Voltar

San Silvestre Ponteareas 2016 22-Dec-2016

Nota de prensa da San Silvestre de Ponteareas. Se queres compartir e publicar información sobre a túa proba, só tes que enviala polos medios indicados no apartado 'Contacto' e estaremos encantados de darlle difusión polos nosos medios.

A San Silvestre de Ponteareas no foro

Regulamento da proba

"V San Silvestre Solidaria e a III San Silvestre Infantil de Ponteareas
A unha semana de rematar o prazo de inscrición a piques de cubrir a cota de participantes.

O próximo xoves, 31 de decembro de 2016, terá lugar a quinta edición da San Silvestre Solidaria de Ponteareas, con saída e chegada na Praza Maior de Ponteareas, unha proba solidaria e non competitiva organizada polos Taninos Runners de Ponteareas e o Concello.

O día 10 deu comezou o prazo de inscrición para esta proba e rematará o día 29, se antes non se cubren as 750 prazas reservadas para os adultos e as 250 da carreira infantil. O ritmo de inscricións está sendo alto co que a organización cre que estas pecharanse antes do previsto, xa que a unha semana do peche quedan menos de 200 prazas libres.

A organización quere animar á veciñanza a que participe nesta proba solidaria e que non deixe para última hora a súa inscrición. O xeito de inscribirse é a través da web www.taninosponteareas.com. Asi mesmo convídase a facer doazón de produtos alimentarios non perecedoiros (sobre todo infantís) e de hixiene persoal e doméstica que serán reciollidos polo Banco de Alimentos do Concello de Ponteareas.

Os Taninos Runners de Ponteareas queren agradecer toda a colaboración de persoas particulares e empresas privadas, que fan posible a realización desta festa deportiva no último día do ano. Ademais, agradecen a comprensión de toda a cidadanía polo corte das rúas do centro durante o desenvolvemento das probas."




Notes: Participa e colabora nesta festa deportiva de fin de ano en Ponteareas. Organizada polos Taninos Runners e o Concello de Ponteareas.

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org