Calendario
Info da proba

Mugardos

31/12/2011 11:00 - 12:30
Regulamento
Carreira de Fin de Ano 2011. Mugardos-Ares-Mugardos

Data: sábado, 31 de decembro de 2011.
Hora: saída ás 11 da mañá.
Lugar: Pavillón polodeportivo do Cristo, concello de Mugardos.
Distancia: 10 quilómetros non homologados. Mugardos - Ares - Mugardos
Organiza: Concello de Mugardos e Ares.
Inscrición: ata o 28 de decembro.


Puntuación especial: TODOS OS PARTICIPANTES recibirán 150 puntos para o Circuíto por chegar a meta.



:: Segue a carreira Mugardos-Ares no foro ::


IDADE: Ter cumpridos 14 anos na data da proba.

CLASIFICACIÓN: A clasificación e a cronometraxe será manual e realizada por xuices da Delegación ferrolá da FGA.

INSCRICIÓNS: Ate o 28 de decembro na Delegación Ferrol FGA
Retiradada de dorsais no mesmo Pavillón polideportivo do Cristo a de 9:15 a 10:45 o día da proba.

PERCORRIDO:
Mugardos-Ares-Mugardos. Según rutómetro que segue:

Ás 10:50 horas concentración previa a saída da proba no Pavillón polideportivo do Cristo concello de Mugardos, na rúa do Cristo está a saída dirixíndose cara a rúa Alta, pola que se descende á rúa San Telmo, Avenida de Galicia, rúa María, para,logo dun pequeño xiro na Avd. de Galicia tomar a Rúa dos Corzás dirección Ares, entrase na vila de Ares pola Avd de Mugardos ate o Paseo marítimo onde se xira á esquerda, neste punto haberá un avituallamento líquido, seguese o paseo marítmo ate que se chega á Avednida Saavedra Meneses que se percorre ate o cruce do Mazote onde se xira á esquerda cara esta rúa. Ao rematar a Rúa do Mazote acadamos de novo a Avd de Mugardos dirección Mugardos pola AC 130 ate o Cruce dos Catro camiños en Mugardos onde se entra á rúa do Cristo para rematar a proba fronte ao Polideportivo municipal de Mugardos.

Tempo máximo de control da chegada 55' logo da saída. Avituallamento sólido e líquido para todas as persoas participantes ao chegar á meta.

O tempo estimado da proba é de entre 30 min e 55 min.

Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha categoría única. Todas as persoas participantes que rematen a proba participarán no sorteo de 10 cestas do Nadal e 5 bonos mensuais que permitirán o acceso de balde ao Complexo acuático do Castro ( piscina, centro de recuperación, sauna, ximnasio...)

As dúbidas e interpretación das normas serán resoltas segundo a normativa en vigor da FGA para probas de estas características.



:: Segue a carreira Mugardos-Ares no foro ::