficial do CCNOS xunto coas clasificacións totais individuais e por equipos do circuíto.
- Todas as semanas despois das carreiras, a clasificación individual impresa no suplemento do diario El Progreso

Premios á participación no circuíto
- SORTEO FINAL DE 100 VALES DE 40 € EN MATERIAL DEPORTIVO ENTRE OS/AS ADULTOS/AS QUE REMATARAN 6 CARREIRAS NO CIRCUÍTO QUE SERÁ PUBLICADO NA PÁXINA WEB DO CIRCUITO
- Na derradeira carreira do circuito (17 de xuño de 2012) todas e todos os participantes que a finalicen obterán un vale por unha CAMISETA OFICIAL DO CIRCUITO para trocar no CENTRO COMERCIAL AS TERMAS

Outros Agasallos:
- O longo do circuito os nosos patrocinadores sortearán entre todos/as os/as participantes adultos chegados á meta, diversos agasallos que serán anunciados coincidindo coa publicación dos resultados, nas páxinas de clasificacións do suplemento En Juego do diario local El Progreso.

- COINCIDINDO COA FINALIZACIÓN DO CIRCUÍTO TODAS/OS AQUELAS/ES CORREDORAS/ES QUE FINALICEN POLO MENOS 6 CARREIRAS, OBTERÁN UN DIPLOMA CONMEMORATIVO DA PARTICIPACIÓN NESTA 12ª EDICIÓN DO CIRCUITO LARSA CORRE CON NÓS 2011 - 2012 A RECOLLER NAS OFICINAS DO NOSO COLABORADOR MACROCOPIA.

- OS ORGANIZADORES E COLABORADORES DAS PROBAS NON SE FARÁN RESPONSABLES DOS DANOS MORAIS, MATERIAIS OU PERSOAIS QUE A SI MESMOS E A OUTRAS PERSOAS OCASIONEN OS PARTICIPANTES DAS CARREIRAS.

- DADO O CARÁCTER ESTRITAMENTE DEPORTIVO E POPULAR DESTAS PROBAS, NON SE ADMITIRÁN RECLAMACIÓNS SOBRE DOS RESULTADOS DAS CARREIRAS. A PARTICIPACIÓN LEVA IMPLÍCITA A ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO DO CIRCUÍTO CORRE CON NÓS.

- A PARTIR DA SEGUNDA CARREIRA PODERÁN INSCRIBIRSE TODOS OS NOVOS ATLETAS QUE QUEIRAN SEGUNDO AS CONDICIÓNS ANTERIORMENTE EXPOSTAS NO REGULAMENTO, E SEMPRE E CANDO HAXA DISPOÑIBILIDADE DE DORSAIS E CHIPS.

- OS RESULTADOS DAS CARREIRAS APARECERÁN PUBLICADOS NO DIARIO EL PROGRESO DESPOIS DE CADA CARREIRA ASÍ COMO NA PÁXINA WEB DO CORRE CON NÓS ALOXADA NA PÁXINA DA CONCELLERÍA DE DEPORTES.


:: Segue o Corre con Nós 2011-12 no foro