Calendario
Info da proba

Bueu

03/10/2010 10:00 - 12:30
Regulamento
II Triatlón Popular de Bueu

Data: domingo, 3 de outubro de 2010.
Hora: 10:00 h.
Lugar: praia de Pescadoira, Bueu.
Distancia: natación 600 m (Praia de Pescadoira), ciclismo 15 km (casco urbano e arredores do concello) e carreira a pe 4 km.
Organiza: Concello de Bueu e Club Triatlón Morraz.
Inscrición:
Inscrición 5 €
2091 0533 70 3040005232 Caixa Galicia (concepto: inscrición triatlón)
Para a formalización das inscricións:
- enviar o modelo de solicitude e o xustificante do ingreso da cota por fax o 986 324 339 ou mail a deporte@concellodebueu.org
- acudindo a oficina da Omix (Pazos Fontenla 29-2º)
Web: Concello de Bueu


Segue o triatlón de Bueu no foro


Información:
OMIX (Concellería de Deportes)
Pazos Fontenla 29-2º
www.concellodebueu.org
986 324 338 // deporte@concellodebueu.org


REGULAMENTO II TRIATLÓN POPULAR CONCELLO DE BUEU

1. O II Triatlón popular CONCELLO DE BUEU, está organizado pola concellería de Deportes e o Club Triatlón Morrazo.

2. A proba celebrarase o domingo 3 de outubro de 2010 e dará comezo ás 10:00 h para o primeiro grupo (participantes con tempos estimados por enriba de 50 minutos- SAIDA A) e ás 11:00 h o segundo (participantes con tempos estimados por debaixo de 50 minutos- SAIDA B).

3. Os participantes percorrerán as seguintes distancias : natación 600 m (Praia de Pescadoira) , ciclismo 15 km (casco urbano e arredores do concello) e carreira a pe 4 km (avenida Monteros Ríos).

4. Poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto homes como mulleres, maiores de 16 anos.

5. A organización disporá dun seguro de accidentes e dun seguro de responsabilidade civil para os participantes.

6. O control da Proba será realizado pola organización e polos corpos de seguridade (policía Local e Garda Civil) e asociacións colaboradoras (protección civil, voluntariado, etc).

7. A organización poderá ordenar a non participación ou retirada no transcurso da proba de aqueles participantes que por agotamento, lesións o calquera outra circunstancia, non estean en condicións de continuar.

8. Todos os participantes deberán utilizar, sen modificar, todos os dorsais e elementos de identificación, de acordo ós regulamentos da Federación Galega de Triatlón en vigor.

9. A entrega de dorsais efectuarase no Centro Social do Mar dende as 9:00 ata as 09:30 horas.

10. Todos os participantes polo mero feito de cursar a súa inscrición, aceptan o presente Regulamento, se ben para todo o non previsto no mesmo, atenderase ós regulamentos en vigor da Federación Galega de Triatlón.

11. A Organización resérvase o dereito a modificar o itinerario ou de neutralizalo, se por circunstancias imprevistas ou de forza maior o fixeran aconsellable.

12. O uso do casco ríxido, debidamente abrochado, é obrigatorio.

13. O percorrido en bicicleta pódese realizar tanto con bicicleta de montaña coma de carreteira.

14. O peche das inscricións realizarase o día 1 de outubro ás 13:30 h.

15. Cota de inscrición: 5 € no número de conta: 2091 0533 70 3040005232 Caixa Galicia (concepto: inscrición triatlón).

16. A Organización establece só unha categoría, absoluta masculina e feminina.

17. Máximo 150 participantes.

18. Outorgaranse os seguintes premios en categoría absoluta feminina e masculina para o segundo grupo (saída B):
Primeira: trofeo + 100 €.
Segunda: trofeo + 50 €.
Terceira: trofeo + 30 €.

19. Outorgaranse os seguintes premios en categoría absoluta feminina e masculina para o primeiro grupo (saída A):
Primeiro: trofeo
Segundo: trofeo
Terceiro: trofeo

20. Disporase dun posto de avituallamento.

21. Haberá camisetas para tódolos participantes.

22. Para a formalización das inscricións hai que enviar o modelo de solicitude e o xustificante do ingreso da cota por fax o 986 324 339 ou mail a deporte@concellodebueu.org

23. Para máis información acudir a oficina da OMIX (Concellería de Deportes), con dirección en Pazos Fontenla 29, 2 andar, chamar o número 986 32 43 38 (en horario de 10:00 a 14:00 h) ou dirixirse a deporte@concellodebueu.org ou http://www.concellodebueu.org/




Segue o triatlón de Bueu no foro