Voltar
San Silvestre de Ponteareas
29-Dec-2015
TANINOS RUNNERS DE PONTEAREAS
/ San Silvestre de Ponteareas no foro
/ Regulamento da proba
/ Web dos Taninos Runners
/ Ver máis San Silvestres para fin de ano
Máis de cincocentas persoas correrán na IV San Silvestre de Ponteareas
O próximo xoves 31 de decembro de 2015 terá lugar a IV edición da San Silvestre Solidaria de Ponteareas, con saída e chegada na Praza Maior de Ponteareas, unha proba solidaria e non competitiva organizada polos Taninos Runners de Ponteareas e o Concello.
O club Taninos Runners de Ponteareas quere indicar o alto grao de satisfacción pola moi boa acollida da proba. De feito, a poucos días de rematar o prazo para inscribirse só quedan noventa prazas libres, tanto para adultos como para as categorías inferiores.
A proba quere manter o compromiso solidario e non competitivo co que naceu e servir ademais de elemento dinamizador das rúas da vila neste día tan sinalado promovendo o deporte e a solidariedade.
As inscricións deberán facerse exclusivamente a través da páxina web www.taninosponteareas.com, ata o día 29 de decembro ou ata completar o máximo de participantes establecido para esta edición, 600 para a categoria de adultos e 200 na categoria infantil. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo nin no mesmo día da proba.
A inscrición é de balde, solicitándose aos participantes e familiares que se acheguen á praza Maior nese día, a doazón voluntaria de produtos alimentarios non perecedoiros e de hixiene persoal e do fogar. Para esta edición incorpórase tamén a achega dalgún xoguete. Todo o doado será destinado ao banco de alimentos do Concello de Ponteareas.
Neste ano 2015 celebraráse tamén a II edición da San Silvestre Infantil, na que poderán participar todos os rapaces e rapazas maiores de seis anos, distribuídos en tres categorías por idade. O inicio da proba infantil será a partir das 16:45 horas. Na proba absoluta poderán participar os maiores de catorce anos. Sobre un circuíto de 5 km que presenta variacións en relación á edición pasada, xa que desta vez só se darán dúas voltas á vila. A hora de inicio da proba absoluta será ás 17:30 horas.
Os Taninos Runners de Ponteareas queren agradecer toda a colaboración de persoas particulares e empresas privadas, que fan posible a realización desta festa deportiva no último día do ano. Ademais, agradecen a comprensión de toda a cidadanía polo corte das rúas do centro durante o desenvolvemento das probas.
Notes: A San Silvestre Solidaria de Ponteareas, organizada polos Taninos Runners, cubre as súas 600 prazas para despedir o ano solidaria e deportivamente.
Voltar
|