Voltar

XI Aniversario Correr en Galicia 25-Nov-2014

XI Aniversario Correr en Galicia
Grazas a tod@s por facelo posible

Este mes de novembro Correr en Galicia cumpre 11 anos dende que abriu as súas "portas" alá polo ano 2003... de cando usar un móvil para conectarse a Internet parecía cousas de marcianos Moi feliz

Ata este ano 2014 chegamos cos nosos altibaxos, con centos de historias, miles de fotos e centos de miles de puntos no Circuíto...

Moitas grazas por facer deste foro un dos máis lonxevos e activos da Internet galaica e formar entre todos unha grande familia de corredores espallados por todo o territorio e máis aló... un saúdo especial aos foreiros emigrados que seguen conectados de xeito virtual.

Unha grande aperta a tod@s e quilómetros!!

E, coma todos non entramos, aquí vai unha pequena "foto de familia" cos emoticonos "tomando" ao asalto o Calendario Moi feliz



Correr en Galicia
Correndo xuntos, medrando xuntos

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org