Voltar

Carreira Popular de Cambados 2016 10-Xuñ-2016

Carreira Popular de Cambados
Aprazamento da proba

O próximo 3 de xullo estaba prevista a celebración da Carreira Popular de Cambados pero, por motivos de permisos de tráfico, a organización vese na obriga de aprazala a unha nova data. Deixamos o comunicado íntegro da organización da proba onde explican en detalle os motivos do aprazamento.

/ ¿Qué opinas dos motivos deste aprazamento?

"COMUNICADO DA CONCELLERÍA DE DEPORTES DO ILMO. CONCELLO DE CAMBADOS

A Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados informa que, por causas totalmente alleas á súa vontade, vese na obriga de aprazar para unha nova data a celebración da VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS. Os motivos de tal decisión débense a que a Xunta de Galicia, por medio da súa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Xefatura Territorial de Pontevedra, non autoriza, mediante informe vinculante da Xefatura Provincial de Tráfico, a celebración da devandita proba o día 3 de xullo, por ser esta unha data non hábil a efectos da "celebración de probas deportivas cuio obxecto sexa competir en espazo e tempo polas vías ou terreos obxecto da lexislación sobre tráfico".

É competencia da administración autonómica expedir os permisos convintes cando a proba se desenvolva nalgunha das múltiples travesías dentro do ámbito territorial da provincia, e a nosa carreira, con circuito homologado pola RFEA, discorre nalgún tramo por travesías que, si ben se enmarcan dentro do casco urbán, son competencia da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Dito esto, comunicarlle ós atletas que xa estaban inscritos que á maior brevidade posible se lles reintegrará o importe da inscripción por parte da empresa de cronometraxe Championchipnorte; do mesmo modo que se piden desculpas polas molestias que se haixan podido ocasionar.

Por último, manifestar que desde a Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados xa se está buscando unha nova data para a realización da proba que, probablemente, se celebre unha vez rematado o periodo estival.

En Cambados, a 6 de xuño de 2016."


Correr en Galicia

"As palabras que non van seguidas de feitos, non valen nada." Esopo.



Notes: Comunicado oficial sobre o aprazamento da proba.

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org