Correndo por Vigo 2016
Correndo por Vigo 2016
Información para os atletas
Este domingo celebrarase unha nova edición do Correndo por Vigo. Neste 2016 a proba chega a súa quinta edición con máis de 1.000 atletas inscritos na proba absoluta, que tomarán a saída ás 11 da mañá para percorrer os aproximadamente 10 quilómetros de percorrido. Esta carreira, coma os últimos anos, está incluida no Circuíto 2015-16 cun coeficiente de 1,5.
/ Comenta o Correndo por Vigo 2016 no foro
Vista aérea do percorrido por Jorge13cr:
Dende a organización achegannos a seguinte información de interese para todos os participantes, sobre os horarios, buses e aparcamentos gratuítos e demais servizos:
- A proba absoluta comezará as 11:00 da mañá cunha distancia de 10km aproximadamente.
- As probas infantís realizaranse íntegramente pola rúa Jenaro de la Fuente, unha vez finalizada a carreira absoluta, a partires das 12:45 aproximadamente, comezando pola categoría A: de 13 a 15 anos e rematando cos máis pequenos. - Distancias: 1200m-800m-500m-100m sempre aproximadas.
- Non será posible inscribir aos nenos/as o mesmo día da proba.
- Aparcamento: todos os atletas disporán dunha hora de estacionamento GRATUÍTO no aparcamento de Jenaro de la Fuente, o tiquet será entregado nas instalacións do Mercado do Calvarion na zona do gardarroupa, o día da carrera presentando o ticket do aparcamento.
- Servizo de gardarroupa: situarase no interior do Mercado. Horario de 10:00 a 12:30.
- Servizo de duchas e spa: unha vez rematada a carreira todos os atletas poderán ducharse e facer uso do spa das instalaciós do Máis Que Auga Barreiro, levando gorro e chancletas.
- Para desprazarse ás instalacións do Máis que Auga, a organización porá a disposición dos atletas un servizo de autobús cortesía de VITRASA que sairá da Rotonda das Fontes da rúa Aragón ata as instalacións do Máis Que Auga-Barreiro, facendo un percorrido de ida e volta de maneira continuada, tendo un horario de 12:00 a 14:00horas (1ª saída das fontes da rúa Aragón-último viaxe saída do Máis Que Auga).
- A entrega de dorsais realizarase o sábado 30 nas instalacións do Máis Que Auga-Barreiro de 16:30 a 20:00 horas e o domingo 31 de 9:00 a 10:30 horas no Mercado do Calvario. Prégase puntualidade nos horarios establecidos para a mesma.
- É importante respectar os caixóns de saída segundo a marca realizada na distancia.
- A cronometraxe realizarase a través do sistema Championchip é preciso devolver o dorsal unha vez final a proba.