Calendario
Info da proba

A Estrada

03/10/2010 10:00 - 11:30
Regulamento Canicross A Estrada

Data: domingo, 03 de outubro de 2010
Hora: a partir das 8:45 h.
Lugar: A Estrada
Distancia: 7 kms
Inscrición: ata o venres 01 de outubro ás 20:00

PERCORRIDO
A proba seguirá un percorrido de 7 kms señalizados

TROFEOS
Haberá Trofeo para os 3 primeiros de cada categoría e saco de pienso

FOLLA DE INSCRICIÓN
Descárgase en www.fgdi.es ou www.gimnasioesparta.com/asociacionacade e débese enviar a: asociacioncansdeportistas@gmail.com

Trofeo “CONCELLO A ESTRADA”

PRESENTACIÓN
O Canicross é unha modalidade deportiva do Mushing que é un deporte que depende da Federación De Deportes de Inverno. Consiste en correr cun can atado á cintura mediante unha línea de amarre que une o arnés de tiro do can ó cinto de tiro do corredor.
O entorno é privilexiado pola diversidade de paisaxes: regatos, carballeiras,… ademais do interés etnográfico que presenta o percorrido.

REGULAMENTO (resumido)
A proba rexirase polo Regulamento da Liga Galega de Canicross 2010-11, publicado na web da FGDI e na de ACADE e que poderán ver os participantes antes da proba. Informarase dos detalles máis importantes na Reunión Informativa. Será responsabilidade do corredor coñecelo e a inscrición na proba implica a aceptación do mesmo.
Poderán participar corredores federados ou non pola FGDI, habendo unha soa clasificación conxunta.
Os aspectos máis importantes para poder participar son:
* Tódolos cans cumprirán obrigatoriamente:
- Ter 12 meses como mínimo.
- Pasar o Control Veterinario.
- Ter Cartilla de Vacinación ó día selada por Veterinario colexiado.
- Ter o Microchip imprantado.
- Ter Póliza de R.C. que cubra a práctica deportiva e competición.

* Os participantes irán equipados obrigatoriamente co seguiente material:
-O can levará arnés de tiro sen ningún elemento de ningún material.
- Corredor e can irán unidos por unha línea de tiro con amortiguador que non superará os 2’5m en extensión e non levar ningún elemento de ningún material para unirse ó arnés de tiro do can.
- O corredor levará un cinto de 7 cm de ancho como mínimo onde enganchar a línea de tiro mediante un sistema de apertura rápida.

Se non se dispón deste material, a organización instalará puntos de venta de material antes da proba, chamando con anterioridade ó organizador. Pero é responsabilidade do corredor ter o material para o día da proba.

Se non se dispón da Póliza de R.C., pódese contratar unha póliza por un día contactando en asociacioncansdeportistas@gmail.com ou co organizador.

O día da proba será obrigatorio presentar a Cartilla de Vacinación e o xustificante de pagamento da Póliza de R.C.
CATEGORÍAS (homes y mulleres)
Cadete: 12-14 años Xunior: 15-17 años Senior: 18-39 años
Master 40: 40-49 años Master 50: 50 años endiante.

HORARIO
08:45-09:15 Entrega Dorsais e Control Veterinario
09:15-09:30 Reunión Informativa
10:00-10:30 I Canicross A Estrada
11:00-11:15 Entrega de Trofeos