Voltar

Correndo por Vigo 2016 29-Xan-2016

Correndo por Vigo 2016
Información para os atletas

Este domingo celebrarase unha nova edición do Correndo por Vigo. Neste 2016 a proba chega a súa quinta edición con máis de 1.000 atletas inscritos na proba absoluta, que tomarán a saída ás 11 da mañá para percorrer os aproximadamente 10 quilómetros de percorrido. Esta carreira, coma os últimos anos, está incluida no Circuíto 2015-16 cun coeficiente de 1,5.

/ Comenta o Correndo por Vigo 2016 no foro

Vista aérea do percorrido por Jorge13cr:



Dende a organización achegannos a seguinte información de interese para todos os participantes, sobre os horarios, buses e aparcamentos gratuítos e demais servizos:

- A proba absoluta comezará as 11:00 da mañá cunha distancia de 10km aproximadamente.

- As probas infantís realizaranse íntegramente pola rúa Jenaro de la Fuente, unha vez finalizada a carreira absoluta, a partires das 12:45 aproximadamente, comezando pola categoría A: de 13 a 15 anos e rematando cos máis pequenos.


- Distancias: 1200m-800m-500m-100m sempre aproximadas.

- Non será posible inscribir aos nenos/as o mesmo día da proba.

- Aparcamento: todos os atletas disporán dunha hora de estacionamento GRATUÍTO no aparcamento de Jenaro de la Fuente, o tiquet será entregado nas instalacións do Mercado do Calvarion na zona do gardarroupa, o día da carrera presentando o ticket do aparcamento.

- Servizo de gardarroupa: situarase no interior do Mercado. Horario de 10:00 a 12:30.

- Servizo de duchas e spa: unha vez rematada a carreira todos os atletas poderán ducharse e facer uso do spa das instalaciós do Máis Que Auga Barreiro, levando gorro e chancletas.

- Para desprazarse ás instalacións do Máis que Auga, a organización porá a disposición dos atletas un servizo de autobús cortesía de VITRASA que sairá da Rotonda das Fontes da rúa Aragón ata as instalacións do Máis Que Auga-Barreiro, facendo un percorrido de ida e volta de maneira continuada, tendo un horario de 12:00 a 14:00horas (1ª saída das fontes da rúa Aragón-último viaxe saída do Máis Que Auga).

- A entrega de dorsais realizarase o sábado 30 nas instalacións do Máis Que Auga-Barreiro de 16:30 a 20:00 horas e o domingo 31 de 9:00 a 10:30 horas no Mercado do Calvario. Prégase puntualidade nos horarios establecidos para a mesma.

- É importante respectar os caixóns de saída segundo a marca realizada na distancia.

- A cronometraxe realizarase a través do sistema Championchip é preciso devolver o dorsal unha vez final a proba.



Notes: A quinta edición do Correndo por Vigo chega este domingo as rúas da cidade olívica. Percorrido virtual e información para os atletas.

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org