Voltar

Nocturna de Celanova 2016 08-Xuñ-2016

Nocturna de Celanova
Correndo pola Vila dos Poetas

Nestes días de calor nada mellor que correr cando o sol non pega forte e, se é nun lugar máxico coma o casco histórico de Celanova, moito mellor. O próximo sábado celebrase unha nova edición da Nocturna de Celanova, proba xa clásica en Galiza cando se achega o verán. Grandes e pequenos desfrutarán arredor da Praza Maior da localidade dunha gran noite deportiva.

As probas dos rapaces comezarán a partir das 9 da noite con percorridos que van dende os 100 metros dos pitufos aos 1600 dos cadetes. A proba absoluta, con saída ás 10 e media, completará 7800 metros polas rúas de Celanova. Se queres coñecer o percorrido con antelación, anímate a participar na previa que terá lugar mañá xoves ás 9 e cuarto, un adestramento colectivo da man da organización.

/ Regulamento Nocturna de Celanova

/ Previa e dúbidas no foro

/ Inscricións (ata o xoves 9 ás 10 da noite)

Ademais, se estás inscrito no Circuíto 2015-16, poderás seguir sumando puntos neste derradeiro mes de competición. Unha tempada máis, a Nocturna de Celanova está incluída con 1,25 de coeficiente.

Ánimo e a desfrutala!!

Correr en Galicia
"Quen ten paciencia, obtendrá o que desexa." Benxamín Franklin.



Notes: Desfruta correndo polas rúas da Vila dos Poetas o próximo sábado á noite ás 10 e media.

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org