Carreira das Areas, Carnota

Carreira das Areas, Carnota
A crónica dende a praia

Esta fin de semana celebrouse unha nova proba do Circuíto de Carreiras Populares da Costa da Morte na localidade de Carnota. Aquí tedes a crónica da foreira Meigalicix, que podedes tamén seguila no seu diario de adestramento. Máis comentarios sobre a proba en:

/ Circuíto Costa da Morte

A crónica de Meigalicix:
"En plena praia de Carnota, gozando dunha estupenda tarde de sol. Creo que é o mellor momento e lugar para redactar a crónica da xornada, aínda que logo teña que buscar un sitio con wifi para poder copiar, pegar e enviar.

Un ano máis tocou durmir moi pouco de víspera, darse o madrugón para sair desde Vigo con tempo... Tanto, que fun a primeira persoa en retirar o dorsal no local do concello. Sobrando tempo, aproveitei para consultar as listaxes de inscritos: moita emoción este ano, pois eramos 9 veteranas cincuentonas a competir. E fixen rápidamente unha porra conmigo mesma. Estaba claro que aquí había xente interesadísima en puntuar para o circuito de carreiras da Costa da Morte, e con mais nivel que en anteriores, así que apostei por facer a carreira en 56 minutos e quedar 4 de 9.

Co dorsal xa no meu poder, marcho á cafetería do lado do Concello a tomar algo e facer tempo, e agardar polos colegas que tamén veñen correr: un ex futbolista da favela da Balbarda, que lle colleu gusto a esta carreira, facendo o vicio extensivo ó resto da familia, apuntando tamén ós fillos na categoría de benxamíns... O outro correlega é un ex Veterano Pabellón Ourense que veranea por aquí, a quen lle debo ter entrado nesta tolemia de correr en xeral, e participar nesta carreira en particular.
Reunidos todos, procedemos ós ritos habituáis de facer amagos de quentar, estirar, e aburrir ós nosos esforzados acompañantes cos comentarios da mala forma que traemos este ano, dos miles de achaques que nos impiden estar na merecida cima.

Total que xa chega a hora da saida, e casi lles creo que veñen en moi mala forma, pois imos xuntos á par ata case chegar ó comezo da praia. Pero era todo postureo, pois en nada xa despegaron cada un ó seu ritmo particular.

Eu fun ó meu, e ata media carreira ía ben, contenta, o Garmin marcando ritmos de 5:30 a 5:40. Pero pasado o ecuador da proba foise a nube que amablemente tapaba o exceso de sol, e xa me dou o sofocón e tiven que baixar o ritmo. Na volta da da Boca do río recuperéi, ata fun adiantando xente, pero a reincorporación ó tramo do asfalto fíxose dura, e a volta final do Hórreo un ano mais me deixou clavada, a ritmo de 7 min/km, co que algunhas das rivais que deixara antes atrás volvéronme a adiantar... Quen me dera ser hámster, está claro que non paso de tartaruga verde hawaiana.

Total que o tempo oficial foi de 56:42 no arco de meta, tempo neto 56:34 a un ritmo medio de 5:41. Gustaríame mais que tivese sido sub 56, pero iso si, quedéi de cuarta na categoría, 16 de 28 mulleres , polo menos seguir facendo mmp (medio é medio do pelotón na linguaxe papaleguense).

O mellor da xornada, o noveno posto en benxamíns feminino, e primeirísimo posto con trofeo de Nacho Porto en benxamíns masculino dos nosos nenos do equipo.
Un luxo participar nesta carreira, onde a organización pon agarimo e amabilidade... Pero o estigma de ser da favela parece que imprime carácter, e marca o destino de xeito fatal... Resulta que este ano decidín usar as duchas do pabillón. Como fun a primeira muller en chegar e todos os espazos útiles estaban invadidos por homes, sen haber nada asignado a mulleres, tiven que apañarme como puiden nun espazo onde só había lavabos, nin un triste retrete, nin banco, nin ducha que botase auga. Así que houbo que conformarse con mollar a cabeza debaixo da billa, lavarse a parte de arriba, e coas máns pasadas por champú dar un simbólico repaso á parte de abaixo... Cando xa chegaron mais mulleres e houbo masa crítica para facer reivindicacións, entón si que abriron a porta que poñía "fora de servizo" e poideron ducharse as que ían chegando... E queixábanse de que só había auga fría... A mín me tería servido perfectamente.

En fin, para outro ano xa sei que non teño que chegar de primeira.

Pero pese a estes detalles do directo, seguiréi vindo cada ano. E este en concreto era cita obrigada, ó ser Carreira solidaria contra o Cancro, sobran explicacións.

Xa non me enredo mais, ... isto é todo desde Carnota, amigos, que diría Porky.

Post data: un pensamiento solidario con todos os que hoxe participan nas 24 horas de Castrelos"

Enviado por Admin o 02-Set-2015 (1707 Lecturas)
"Carreira das Areas, Carnota" | 2 comentarios

Os comentarios son propiedade de quen os enviou. Non somos responsables do seu contido.

Re: Carreira das Areas, Carnota
por Montrove o Mércores, 02 de Setembro ás 11:38:22
Fermosa crónica de, para min, a carreira máis bonita de Galicia. Xa sabemos que é moi dura... pero mogollón de fermosa.
Saúdos
http://zapasdo42.blogspot.com.es/

| Pai