Calendario
Info da proba

A Pontenova

03/10/2010 11:00 - 13:30
Regulamento
I Carreira de Montaña Ruta das Minas – Val do Turía, A Pontenova

Data: domingo, 3 de outubro de 2010.
Hora: 11:00 h.
Lugar: A Pontenova, Lugo.
Saída e chegada a altura do Cuartel da Guardia Civil.
Distancia: 12.000 m.
Orografía: Media montaña.
Organiza: Sociedade Deportiva Albións Concello da Pontenova
Inscrición:
Ata o mércores 29 de setembro de 2010
Por E-mail: sociedadedeportivaalbions@gmail.com
Por Fax: 982 342 051





Lugar de concentración: Praza dos Fornos (Casa da Cultura)
Duchas: Polideportivo Municipal
Entrega de premios: 13:30 no Salón de Actos da Casa de Cultura

CATEGORÍAS:
a - 17 – 20
b - 21 – 34
c - 35 – 39
d - 40 – 44
e - 45 – 49
f - 50 – 54
g - 55 – 59
h - 60 e máis


DESCRICIÓN DO PERCORRIDO
Km.- 0 – 01
Iniciámola carreira con 300 metros chaos; a partires de ahí collemos unha forte subida de 330 metros, que é a costa máis dificultosa de toda a carreira. (Pendentes do 25%)

Km.- 01 – 02
Chao e baixada.- Logo unha lixeira subida ate a mina do SARREDO. O paso por esta mina presenta algunha dificultade polas características do terreno, xa que á un sendeiro moi estreito, cheo de viricuetos que frenan a marcha e onde hai que circular en filas de a un. Como contrapartida presenta un alto atractivo pola variedade de accidentes físicos, dignos de ver e de pasar. (Hai sorpresas)

Km.- 02 – 03
Pista de terra en moi bo estado de perfil sinuoso moi doado de correr. Vista panorámica dende a pena da SALVE.

Km.- 03 – 04
Pista de asfalto en pendiente bastante pronunciada de uns 200m, á altura do povo de Pacios, o cal atravesamos.

Km.- 04 – 05
Pista de terra, sen dificultades mencionables, presenta perfil ondulado con pendente doada de pasar. Vista panorámica do povo de CONFORTO.

Km.- 05 – 06 – 07
500 m chaos, lixeira subida de 150 m, para logo baixar ata o cruce da carretera de SOUTODEMOGOS (asfalto). Neste cruce estará o posto de AVITUALLAMENTO. Ata a Ponte sobre o TURÍA e estrada de Taramundi, o percorrido é en baixada.

Km.- 07 – 08
Unha vez cruzada a estrada de Taramundi, e por unha pista asfaltada, iniciámola subida ate a Igrexia de Conforto, SANTUARIO MARIANO do século XVII. Importante Romaría o día 8 de setembro.

Km.- 08 – 09 – 10
Dende Conforto diririxímonos a SANMAMEDE. Ó primeiro baixamos 200 m para logo subir uns 250 m bastante pronunciados. O resto é sinuoso e atractivo. No Km 10 está a aldea de SANMAMEDE.

Km.- 10 – 11
Pista de asfalto en baixada-chao e baixada. Atopámolo povo de O BOULLOSO.

Km.- 11 – 12
Deixamos o asfalto da estrada de O Boulloso. Adentrámonos no TÚNEL DAS MINAS que atravesa a montaña. Ten unha lonxitude de 100 m. Logo baixamos á antiga vía de FFCC MINEIRO que percorría o traxecto de A Pontenova a Ribadeo.

Km.- 12 – 12,5
Por este vial totalmente chao chegamos á meta de A PONTENOVA.

REGULAMENTO
- A carreira ten carácter popular, polo que a organización non se fai responsable de calquer lesión ou percance que sufra o atleta no transcurso da mesma.
- O percorrido discurre case integramente pola Ruta de Sendeirismo "As Minas", pasando por lugares de gran interés etnográfico e paisaxístico que non deixa indiferente a ninguén.
- O piso do mesmo é mixto: terra nun 60% e asfalto o 40% restante.
- Estará debidamente sinalizado, tanto na indicación de direccións, cruces, etc, como en puntos kilométricos ( do 1 ao 12 ).
- Daráse avituallamento á metade da carreira.
- Asimesmo haberá persoal de protección civil nos lugares que polas súas características requiran a súa presencia.
- Abrirá a carreira unha moto de montaña, pechando a mesma un vehículo do Concello da Pontenova.
- Recibirán premio os tres primeiros atletas de cada categoría, tanto na categoría masculina como feminina.
- Todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa do evento



- - Participa no foro de carreiras populares