Voltar

Trail Monte Pindo 04-Xul-2014

:: Galicia Máxica Trail Adventure ::

:: GMTA #5 Trail do Monte Pindo (Carnota) no foro ::

COMUNICADO URXENTE E IMPORTANTE

A organización GMTA, por razóns técnicas e medio ambientais alleas a súa vontade e esixidas pola administración competente á vista de que "actualmente o Monte Pindo se atopa en fase de recuperación do incendio forestal acontecido no verán de 2013 (...) Non obstante, proponse ao solicitante a modificación do itinerario da proba de xeito que discorra integramente por sendeiros, evitanto os tramos campo a través" vese obrigada a retocar o percorrido e, en consecuencia:

1) Eliminar a posibilidade de facer o minitrail. A quen se apuntara no mesmo ofrecésenlle dúas posibilidades: a devolución dos cartos ou o a participación no trail.

2) Recortar en case 3 km. o percorrido do trail, quitando a "famosa" subida do río.

Prégase a todos os inscritos no minitrail envíen un correo a info (arr) galiciamaxicatrail.com confirmando a súa participación no trail ou solicitando a devolución dos cartos antes do vindeiro domingo 6 ás 22:00 horas.

Quen non se manifestara antes desa hora entenderemos que desexa a devolución do diñeiro.

GMTA

Voltar

Content received from: Correr en Galicia, carreras populares, http://correrengalicia.org