Voltar

San Silvestre de Ponteareas 05-Xan-2015

San Silvestre Solidaria de Ponteareas

/ A San Silvestre de Ponteareas no foro /

Foron recollidos máis dunha tonelada de alimentos non perecedoiros nun gran ambiente deportivo
Balance da III San Silvestre Solidaria de Ponteareas organizada polo club Taninos Runners Ponteareas e o Concello de Ponteareas

O pasado 31 de decembro desenvolveuse polas rúas de Ponteareas a III San Silvestre Solidaria coa asistencia de máis de seiscentos corredores que deron un ambiente festivo e deportivo ao derradeiro día do ano. Aportaron á causa solidaria máis de 1500 kg de produtos alimentarios non perecedoiros e de hixiene persoal e do fogar que foron entregados a centro de recollida de alimentos dos Servizos Sociais do Concello de Ponteareas

Por primeira vez celebráronse dúas probas para os nenos e nenas menores de catorce anos que gozaron do deporte polas rúas de Ponteareas así como a xa tradicional carreira para os maiores por un circuíto de tres voltas para realizar o total de cinco quilómetros dos que constaba a proba.

Esta proba non competitiva, aberta a todo o público pretende xuntar o deporte coa solidariedade. Moitos dos asistentes acudiron disfrazados contribuíndo a darlle un carácter máis festeiro ao acontecemento. Os organizadores queren agradecer a todos os participantes e público en xeral que se achegou ata a Praza Maior de Ponteareas, o seu apoio a esta causa e a participación no evento.

Dende a organización quérese agradecer a colaboración recibida. antes e durante o día da proba, polas diferentes entidades privadas e polas administracións e forzas e corpos de seguridade, así como aos voluntarios e en xeral a todos os que fixeron posible a realización desta proba

Club Taninos Ponteareas

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org