Correr en Galicia, carreras populares: Circuíto 2014-15

Search on This Topic:   
[ Go to Home | Select a New Topic ]

Resultados: Circuíto de montaña / 25-Mar-2015

Circuíto de montaña
Actualizando os resultados dos trails

Tiñamos pendentes aínda varios resultados de montaña puntuables para o Circuíto. Antes de nada quixeramos pedir desculpas tanto aos organizadores coma aos participantes por estes retrasos que, esperamos e desexamos, non se repitan nos próximos meses e a competición recupere o seu ritmo.

Primeiro comezamos coas malas novas, o Trail Inocentada de Valadares queda anulado por falta de resultados. A organización da proba non recibui clasificación algunha por parte do cronometrador, o que fai imposible que puntuedes. Sentímolo moito, é o primeiro caso nas 200 carreiras puntuables que levamos ata o momento na tempada.

O que si temos son os resultados das probas de xaneiro e febreiro:

/ Trail de Cela / Resultados

/ Trail Río da Fraga (GMTA) / Resultados

/ Trail da Camelia / Resultados

/ Enviar posto para o Circuíto

Para estas probas ábrese o habitual período de 15 días par enviar o posto. En breve as pendentes deste mes de marzo.

Correr en Galicia
"La estupidez insiste siempre." Albert Camus.

Actualización: Así vai o Circuíto 2014-15 / 05-Mar-2015

Así vai o Circuíto - Individual absoluta
Entramos no sétimo mes do xogo

Comezamos marzo facendo un repaso polos primeiros postos do Circuíto. Nesta tempada 2014-15 xa somos máis de 700 participantes e a día de hoxe estamos preto do millón de puntos sumados (953.602 exactamente). Coa actualización dos resultados de Xinzo e Ordes todas as probas de ruta xa están ao día e tedes un par de semanas para enviar os vosos puntos.

Na primeira división da modalidade individual xa temos aos 3 corredores no podio provisional por riba dos 5.000 puntos:
1º Pablo1969 - Pablo Feijoo (5.994,54)
2º Gompi - Gonzalo Rodríguez (5.344,05)
3º Amador - Amador Reboreda (5.241,77)


Na segunda división os primeiros tamén superan esa cifra:
1º Gnomo - Francisco David García (5.611,79)
2º Mingacho - Manuel Vázquez (5.159,89)
3º Buru - Alberto Aramburu (4.633,34)


E na terceira división o podio provisional é:
1º Jose.Losada - José Losada (5.236,91)
2º Lestove - José Manuel Rodríguez (5.152,32)
3º Xoseanton72 - Xosé Antón Barreiro (4.869,67)


En montaña, e debido ao maior coeficiente das probas, xa hai quen supera os 6.000 puntos á falta de abrir o envío dalgúns trails:
1º Gnomo - Francisco David García (6.288,72)
2º Pablo1969 - Pablo Feijoo (6.254,68)
3º Xabiro - Javier Fernández (4.773,78)


Nos próximos días subiremos os resultados das probas de trail que faltan para que a clasificación provisional reflexe exactamente o estado real cada un dos participantes.

Moitas grazas a todos por participar e comezamos con forza o sétimo mes da tempada.

Correr en Galicia

"Invertir en conocimiento produce siempre los mejores intereses." Benjamín Franklin

Novas clasificacións / 26-Nov-2014

Novas clasificacións no Circuíto
Categorías e localidades

Esta tempada estamos a traballar na web do Circuíto para engadirlle melloras que fagan máis divertido o xogo. Entre elas xa podedes atopar varias clasificacións novas ás que se accede tanto dende o panel lateral coma dende a vosa ficha particular, premendo no voso nick nas clasificacións individuais.

/ Clasificacións por categorías: unha petición de moitos dos participantes, saber o seu posto entre os corredores do mesmo rango de idade. Empezando pola categoría senior (M18) e avanzando logo en tramos de 5 anos segundo a data de nacemento.

/ Clasificacións por localidades: agora temos mini-circuitos por pobos e cidades. Todas aquelas localidades con alomenos 5 inscritos en individual teñen a súa propia clasificación persoalizada.

/ Clasificación entre localidades: e por último un ranking para saber en que localidade están os mellores corredores de Galicia. A clasificación configurase collendo as 6 mellores puntuacións en cada momento de cada localidade.

En todas elas podedes voltar a vosa ficha facendo clic sobre o voso nick.

Desexamos que estas novidades sexan do voso agrado e agardamos que faga máis divertida a competición. Para calquera comentario, idea ou mellora podedes facelo a través deste tema do foro.

Correr en Galicia
"Independiente siempre, aislado nunca." Emilio Visconti-Venosta

Ascensos administrativos / 31-Out-2014

Ascensos administrativos
Divisións individuais

Coma todas as temporadas, completamos as 200 prazas do Circuíto na 1ª e 2ª división cos postos do 41º en adiante da 2ª e 3ª da tempada anterior para cubrir aos participantes non re-inscritos. A partir de agora, tanto as novas coma as re-inscricións empezarán a puntuar en terceira. A configuración definitiva das divisións individuais queda así:

:: 1ª División :: 2ª División :: 3ª División ::

Noraboa aos novos ascendidos. Podes consultar todos os ascendidos na seguinte listaxe ordeada alfabéticamente.

De 2ª a 1ª
1.- Freddygl
2.- Kiks
3.- Luishermida
4.- Mon
5.- Sr.Ito
6.- Toneco
7.- Vir

De 3ª a 2ª
1.- Betos
2.- Buru
3.- Casor.agra
4.- Casper
5.- Charrua
6.- Crs23
7.- Dalogax
8.- Danielsanv
9.- Deivitri
10.- Deltaford

O Circuíto 2014-15 - Parellas e equipos / 27-Out-2014

Participa no Circuíto 2014-15
Fai as túas carreiras máis divertidas

O Circuíto Galego de Carreiras Populares 2014-15 é un xogo aberto a todos os atletas populares onde o importante é pasalo ben e onde NON gaña o corredor máis rápido, senón o máis constante ao longo da tempada. O único requisito é ter cumpridos os 18 anos o 6/9/2014.

Podes sumar puntos entre as máis de 200 carreiras que serán puntuables ao longo da tempada co único límite de 40 probas enviadas na túa ficha. A tempada vai do 6/9/2014 ata o 28/6/2015.

¿Cómo vai iso de sumar puntos?
Primeiro tes que inscribirte na modalidade individual do Circuito e logo participar nalgunha das probas puntuables. Unha vez publicados os resultados da carreira na que participaches só tes que ir á sección enviar posto e indicar o teu nick, a proba e o posto logrado. Nada máis.

Hai un prazo de 15 días por proba para enviar o posto.

:: Quero participar

¿Qué carreiras puntúan?
As probas puntuables actualízanse nesta listaxe segundo as organizacións vaian confirmando a data da celebración de cada carreiras. Podes facerte unha idea das probas puntuables consultando as da tempada pasada.

¿Cómo podo competir por parellas e equipos?
Para facer máis divertido o xogo podes participar cun amigo ou grupo de amigos na modalidade de parellas e equipos.

Por parellas.
Hai unha clasificación xeral para todas as parellas (femininas, masculinas ou mixtas) e outra só para as parellas mixtas.
Para participar só tes deixar unha mensaxe cos 2 nicks da parella neste tema do foro.
Para repetir a parella da tempada anterior, indicalo neste outro tema.

Por equipos
Hai tres divisións de equipos e as novas inscricións empezan en 3ª.
Están formados por 6 corredores dos que un deles é o capitán.
A puntuación do equipo é a suma dos 5 que en cada momento leven máis puntuación.
En caso de empate ponse por diante o que teña o capitán con máis puntos.
Para inscribir a un equipo o capitán ten que deixar unha mensaxe neste tema coa alineación.
Podes buscar corredores para o teu equipo no mercado de fichaxes.

As clasificacións actualizadas de cada división e a lista de inscritos a podes consultar da web do Circuíto 2014-15. Se tes calquera dúbida podes enviar un correo ou facer a consulta no foro do Circuíto.

Correr en Galicia
“En España, de cada diez cabezas nueve embisten y una piensa.” Antonio Machado.

O Circuíto 2014-15 / 12-Set-2014

Divisións tempada 2014-15
Noraboa aos ascendidos

Esta semana comezamos unha nova tempada de O Circuíto e queremos agradecer a todos os participantes da tempada anterior a súa pariticipación e apoio a este proxecto independente feito por corredores co único fin de facer máis divertida a nosa participación nas carreiras e fomentar os hábitos de vida saudables.

Queremos felicitar especialmente aos corredores que obtiveron o ascenso de división e que, durante 10 meses, estiveron nas carreiras sumando puntos pasiño a pasiño ata chegar a entrar nos 40 primeiros de 2ª e 3ª división. Noraboa polo seu esforzo, constancia e ascenso.

División individuais 2014-15
Polo tanto, e unha vez reaxustadas as divisións cos ascendidos e descendidos correspondentes, así quedan temporalmente as divisións para esta tempada:

:: 1ª División
:: 2ª División
:: 3ª División

AVISO IMPORTANTE: no caso de que algún corredor de 1ª ou 2ª non se re-inscriba perdería a súa praza e dereitos de participación. Esas prazas serían ocupadas polos corredores que se quedaron ás portas do ascenso na tempada anterior en e división.

DATA LÍMITE de re-inscricións: 12 de outubro de 2014.

Listado de ascendidos
Aquí tedes a lista completa de ascensos cos puntos obtidos para logralo: