Voltar

Novas clasificacións 26-Nov-2014

Novas clasificacións no Circuíto
Categorías e localidades

Esta tempada estamos a traballar na web do Circuíto para engadirlle melloras que fagan máis divertido o xogo. Entre elas xa podedes atopar varias clasificacións novas ás que se accede tanto dende o panel lateral coma dende a vosa ficha particular, premendo no voso nick nas clasificacións individuais.

/ Clasificacións por categorías: unha petición de moitos dos participantes, saber o seu posto entre os corredores do mesmo rango de idade. Empezando pola categoría senior (M18) e avanzando logo en tramos de 5 anos segundo a data de nacemento.

/ Clasificacións por localidades: agora temos mini-circuitos por pobos e cidades. Todas aquelas localidades con alomenos 5 inscritos en individual teñen a súa propia clasificación persoalizada.

/ Clasificación entre localidades: e por último un ranking para saber en que localidade están os mellores corredores de Galicia. A clasificación configurase collendo as 6 mellores puntuacións en cada momento de cada localidade.

En todas elas podedes voltar a vosa ficha facendo clic sobre o voso nick.

Desexamos que estas novidades sexan do voso agrado e agardamos que faga máis divertida a competición. Para calquera comentario, idea ou mellora podedes facelo a través deste tema do foro.

Correr en Galicia
"Independiente siempre, aislado nunca." Emilio Visconti-Venosta

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org