Calendario
Info da proba

O Porriño

01/10/2010 19:00 - 20:30
Regulamento
I Carreira Urbana Festas do Cristo, O Porriño

Data: venres, 1 de outubro de 2010.
Hora: 19:00 h.
Lugar: O Porriño.
Distancia: de 100 a 2.000 m.
Organiza: Concello do Porriño
Inscrición:
Ata o mércores 29 de setembro ás 20:00 h
A inscrición é totalmente GRATUITA.
Web: Club atletismo Porriño: www.atletismopor.com na sección da Carreira Urbana "Festas do Cristo"
Teléfonos: Pavillón Deportes do Concello do Porriño: 986 344 420
Club Atletismo Porriño: 649 700 232
Pódense anotar atletas o mesmo día da proba ata una hora antes do inicio da primeira carreira.
Web: Club Atletismo Porriño


I CARREIRA URBANA "FESTAS DO CRISTO" CONCELLO DO PORRIÑO O Concello do Porriño, en colaboración co Club Atletismo Porriño, organiza a súa I Carreira Urbana “Festas do Cristo”no centro urbán da vila o venres 1 de outubro de 2010. O horario de comenzó das probas será as 19:00 h.


REGULAMENTO

1. PARTICIPANTES:
Poderán participar atletas federados e non federados; habendo unha soa clasificación conxunta. O control das carreiras estará a cargo do Club Atletismo Porriño.

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
Categoría Federada Absoluta:
- Máis de 15 anos en adiante ( Federados )*.

Resto das Categorías: Carreira popular
- De 5 - 7 anos inclusive.
- De 8 – 10 anos inclusive.
- De 11 – 14 anos inclusive.
- Máis de 15 anos.

* Os atletas federados ( da categoría que sexa ) que desexen participar na carreira absoluta (feminina ou masculina), poderán facelo sempre que fagan constar expresamente no momento da inscripción, renunciando deste xeito a correr coa súa categoría.

3. DISTANCIAS E HORARIOS

HORA / CATEGORÍA / DISTANCIA
19:00 / De 5 A 7 anos inclusive / 100 m.
19:10 / De 8 A 10 anos inclusive / 400 m.
19:20 / De 11 A 14 anos inclusive / 800 m.
19:30 / Máis de 15 anos. Carreira Popular ( Non Federados ) / 2.000 m.
19:45 / Máis de 15 anos. Carreira absoluta ( Federados) / 2.000 m.

No caso de que o número de atletas participantes sexa elevado, nas categorías menores, poderán separarse as carreiras por sexos. Igualmente, se o número de veteráns (homes e mulleres) o permite, poderá realizarse unha única saída, facendo despois clasificacións separadas. O día da carreira informarase con suficiente antelación sobre este particular.

4. PREMIOS E TROFEOS
TROFEOS E MEDALLAS:
- Máis de 15 anos: Trofeos para os tres primeiros de cada categoría e sexo.
- De 11 a 14 anos inclusive: Trofeo para os primeiros e medallas para os segundos e terceiros de cada sexo.
- Resto categorías: Haberá medallas para cada participante.

Ademáis, repartiranse os seguintes premios en metálico: PREMIOS EN METÁLICO (Só carreira absoluta federada)

Carreira absoluta feminina.
1º- 200 euros 2º- 150 euros 3ª- 100 euros 4º- 50 euros 5º- 20 euros Carreira absoluta masculina.
1º- 200 euros 2º- 150 euros 3ª- 100 euros 4º- 50 euros 5º- 20 euros OS PREMIOS EN METÁLICO ABOARANSE O DÍA DA PROBA (será necesario entregar unha copia do DNI, Pasaporte ou documento que acredite a identidade)

5. INSCRICIÓNS
A inscrición é totalmente GRATUITA.
Web: Club atletismo Porriño: www.atletismopor.com na sección da Carreira Urbana "Festas do Cristo"
Teléfonos: Pavillón Deportes do Concello do Porriño: 986 344 420
Club Atletismo Porriño: 649 700 232

DATA LÍMITE DAS INSCRICIONS:
Pódense anotar atletas o mesmo día da proba ata una hora antes do inicio da primeira carreira.

6. VESTIARIOS
Haberá servicio de duchas e vestiarios a disposición dos atletas no polideportivo municipal do Porriño.

7. RECLAMACIÓNS
As reclamacións os resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.



- - Participa no foro de carreiras populares