Voltar

Media Maratón Alas de Vida 21-Ago-2015

Presentación da proba "Alas de Vida" pola Asociación Cultural Fanto Fantini:

/ Carreiras "Alas de Vida" no foro

Carreiras solidarias "Alas de Vida"
26-27/9/2015
Non corras, voa!

Chegas á casa, canso de todo o día. Deixas as cousas e sentas no sofá. Antes de estomballarte pensas se ir correr. Levántaste, pos algo cómodo, calzas as zapatillas e mentres das as primeiras zancadas plantéxaste por qué saes a correr...
Polo ruxido da area en cada pisada que vas deixando atrás
Para liberar a mente, relaxarte e poñer a tua vida en forma
Porque eres unha muller independente
Porque pode ser que chegue o día que non podas
Porque un día viche a Gebrselaissie pola tele
Pola satisfacción de chegar de volta
Porque sempre haberá alguén máis rápido
Para sentir o vento, o nordés, o silencio, a natureza, o frío... e conectar coa liberdade
Para que non che de un infarto con 40 anos
Para pasar máis tempo con ela


Para estar de mellor humor, gañar calidade de vida e sentirte mellor cos que te rodean
Para superar retos e que che axude a afrontar os que veñan
Polos que non poden correr e para evitar que haxa máis

Érguete e non corras, voa!

Para nós a palabra voar ten un significado especial. Vai máis alá do deporte misturándoo coa solidariedade. Cremos fírmemente nesta relación. O deporte é unha vía marabillosa para conseguir unha sociedade máis xusta e mellor, para aportar o teu grao de area, para intentar cambiar as cousas e para axudar á xente que realmente o precisa.

Incluso a solidariedade se pode enfocar desde un punto de vista práctico e egoísta xa que nunca se sabe o que che pode pasar a ti ou aos teus. De un día para outro pódeche cambiar a vida e nese momento necesitarás axuda. Non corras, voa!

- "Carreiras solidarias Alas de vida 2015"
As "Carreiras Solidarias Alas de Vida" nacen en Burela inspiradas no Reto Cébé no que o coñecido corredor de montaña Sébastien Chaigneau colabora con DEBRA e da asas a Nina Roma. Despois de que Quico Muñoz e Diego Franco lle deran voltas ocúrreselles trasladar ese reto ao noso inmellorábel entorno por medio da Asociación Cultural Fanto Fantini. "Alas de Vida" é un exemplo de como deporte e solidaridade combinan á perfección. Ao final do "Alas de Vida 2014" recaudáronse 7.602,48€ íntegramente doados á Asociación Debra e máis de 600 persoas participaron nas diferentes carreiras.

- Obxectivos da iniciativa
1- Dar a coñecer a enfermidade "Epidermólisis bullosa" máis coñecida como "Pel de Bolboreta"
2- Recaudar fondos para que a asociación DEBRA siga coa súa importante función de formación, financiación e investigación. Aportar o noso grao de area para que siga a súa loita por mellorar a calidade de vida dos afectados pola EB e das súas familias.
3- Informar e concienciar dos beneficios da actividade física e impulsar a actividade deportiva a nivel popular co desenvolvemento de diversas carreiras.

- Programa para o 26 e 27 de setembro
- Sábado 26:
. Pola tarde a "Paseo solidario Alas de Vida": para fomentar o deporte a todos os ámbitos e grupos de idade. Pódense completar os 3km que desde a Praza da Mariña á Marosa de mil formas: andando, en patíns, bicicleta, silla de rodas, correndo... O importante é colaborar coa inscripción (3€, que inclúe o agasallo do emblema da Asociación DEBRA), pasar un bo rato e moverse.
. Rematarase con unha chocolatada e festa na Praza da Mariña (con xogos para as nenas e nenos e música).

A Praza da Mariña de Burela convírtese no cuartel xeral onde se instalan as carpas, unha na que a embaixadora de DEBRA ofrece toda a información solicitada e na que se poden mercar productos solidarios e outra habilitada para as inscripcións de "Alas de Vida" e doazóns.

- Domingo 27:
. II Media Maratón de montaña Alas de Vida: un duro e precioso percorrido polos arredores de Burela e o seu litoral marítimo. Con 400m de desnivel acumulado e principalmente por pistas de terra e carreiros. Servizo de avituallamento sólido e liquido, duchas e comida ao finalizar a proba para todos os participantes. O coste da inscripción é de 15€
A empresa Empa-T encárgase da cronometraxe (na súa páxina www.empa-t.com e o domingo na Praza da Mariña até 30 minutos antes da saída pódense facer as inscripcións). A saída será ás 11:00h.

Asociación Cultural Fanto Fantini.


Alas de vida



Notes: Medio Maratón 'Alas de Vida', Burela. Porque correr é moito máis que correr... 'Érguete e non corras, voa.'

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org