Calendario
Info da proba

Maceda

20/05/2012 9:00 - 13:00
Regulamento
San Mamede Desafío Solidario 2012, Maceda

Organiza: Asociación Cultural e Deportiva Via XVIII e Cruz Vermella Maceda.
Colaboran: Concello de Maceda, Amigos da Terra, SanMamedebike, Cafe-bar Plaza e Turini sport.
O obxectivo solidario desta proba estará enfocado a recadar recursos económicos que se destinarán a repoboación forestal da Serra de San Mamede, a raíz da catastrofe sufrida polos incendios, acontecidos durante o mes de outubro de 2011.
Data: DOMINGO 20 DE MAIO 2012
Hora:
9:00 h para a modalidade ANDAINA
10:00 h para a modalidade CARREIRA e BTT
Lugar: CASTRO DE ESCUADRO, Maceda
Cuota Inscrición: 16 € (10 € para gastos ocasionados pola organización da proba e 6 € destinados o fin solidario do evento).
6 € = 1 árbore apadriñada coas iniciais de cada inscrito no evento.
Apertura de inscricións: VENRES 30 DE MARZO A PARTIR DAS 12:00 h.

ADVERTENCIA: a organización deste evento advirte da dureza da proba. Tódolas persoas interesadas en participar deberán ser coñecedores das súas limitacións para poder afrontar as diferentes probas sin poñer en risco a súa saúde.

Máis información: Club Vía XVII de Maceda





:: Segue o San Mamede Desafío Solidario no foro ::

A organización deste evento solidario ten como obxectivo principal recadar fondos para Contribuír na repoboación forestal da SERRA DE SAN MAMEDE, a raíz da ola de incendios acontecidos durante o mes de outubro de 2011.

Este Desafío Solidario lévate a coñecer os diferentes pobos enclavados ó pé da Serra de San Mamede, percorrendo paisaxes de gran beleza por un entorno natural pouco coñecido. Asemade pretendemos promocionar un estilo de vida saúdable fomentando a práctica deportiva.

REGULAMENTO
1. O domingo 20 de maio de 2012 darase a saída dende a praza onde está ubicado o centro social de Castro de Escuadro , dentro do Concello de Maceda (Ourense), baixo o presente regulamento. O horario das diferentes probas será o seguinte:

9:00 h para a modalidade ANDAINA
10:00 h para a modalidade CARREIRA e BTT

2. A proba celebrarase sobre os seguintes percorridos :
ANDAINA: percorrido de aprox 17 km.
CARREIRA: percorrido de aprox 21 km.
BTT: percorrido de aprox 44 km.

3. CATEGORÍAS : Podrán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos no momento de realizala inscrición na proba.

Dado o carácter solidario do evento, soamente se ortogorá un trofeo conmemorativo ós gañadores absolutos de cada unha das modalidades deportivas que comprende este evento solidario (CARREIRA e BTT), salvo na modalidade ANDAINA por non ter carácter competitivo.

4. INSCRICIÓNS : poderanse realizar dende o venres día 30 de marzo de 2012 a partir das 12:00 h ata as 00:00 do mércores día 16 de abril de 2012. Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba nin se admitirán inscricións posteriores ó remate do prazo de inscricións. As inscricións realizaranse online a través da web: www.turinisport.com.
Progresivamente a organización publicará o listado dos inscritos en cada unha das modalidades nesta web: www.via18.com e www.turinisport.com

5. PREZO : O importe da inscrición para as diferentes modalidades (ANDAINA, CARREIRA e BTT) é de 16 € (6 € en concepto de donativo que se destinarán ó FIN SOLIDARIO DO EVENTO (REPOBOACIÓN FORESTAL DA SERRA DE SAN MAMEDE) levado a cabo por AMIGOS DA TERRA e os 10 € restantes destinaranse a sufragar os gastos que ocasiona a organización do evento).

A cuota de inscrición dará dereito a participar na proba, seguro de accidentes, bolsa do corredor, avituallamentos, guardarroupa, duchas, comida postcarreira e cantos regalos consiga a organización.

6. SINALIZACIÓN E CONTROIS : Os percorridos estarán señalizados con cinta de balizar de cor VERMELLA e BRANCA para as modalidades de ANDAINA, CARREIRA e BTT, sendo obligatorio o paso polos controis establecidos. Existirán referencias kilométricas nalgúns controis.

7. TEMPOS DE PASO : os 'Corredores Escoba' ou o responsable de cada control tendrán a potestade para retirar da proba a calquer corredor, andarín ou ciclista si o seu estado de saúde así o aconsella. O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.

8. AVITUALLAMENTOS : a distribución dos avituallamentos será a seguinte:

CARREIRA (TRAIL): Km 7,10 e 15 .
ANDAINA: Km 7 e 11,5.
BTT: Km 13 e 35.

9. PREMIOS : Dado o carácter solidario da proba entregaranse exclusivamente trofeos conmemorativos os gañadores/as absolutos das modalidades CARREIRA e BTT que comprende este evento solidario. Quedará descalificado todo aquel que non cumpla o presente regulamento, no complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o dorsal ben visible ou desacate as indicacións da organización.

11. A organización reservase o dereito a realizalas modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas o obligan ou por algunha causa de forza maior.

12. Os participantes están obligados a auxiliar ós accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces de estrada.

13. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o que non se contemple neste regulamento, a proba regularase polo disposto nos reglamentos da Federación de Montaña de Galicia e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).


:: Participa no foro de carreiras populares ::