Voltar

O Circuíto 2016-17. Correndo libres 11-Dec-2016

O Circuíto 2016-17
Correndo libres

Aínda que con retraso, dende hai xa uns días puxemos en marcha unha nova edición do Circuíto Galego de Carreiras Populares, a nova tempada 2016-17. O motivo da demora non foi outro que ter unha nova web adaptada ao móbil e así poder consultar o Circuíto dende calquera lugar dun xeito máis cómodo e sinxelo. Se es novo nisto, aínda non estás reinscrito ou non enviaches puntos, invitámosche a darte unha volta para coñecela.

Visita a nova web do Circuíto

Novidades
A primeira novidade que podemos presentar é a recuperación, por petición popular, das clasificacións de parellas e equipos, que sempre son unha motivación máis á hora de participar en carreiras e sumar puntos para o Circuíto.

As inscricións de parellas e equipos pecharanse o 31 de decembro e, en función do número de inscritos, poderanse facer varias división de equipos pola súa antigüidade. No foro podedes inscribirvos e buscar compañeiros.

Foro Circuíto 2016-17

Puntos 1º trimestre
O sistema non cambia e as carreiras empezaron a estar incluídas dende o 1 de setembro. Xa podes empezar a sumar e recuperar os puntos desas probas ao longo de todo o mes de decembro, pechando o envío de puntos destas probas o día 31.

O calendario de carreiras actualizarase a medida cos organizadores confirmen as datas de celebración das súas probas e queiran incluílas.

E polo momento nada máis, moitas grazas pola espera e por seguir confiando neste proxecto. Pouco a pouco, entre todos e grazas ao traballo dos colaboradores, sacaremos a mellor edición do Circuíto ata o momento.

Saúde e quilómetros!!

O Circuíto 2016-17
Correr en Galicia

‘Ten máis do que mostras, fala menos do que sabes.’ William Shakespeare





Notes: Xa está en marcha unha nova edición do Circuíto Correr en Galicia. Inscríbite e participa en individual, por parellas e por equipos.

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org