Voltar

Carreiras no Barbanza 06-Ago-2015

Carreiras no Barbanza
Corrubedo, Artes, A Pobra e Riveira

Este mes de agosto ven cargado de probas pola península do Barbanza. Case todas as fins de semana haberá algunha carreira na que participar. Dende a segunda edición da carreira de Corrubedo con saída dende o porto, pasando por unha nova edición da Carreira do Demo en Artes cos seus 6.666 metros de percorrido ata a Carreira Pedestre da Pobra, que este ano rinde homenaxe a Jesús Huerta (Mostoles73).

/ Corrubedo (15/8) - Regulamento - Consultas e comentarios

/ Carreira do Demo (23/8) - Regulamento - Consultas e comentarios

/ A Pobra do Caramiñal (30/8) - Regulamento - Consultas e comentarios

E para rematar, o primeiro sábado de setembro a Andaina Popular de Riveira con 3 percorridos posibles de 35, 50 ou os 58 quilómetros do 'Xtrem', cun desnivel positivo superior aos 1.200 m.

/ Andaina de Riveira - Regulamento - Consultas e comentarios

Animádevos a participar nalgunha... ou en todas elas...

Correr en Galicia

" Todo lo que se ignora, se desprecia." Antonio Machado.



Notes: Carreiras populares en Corrubedo, Artes e A Pobra do Caramiñal. Andaina Popular en Riveira con 35, 50 ou 58 km de percorrido.

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org