Voltar

Carreira Nocturna Solidaria de Vedra 29-Dec-2015

Carreira Nocturna Solidaria de Vedra
Para empezar o ano con boas sensacións

Estamos a punto de rematar un 2015 no que moitos conseguíchedes os vosos obxectivos e outros esperamos que o 2016 veña mellor. O xoves milleiros de corredores sairemos as rúas para despedir o ano deportivamente en calquera das San Silvestres que se celebran por toda Galicia, coma se de lumeradas de San Xoán se trataran.

Pero case sen tempo para recuperarnos dos últimos esforzos do ano, xa temos as probas do 2016 agardando á volta da esquina. O próximo sábado, 2 de xaneiro, nace unha nova proba no Concello de Vedra. A Nocturna Solidaria de Vedra terá un percorrido aproximado de 6.500 metros con saída ás 18:30 para a proba absoluta.

A inscrición é gratuíta, mais para recoller o dorsal será preciso entregar alomenos 1 kg de alimentos non perecedeiros, que irán destinados ao banco de alimentos da localidade. E por se a noite sae fría haberá chocolate con churros ao finalizar a proba para todos os participantes.

/ Regulamento e inscricións para a Nocturna Solidaria de Vedra

A proba está incluída no Circuíto 2015-16 cun coeficiente de 1,25.

NOTA: a inscrición é gratuíta, pero senón podes acudir anula a túa inscrición para que non quede xente sen dorsal.

Correr en Galicia
"Saber es saber que no sabes nada." Confucio.



Notes: Nace unha nova proba no Calendario neste novo ano de 2016. Unha proba invernal e nocturna, pero feita con moito cariño e cun fin solidario.

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org