Calendario

Sun, 01 Apr 2012,


8:00  
9:00 >> Se enviará confirmación das inscricións. [b]Recollida [/b][b]de [/b][b]Dorsais[/b]: - Venres, 30 e Sábado, 31 de marzo > Multisport (R/ Irmáns Moreno) mañán e tarde. - Domingo 1 de abril > Pavillón de Deportes (08,00 a 09,15 horas). [b]Saída da Andaina[/b]: 09,30 horas dende o Pavillón de Deportes de Verín. [b]Chegada[/b]: Pavillón de Deportes. [b]Entrega de Premios e Sorteo de Agasallos aos participantes[/b]: 13,15 horas. [b]Trazado[/b]: - [u]Lonxitude[/u]: 17,78 Km. - [u]Dificultade[/u]: Media. - [u]Para consultar a ubicación e o perfil do trazado[/u]: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2544378 - [u]Descrición[/u]: Saída dende o Pavillón de Deportes para dirixirse cara o pobo de Cabreiroá e o monte Montemaior. Tras subilo, se rodea por detrás ata chegar ao pobo de Veiga das Meás (avituaiamento), para emprender toda a baixada pola zona conocida como A Fraga, facendo ruta paralela ao río Quintas polo descenso do Pozo do Demo. Ao alcanzar o val de novo, retórnase cara o lugar de saída, pasando pola fonte de Cabreiroá (podendo facerse unha parada para beber) e atravesando os frondosos piñeiros que escoltan as pistas de terra. - [u]Sinalización[/u]: O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintadas de cor amarelo. [b]Recomendacións para a Andaina[/b]: - A baixada polo Pozo do Demo discorre por pequenos penedos e restos de grava ou area polo que existe certo perigo de producirse pequenos esguinces ou perdas de equilibrio. - Facer a baixada en grupo ou parellas. Non se debe ir só. - Empregar calzado resistente e compacto (tipo botas para camiñar). Non é aconsellable o tenis deportivo para prevenir esbarramentos. - Non saírse do trazado marcado pola Organización. [b]Servizos[/b]: - Control de Protección Civil e de Cruz Vermella. - Vestiarios e Duchas en Pavillón de Deportes e Piscina Climatizada (anexa). - Masaxe Deportivo Gratuito (en caso de necesitarse por algún percance). - Guardería Infantil Gratuita (para fillos/as dos participantes). - Avituaiamentos na Andaina e Pincho durante a entrega de premios e agasallos. [b]Regulamento[/b]: 1.- A seguridade e control da prova correrá a cargo da Policia Municipal do Concello de Verín, de Protección Civil e o voluntariado que percorrerá o trazado da Andaina. 2.- Os únicos vehículos autorizados a seguir a prova serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós camiñantes en moto, bicicleta, quads particulares, etc, por todo o circuito. 3.- A prova contará con persoal sanitario, situado ó inicio e fin do traxecto, así como durante o percorrido. 4.- A organización declina toda responsabilidade sobre danos físicos ou morais que, durante a participación na Andaina, un participante poda causarse a sí mesmo ou a terceiros, así como das neglixencias ou imprudencias que podan cometer durante o seu transcurso. Se ben, a organización disporá dun Seguro de Resposabilidade Civil por parte do Concello de Verín (coorganizador das provas). 5.- Estarán excluidos dos seguros mencionados anteriormente, os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc. Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a/ou desde o lugar no que se desenrola a prova. 6.- Non se admitirán inscricións despois das 24 horas do 29 de marzo. 7.- Toda persoa que non se inscriba no prazo asignado (do 7 ao 29 de marzo) ou envíe unha inscrición incompleta, en canto aos requisitos pedidos, NON se lle concederá dorsal, polo que non se lle recoñecerá como participante lexítimo da Andaina. 8.- Toda persona que participe sen posuír dorsal ou non levalo durante o percorrido, o fará baixo a súa responsabilidade e non poderá participar no sorteo de agasallos, do pincho que se brindará, nin estará amparado/a polo seguros das provas. 9.- A prova soamente poderá ser suspendida polas inclemencias do tempo ou causas de forza maior. En casos extremos será a organización quen tome a última decisión. A organización resérvase o dereito de modificar aspectos organizativos do presente regulamento no caso de que o estime conveniente. 10.- A participación conleva a total aceptación deste Regulamento. Todo camiñante, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento, como as decisións que tome a organización en caso de dúbidas que ponderan suscitarse para a seguridade ou comportamento cívico dos participantes. [b]Colaboradores[/b]: - Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia. - Saudeter. - Cruz Vermella. - Protección Civil. - BTT Verín. - Cadena COPE. - Onda Cero. - Os Trotamoteiros. - Mariaje García (Tiras Neuromusculares y Masaje Deportivo) - Asociación Cultural O Cigarrón. [b]Patrocinadores[/b]: - Augas de Cabreiroá. - AEVER. - Eurocidade Chaves-Verín. - Denominacion de Orixe Vinos de Monterrei. - GADISA. - HortoVerín S.L. - Multisport Verín - Hi-Tec. - Coca-Cola.">Event [9:30-12:30] Verín

Event [10:30-12:30] Oleiros


>> Se enviará confirmación das inscricións. [b]Recollida de Dorsais[/b]: - Venres, 30 e Sábado, 31 de marzo > Multisport (R/ Irmáns Moreno) mañán e tarde. - Domingo 1 de abril > Pavillón de Deportes (08,00 a 11,00 horas). > [u]COIDADO[/u]: Os dorsais se recollen no Pavillón, non na saída do Balneario. [b]Horarios das Carreiras Escolares[/b]: * 10,00 > Carreira Benxamín (nacidos en 2003-2004) > 700 m. * 10,15 > Carreira Alevín (nacidos en 2001-2002) > 700 m. * 10,30 > Carreira Infantil (nacidos en 1999-2000) > 2.000 m. * 10,45 > Carreira Cadete (nacidos en 1997-1998) > 2.000 m. > Saídas e Chegadas no Pavillón Municipal. [b][u]2ª CARREIRA DE MONTE "POZO DO DEMO" 2012[/u][/b]: [b]Circuito Correr en Galicia 2011-2012[/b]: Coeficiente 2.00 [b]Saída da Carreira de Monte[/b]: 11,30 horas dende o Balneario de Cabreiroá (a 2 Km do Pavillón Municipal de Verín). [b]Chegada[/b]: Pavillón de Deportes. [b]Entrega de Premios e Sorteo de Agasallos aos participantes[/b]: 13,15 horas. [b]Categorías[/b]: * Xuvenil (1995-1996). * Xunior (1993-1994). * Promesa (1990-1991-1992). * Senior (1989 e anteriores ata chegar a Veterano). * Veterano (dende o día que se cumpre 35 anos). * SuperVeterano (dende o día que se cumpre 46 anos en adiante). [b]Trazado[/b]: - [u]Lonxitude[/u]: 11,37 Km. - [u]Dificultade[/u]: Media. - [u]Para consultar a ubicación e o perfil do trazado (track)[/u]: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2477039 - [u]Características Técnicas[/u]: * Altitude> Mínima (371 m.) - Máxima (610 m.). * Desniveis Acumulados> Subindo (274 m.) - Baixando (283 Km). * % Máximo de Subida: +34,4 % (Km 4,46 durante 410 m.). * % Máximo de Baixada: -17,9 % (Km 6,40 durante 285 m.). * Avituaiamento líquido: Km 5,04 a 576 m de altitude. * Tipo de Terreno: >> Pistas de Terra e Monte: 9,93 Km (87,34 % da prova). >> Asfalto: 1,44 Km (12,66 % da prova). - [u]Descrición[/u]: Tras a Saída dende o incomparable marco do Balneario de Cabreiroá, a ruta se adentra nuns primeiros quilómetros de tobogáns "de sube-baixa" por pistas de terra, nos cales hai que atravesar un riachuelo (Km 1). Despois de pasar por baixo da autovía e afrontar outro pequeno riachuelo, comenza a subida ao monte Montemaior (Km 4). Tras coronar a esixente rampa final de 400 m ao 34%, a carreira toma un pequeno respiro de pista chan, dende onde se pode observar todo o val de Verín, e onde estará asentado un avituaiamento líquido (Km 5). Comenza unha veloz baixada con bo firme e pouco técnica por pistas cun desnivel máis moderado que antes, para adentrarnos en trazados de monte ata volver a pasar por debaixo da autovía (Km 7). Dende alí, a carreira gozará dun divertido e sinuoso traxecto por bosque que acercará aínda máis aos corredores ao contacto coa natureza. A falla de 1,5 Km para a meta, o percorrido métese en asfalto para alcanzar o seu final no Pavillón de Deportes. - [u]Sinalización[/u]: O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintadas de cor vermello no chan. [b]Recomendacións para a Carreira de Monte[/b]: - Buscar aparcadoiro nos aledaños do Pavillón de Deportes (para recoller o dorsal), sobre todo na rúa Canella Cega que está paralela a rúa do pavillón e trasladarse ata a saída no Balneario facendo trote, aproveitando para quentar. Está a 2 Km. - Non hai taquillas no Pavillón de Deportes pero sí na Piscina Climatizada. [b]Servizos[/b]: - Control de Policía Local, Protección Civil e de Cruz Vermella. - Vestiarios e Duchas en Pavillón de Deportes e Piscina Climatizada (anexa). - Masaxe Deportivo Gratuito (en caso de necesitarse por algún percance). - Guardería Infantil Gratuita (para fillos/as dos participantes). - Avituaiamento líquido na Carreira, en Meta e Pincho durante a entrega de premios e agasallos. [b]Premios[/b]: - Trofeo aos 3 primeiros clasificados por categoría e sexo. - Obsequio de botella de viño da Denominación de Orixe Monterrei e de botella de auga Magma de Cabreiroá aos primeiros clasificados absolutos. [b]Regulamento[/b]: 1.- A seguridade e control das provas, correrá a cargo da Policia Municipal do Concello de Verín, Protección Civil, Cruz Vermella e o voluntariado que dirixirá e controlará o tráfico rodado. A organización dispondrá, ó longo do percorrido, dos mecanismos de control suficientes para asegurar a correcta e deportiva disputa das provas. 2.- Os únicos vehículos autorizados a seguir as provas serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós corredores en moto, bicicleta, quads particulares, etc, por todo o circuito. 3.- As provas contarán con persoal sanitario, situado ó inicio e fin das carreiras, así como durante o percorrido en lugares estratéxicos. 4.- Todo corredor/a (de calquera prova) que non respete o percorrido oficial, que non leve visible o dorsal (no peito) para a súa identificación, cometa algunha irregularidade, porte un dorsal distinto ó que se lle entregou ó formalizar a inscrición, mostre un comportamento anti-deportivo e/ou non respete as indicacións dadas pola organización, será automáticamente descalificado. 5.- O servizo médico e os xuíces que formen parte da organización están facultados para retirar durante as provas a calquera atleta que manifeste un mal estado físico. Calquera corredor/a con problemas médicos (alerxia, etc..) deberá facelo constar no reverso do dorsal da prova. 6.- A organización declina toda responsabilidade sobre danos físicos ou morais que, durante a participación nas provas, un participante poda causarse a sí mesmo ou a terceiros, así como das neglixencias ou imprudencias que podan cometer durante o seu transcurso. Se ben, a organización disporá dun Seguro de Resposabilidade Civil por parte do Concello de Verín (coorganizador das provas). 7.- Estarán excluidos dos seguros mencionados anteriormente, os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc. Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a/ou desde o lugar no que se desenrolan as provas. 8.- Non se admitirán inscricións despois das 24 horas do 29 de marzo. Por tal efecto non se lle repartirá dorsal ningún. 9.- Toda persona que corra sen estar inscrita (que non leve dorsal), o fará baixo a súa responsabilidade, non será recoñecido como participante lexítimo e non poderá participar dos trofeos nin dos agasallos sorteados. Tampoco estará amparado/a polos seguros correspondentes das provas. 10.- As provas soamente podrán ser suspendidas polas inclemencias do tempo ou causas de forza maior. En casos extremos seá a organización quen tome a última decisión. A organización resérvase o dereito a modificar aspectos organizativos do presente regulamento no caso de que o estime conveniente. 11.- Dado o carácter deportivo e popular das provas non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espíritu e comportamento deportivos de TODOS os participantes. A organización resérvase o dereito e modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellen (informando oportunamente en tempo e forma), e o non recollido no mesmo se resolverá segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables. 12.- A participación conleva a total aceptación deste Regulamento. Todo corredor/a, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento, como as decisións que tome a organización en caso de dúbidas que poideran suscitarse para manter a seguridade dos atletas por mor de comportamentos incívicos ou irresponsables dos participantes. [b]Colaboradores[/b]: - Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia. - Saudeter. - Cruz Vermella. - Protección Civil. - BTT Verín. - Cadena COPE. - Onda Cero. - Os Trotamoteiros. - Mariaje García (Tiras Neuromusculares y Masaje Deportivo) - Asociación Cultural O Cigarrón. [b]Patrocinadores[/b]: - Augas de Cabreiroá. - AEVER. - Eurocidade Chaves-Verín. - Denominacion de Orixe Vinos de Monterrei. - GADISA. - HortoVerín S.L. - Multisport Verín - Hi-Tec. - Coca-Cola. [size=12][b][url=http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewforum&f=1]:: Participa no foro de carreiras populares ::[/url][/b][/size]">Event [11:30-13:30] Verín
10:00
11:00
12:00
13:00
14:00
15:00
16:00
17:00  
18:00  
19:00  
20:00  
21:00  
Vista: