Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
Activar contenido PortadaCalendarioForosA miña conta Activar contenido
Menu principal
Info de usuario

Benvido Anónimo

Lista de foreiros:
Último: DaftPunk
Novos hoxe: 0
Novos onte: 0
Total: 18435

Xente conectada:
Foreiros: 3
Visitantes: 77
Robots: 3
Plantilla: 0
Correndo por Vigo 2016 / 29-Xan-2016
Correndo por Vigo 2016
Información para os atletas

Este domingo celebrarase unha nova edición do Correndo por Vigo. Neste 2016 a proba chega a súa quinta edición con máis de 1.000 atletas inscritos na proba absoluta, que tomarán a saída ás 11 da mañá para percorrer os aproximadamente 10 quilómetros de percorrido. Esta carreira, coma os últimos anos, está incluida no Circuíto 2015-16 cun coeficiente de 1,5.

/ Comenta o Correndo por Vigo 2016 no foro

Vista aérea do percorrido por Jorge13cr:



Dende a organización achegannos a seguinte información de interese para todos os participantes, sobre os horarios, buses e aparcamentos gratuítos e demais servizos:

- A proba absoluta comezará as 11:00 da mañá cunha distancia de 10km aproximadamente.

- As probas infantís realizaranse íntegramente pola rúa Jenaro de la Fuente, unha vez finalizada a carreira absoluta, a partires das 12:45 aproximadamente, comezando pola categoría A: de 13 a 15 anos e rematando cos máis pequenos.
Ler máis... (1.52 KB) . ¿comentarios? | Versión para imprimir  Enviar a un amigo . Puntuación 0
Actualización: Carreira do Cocido de Lalín 2016 / 30-Dec-2015
Carreira do Cocido de Lalín 2016
Probas para o mes de xaneiro

Seguimos repasando as carreiras populares que empezamos a ter marcadas no Calendario para o mes de xaneiro, a día de hoxe unhas vinte. O día 24 chegará a sexta edición da Carreira do Cocido de Lalín, unha proba organizada polo Clube Atletismo Deza e o Concello de Lalín. Serán 10 quilómetros para a proba absoluta e distancias de entre 100 a 1.800 metros para as categorías escolares. Estes son horarios previstos:

11:00 h ABSOLUTA-XUVENIL/JUNIOR-PROMESA-SENIOR-VETERANS (10.000 metros) unha volta o CIRCUITO GRANDE
11:05 h INFANTIL, CADETE (1.800 metros). Duas voltas o recorrido
11:20 h ALEVÍN (800 metros).
11:30 h BENXAMÍN (800 metros).
12:00 h PITUFO (200 metros).
12:10 h CHUPETE (100 metros).


/ Regulamento, planos e inscricións da Carreira do Cocido de Lalín

Coma a tempada pasada, estará incluída no Circuíto 2015-16 con coeficiente 1,5.

Correr en Galicia
"Más vale una palabra a tiempo que cien a destiempo." Miguel de Cervantes.
Ler máis... | 1 comentario . Versión para imprimir  Enviar a un amigo . Actualización . Puntuación 5
Actualización: Carreira Nocturna Solidaria de Vedra / 29-Dec-2015
Carreira Nocturna Solidaria de Vedra
Para empezar o ano con boas sensacións

Estamos a punto de rematar un 2015 no que moitos conseguíchedes os vosos obxectivos e outros esperamos que o 2016 veña mellor. O xoves milleiros de corredores sairemos as rúas para despedir o ano deportivamente en calquera das San Silvestres que se celebran por toda Galicia, coma se de lumeradas de San Xoán se trataran.

Pero case sen tempo para recuperarnos dos últimos esforzos do ano, xa temos as probas do 2016 agardando á volta da esquina. O próximo sábado, 2 de xaneiro, nace unha nova proba no Concello de Vedra. A Nocturna Solidaria de Vedra terá un percorrido aproximado de 6.500 metros con saída ás 18:30 para a proba absoluta.

A inscrición é gratuíta, mais para recoller o dorsal será preciso entregar alomenos 1 kg de alimentos non perecedeiros, que irán destinados ao banco de alimentos da localidade. E por se a noite sae fría haberá chocolate con churros ao finalizar a proba para todos os participantes.

/ Regulamento e inscricións para a Nocturna Solidaria de Vedra

A proba está incluída no Circuíto 2015-16 cun coeficiente de 1,25.

NOTA: a inscrición é gratuíta, pero senón podes acudir anula a túa inscrición para que non quede xente sen dorsal.

Correr en Galicia
"Saber es saber que no sabes nada." Confucio.
¿comentarios? | Versión para imprimir  Enviar a un amigo . Actualización . Puntuación 0
San Silvestre de Ponteareas / 29-Dec-2015

TANINOS RUNNERS DE PONTEAREAS

/ San Silvestre de Ponteareas no foro

/ Regulamento da proba

/ Web dos Taninos Runners

/ Ver máis San Silvestres para fin de ano

Máis de cincocentas persoas correrán na IV San Silvestre de Ponteareas

O próximo xoves 31 de decembro de 2015 terá lugar a IV edición da San Silvestre Solidaria de Ponteareas, con saída e chegada na Praza Maior de Ponteareas, unha proba solidaria e non competitiva organizada polos Taninos Runners de Ponteareas e o Concello.

O club Taninos Runners de Ponteareas quere indicar o alto grao de satisfacción pola moi boa acollida da proba. De feito, a poucos días de rematar o prazo para inscribirse só quedan noventa prazas libres, tanto para adultos como para as categorías inferiores.

A proba quere manter o compromiso solidario e non competitivo co que naceu e servir ademais de elemento dinamizador das rúas da vila neste día tan sinalado promovendo o deporte e a solidariedade.

As inscricións deberán facerse exclusivamente a través da páxina web www.taninosponteareas.com, ata o día 29 de decembro ou ata completar o máximo de participantes establecido para esta edición, 600 para a categoria de adultos e 200 na categoria infantil. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo nin no mesmo día da proba.

A inscrición é de balde, solicitándose aos participantes e familiares que se acheguen á praza Maior nese día, a doazón voluntaria de produtos alimentarios non perecedoiros e de hixiene persoal e do fogar. Para esta edición incorpórase tamén a achega dalgún xoguete. Todo o doado será destinado ao banco de alimentos do Concello de Ponteareas.

Neste ano 2015 celebraráse tamén a II edición da San Silvestre Infantil, na que poderán participar todos os rapaces e rapazas maiores de seis anos, distribuídos en tres categorías por idade. O inicio da proba infantil será a partir das 16:45 horas. Na proba absoluta poderán participar os maiores de catorce anos. Sobre un circuíto de 5 km que presenta variacións en relación á edición pasada, xa que desta vez só se darán dúas voltas á vila. A hora de inicio da proba absoluta será ás 17:30 horas.

Os Taninos Runners de Ponteareas queren agradecer toda a colaboración de persoas particulares e empresas privadas, que fan posible a realización desta festa deportiva no último día do ano. Ademais, agradecen a comprensión de toda a cidadanía polo corte das rúas do centro durante o desenvolvemento das probas.

¿comentarios? | Versión para imprimir  Enviar a un amigo . Puntuación 0
Resultados: Resultados 13 de decembro / 14-Dec-2015
Sin-Son 10K / Comentarios - Fotos - Resultados

Volta á Ría de Ferrol / Comentarios - Obxectivos - Fotos

Novo Mesoiro, Coruña Corre / Comentarios - Fotos

San Cibrao das Viñas / Comentarios - Fotos - Resultados

Subida ao Castro, Vigo / Comentarios - Fotos

Lugo Monumental / Aprazada ao 31 de xaneiro
¿comentarios? | Versión para imprimir  Enviar a un amigo . Resultados . Puntuación 5
Resultados: Vilagarcía, Carral, Muxía... / 24-Nov-2015
Resultados fin de semana 21-22 de novembro

/ Media Maratón Vilagarcía de Arousa - Resultados - Comentarios - Fotos

/ Carreira Popular de Carral - Resultados

/ AVEMPO, Vigo - Resultados 10 km - Resultados 5 km

/ Legua Marítima Malawi, A Coruña - Resultados

/ Carreira Popular de Muxía - Resultados 10 km - Resultados 5 km

/ Trail San Andrés de Teixido - Resultados

/ Cross Guillelme Brown - Resultados

Envía o teu posto para o Circuíto 2015-16

Ler máis... | 3 comentarios . Versión para imprimir  Enviar a un amigo . Resultados . Puntuación 0
Resultados: Resultados / 24-Nov-2015
San Martiño, Ourense2015 / ¿Cómo che foi? / ¿Correr sen dorsal? / Foto-KDD / FOTOS

Sábado, 14 de novembro

/ San Martiño de Dorneda, homenaje a Julián Bernal / FOTOS

/ Carreira Popular de Xermade

/ Milla pola Diabete, Pontevedra

Domingo, 15 de novembro

/ Trail José Teixeira, Ponteareas / FOTOS
Ler máis... | 1 comentario . Versión para imprimir  Enviar a un amigo . Resultados . Puntuación 0
Resultados: Resultados / 06-Out-2015
Popular de Gundián / Resultados

21 Km Costa da Vela / Resultados / Fotos

Nocturna de Ferrol / Resultados / Fotos

Media Maratón Ribadeo As Catedrais / Resultados / Fotos

Carreira Popular de Meaño / Resultados / Fotos

O Circuíto
Ler máis... | 1 comentario . Versión para imprimir  Enviar a un amigo . Resultados . Puntuación 0
Las 24 Horas de Vigo / 02-Set-2015
Las 24 Horas de Vigo
Desde el Parque de Castrelos

Un fin de semana lleno de emociones y kilómetros fue lo que se vivió este sábado y domingo en el parque de Castrelos. Las 24 Horas de Vigo, una prueba especial por su formato que bien merece una fantástica crónica adaptada a la duración de la prueba Guiño

/ Las 24 Horas de Vigo en el foro
/ Fotos de la prueba (gracias a Miño Records, Erikalfonso y Pi+Banderas)
/ Diario gatuno de Slump

La crónica de DoctorSlump:
"Cuaderno de bitácora. Segundo año del gato. Días 54 y 55. (29 y 30 de agosto)

04:00 ¡No vuelvo más!
12:05 ¡El año que viene volvemos otra vez laralará!


En 2014 agoté las emociones tras dos días mágicos irrepetibles y por ello no quise hacerme muchas ilusiones para la segunda edición, estaba más bien en plan aguafiestas calmando los ánimos para que nos lo tomásemos de relax y sin competir, y anteponiendo Berlín en mis objetivos. Pero según se acercaban las fechas me sorprendía encargando camisetas serigrafiadas o apresurando un banner con cartón pluma y la foto de Jack Bauer another day in Castrelos. El cuadrante de turnos no pasó de un esbozo porque sabía ya cómo funcionábamos y lo poco que se cumpliría de lo previsto. Por mi parte primero descarté (me descartaron) el rodaje largo que pensaba intentar, y después cuando puse el pie en el suelo el sábado creí que ni siquiera correría, pero he aprendido a desconfiar de mis lesiones para lo bueno y para lo malo y no dije nada. Maleta con cuatro o cinco equipaciones de repuesto (kit de pantalón, camiseta, cinta del pelo y calcetines), medicinas como para medio geriátrico y al parque. Recogimos la caja con los dorsales y regalos que llevé al estilo porteador que se despeña en las películas de Tarzán, decoramos el frontispicio de nuestra carpa con el póster (unas cien veces, no paró de caer sobre cabezas propias y ajenas) y comprobamos que compartíamos patio con las figuras, en plan chalet adosado al equipo de Marcial y frente al de Nimo, como un propietario de Moratalá o Esplugues con futbolistas famosos de vecinos. Por lo visto también estábamos instalados en una zona con derecho de paso y todos cruzaban por la tienda, la verdad es que no parecía precisamente un centro de alto rendimiento deportivo con nuestros tipos poco olímpicos, las tortillas y los embutidos, los niños de Óscar jugando y la música de Siniestro Total. Desayunamos, fueron llegando los demás, saludamos a compañeros y sin embargo archirrivales, deseamos mucha suerte a Susana en su aventura individual y a Ramiro la Tortuja Atómica. Comenzaban las veinticuatro horas. La mejor carrera de Galicia.
Ler máis... (12.19 KB) . 2 comentarios . Versión para imprimir  Enviar a un amigo . Puntuación 4.90
Carreira das Areas, Carnota / 02-Set-2015
Carreira das Areas, Carnota
A crónica dende a praia

Esta fin de semana celebrouse unha nova proba do Circuíto de Carreiras Populares da Costa da Morte na localidade de Carnota. Aquí tedes a crónica da foreira Meigalicix, que podedes tamén seguila no seu diario de adestramento. Máis comentarios sobre a proba en:

/ Circuíto Costa da Morte

A crónica de Meigalicix:
"En plena praia de Carnota, gozando dunha estupenda tarde de sol. Creo que é o mellor momento e lugar para redactar a crónica da xornada, aínda que logo teña que buscar un sitio con wifi para poder copiar, pegar e enviar.

Un ano máis tocou durmir moi pouco de víspera, darse o madrugón para sair desde Vigo con tempo... Tanto, que fun a primeira persoa en retirar o dorsal no local do concello. Sobrando tempo, aproveitei para consultar as listaxes de inscritos: moita emoción este ano, pois eramos 9 veteranas cincuentonas a competir. E fixen rápidamente unha porra conmigo mesma. Estaba claro que aquí había xente interesadísima en puntuar para o circuito de carreiras da Costa da Morte, e con mais nivel que en anteriores, así que apostei por facer a carreira en 56 minutos e quedar 4 de 9.

Co dorsal xa no meu poder, marcho á cafetería do lado do Concello a tomar algo e facer tempo, e agardar polos colegas que tamén veñen correr: un ex futbolista da favela da Balbarda, que lle colleu gusto a esta carreira, facendo o vicio extensivo ó resto da familia, apuntando tamén ós fillos na categoría de benxamíns... O outro correlega é un ex Veterano Pabellón Ourense que veranea por aquí, a quen lle debo ter entrado nesta tolemia de correr en xeral, e participar nesta carreira en particular.
Ler máis... (3.12 KB) . 2 comentarios . Versión para imprimir  Enviar a un amigo . Puntuación 4.5
3
...
Foros
Seleccionar idioma



2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy