Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Monforte
27/03/2011
11:00 - 13:30
[
Go Back
]
Descripción
III Carreira Popular Concello de Monforte
Data:
Domingo 27 de marzo de 2011.
Hora:
Categorías menores: 11:00h
Adultos: 12:00h
Lugar:
Monforte.
Distancia:
de 600 a 7.000 m.
Organiza:
Concello de Monforte, Lodeco S.L.
Patrocina:
Deputación Provincial de Lugo - Vicepresidencia 1ª - Deportes
Colabora:
Coca cola, Championchipnorte, Fefeme
Regulamento:
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.
Na proba absoluta será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento
CARREIRA ABSOLUTA
Categorías:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femeninas:
Categoría F……………..nad@s entre 1994 e 1995.
Categoría G……………..nad@s entre 1992 e 1993.
Categoría H……………..nad@s entre 1977 e 1991.
Categoría I……………..nad@s entre 1972 e 1976.
Categoría J……………..nad@s entre 1967 e 1971.
Categoría K……………..nad@s entre 1962 e 1966.
Categoría L……………..nad@s entre 1952 e 1961.
Categoría M……………..nad@s no 1951 e anteriores.
INSCRICIÓNS:
Inscricións on-line na páxina www.championchipnorte.com
Inscricións presenciais a partir do luns 14 de marzo na Concellería de deportes do Concello de Monforte.
Peche de inscricións o xoves 24 de marzo ás 19:00h.
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax.
Para poder inscribirse tanto on-line como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos:
-DNI con letra
-Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Sexo
-Clube (no caso de telo)
-Localidade
-Teléfono Móbil
- Se é atleta nado/a en Galicia
- Se é atleta empadroado/a en Monforte
A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
Percorrido:
A saída e a meta serán na Praza da Compañía (o carón dos Escolapios) e será de dúas voltas polo seguinte percorrido cunha distancia de 7 km:
rúa Reboredo, paseo de Lugo, rúa Carude, rúa Sober, rúa San Lazaro, novamente rúa Reboredo, rúa Dalmiro de la Valgoma, rúa Escultor Francisco Moure e novamente rúa Reboredo.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (27 de marzo) na carpa da organización sita na explanada dos Escolapios de 9:00 a 11:15
PREMIOS ECONÓMICOS DAS CARREIRAS ABSOLUTA MASCULINA E FEMININA
1º/1ª Clasificad@ ……………………300€
2º/2ª Clasificad@ ……………………200€
3º/3ª Clasificad@ ……………………100€
4º/4ª Clasificad@ …………………… 75€
5º/5ª Clasificad@ …………………… 50€
PREMIOS POR CATEGORÍAS ADULTOS
1º/1ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
2º/2ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
3º/3ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
PREMIOS ESPECIAIS DA CARREIRA ABSOLUTA
1º/1ª Clasificad@ nado en Galicia………..150€
2º/2ª Clasificad@ nado en Galicia………..100€
3º/3ª Clasificad@ nado en Galicia……….. 50€
1º/1ª Clasificad@ local…………………… Trofeo + agasallo
2º/2ª Clasificad@ local…………………… Trofeo + agasallo
3º/3ª Clasificad@ local…………………… Trofeo + agasallo
Considerase como local o atleta empadroado en Monforte de Lemos.
Todos os premios son acumulables.
Camiseta oficial da carreira e avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
-Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento señalizada no parque dos condes situado inmediatamente antes da Praza da Compañía.
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas instalacions dos Padres Escolapios na zona de meta.
-INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Na páxina web oficial da proba: www.championchipnorte.com
CARREIRA CATEGORÍAS MENORES
Haberá unha proba non competitiva para rapaces nados despois do ano 2006.
A distancia será aproximadamente de 80 metros e non haberá clasificacións.
Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa.
A inscrición, soamente para esta proba, poderá facerse o mesmo día 27 de marzo.
RESTO DE CATEGORÍAS:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
Categoría A……………..nad@s entre 2004 e 2006.
Categoría B……………..nad@s entre 2002 e 2003.
Categoría C……………..nad@s entre 2000 e 2001.
Categoría D……………..nad@s entre 1998 e 1999.
Categoría E……………..nad@s entre 1996 e 1997.
INSCRICIÓNS
Inscricións por correo electrónico en lodeco@lodeco.es a partir do luns 14 de marzo.
Inscricións presenciais a partir do mércores 16 de marzo na Concellería de deportes do Concello de Monforte
Peche de inscricións o xoves 24 de marzo ás 19:00h
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax
Para poder inscribirse tanto por correo como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos:
-Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Clube (no caso de telo)
-Localidade
A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
PERCORRIDO:
Categoría A,B: 11:00h………….... 600m.
Categoría C: 11:10h……………... .1000m.
Categoría D,E: 11:25h:………...... 1500m.
ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba (27 de marzo) na carpa da organización sita na explanada dos Escolapios de 9:00 a 10:30
PREMIOS:
Trofeo para @s tres primeir@s de cada categoría.
Camiseta oficial da proba e avituallamento final para todos os que rematen a proba.
- - Participa no foro de carreiras populares
[
Go Back
]