Foros ›
Autor
Mensaxe
uesturao

Novo foreiro
Novo foreiro
27/02/11
0 Carreiras
44 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Out 2017, 21:16
Asunto: Re: Precio de las carreras

Parecemo a min ou os do correo gallego pasanse un poco cos prezos. Sobre todo coa carreira dos rapaces.
Moussambani

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/10/07
0 Carreiras
1489 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 19 Xuñ 2018, 14:12
Asunto: Re: Precio de las carreras

Levaba este tema bastante parado, o que semella é unha boa sinal, pero eu teño que poñer de manifesto a miña disconformidade co prezo da edición da histórica e veterana Carreira de San Xoán de Vigo.

Eu sempre defendín que organizar unha Carreira leva moito traballo detrás, coordinación de moitas persoas implicadas e que axudan de xeito altruista, e que moitas veces incluso o prezo da carreira non da nin para cubrir gastos. É mais, son partidario de cobrar en todalas ainda que sexan 2€, porque se a pós gratis vaiche faltar moita xente . Pero cobrar un prezo coherente e acorde coa distancia da Carreira e co que ofrece ao corredor.

No caso do que falo, ahí algúns años esta Carreira era gratuita, non tiña plataforma cronometradora, etc...hoxe en día penso este aspecto do tempo con chip e quizáis o gardarropa son as diferenzas máis notables entre a San Xoan de fai 15 anos respecto as edicións de hoxe en día. Pero pasamos de non cobrar, a cobrar 3€, 5€, este año 8€...suprimir as sardiñas (aínda que esto a min dame igual, pero era unha tradición da carreira), suprimir premios en metálico (se hai premios en metálico ahí vanse entre homes e mulleres preto de 1000-1200 €) e non dar camiseta ou recordo da proba. Quero que quede claro que non estou esixindo nin premios monetarios, nin camiseta (teño ducias que regalo a ONG’s como facemos moitos de nós) nin ningunha barra libre de empanada, tarta ou Powerade. Pero chámame a atención que por unha Carreira de 7,7 kms se pidan 8€, cando por exemplo Eurocidade custa a metade (tamén por Championchip) ou mesmo os 10K de Samil custan 5,5€ cunha organización impecable e un trato ao corredor excelente, ou outras Carreiras que cobran unha cuota similar pero son de carácter BENÉFICO.Porque San Xoan...esa carreira que racanean ata o auga, corres entre coches, etc...non se caracteriza precisamente por ser unha das referencias no trato ó corredor, e se salva a ilusión e bo facer dos rapaces e rapazas do AVA.

Que conste que vou correla porque é unha das fixas do meu calendario e corro en casa e ten sempre un bo ambiente, pero a dirección da carreira debería replantearse se esta escalada de prezo da inscripción dos últimos anos ten xustificación porque me consta que somos varios os que estamos en desacordo con este tema.

Respecto a cal sería para min un prezo axeitado, con 5€ para esta carreira creo que sería suficiente.

Saúdos

"Non te mates traballando pra levar cartos ao banco" (Xil Ríos dixit)
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mér, 20 Xuñ 2018, 14:42
Asunto: Re: Precio de las carreras

correr de noite vese que sae mais caro, sera pola factura da iluminación? Pensando

a min xa me da rabia, porque tes compromisos e tal, pero a forma de protestar é non indo Nono

-- Chámame "ghose"
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Xov, 09 Ago 2018, 6:01
Asunto: Re: Precio de las carreras

Carreiras para turistas?

non teño apuntado o que paguei outros anos para ir as carreiras, pero a min paréceme que algúns organizadores das carreiras no verán aproveitan que esto esta cheo de xente que ven de lugares onde correr carreiras populares é máis caro (obxetivamente).

É unha impresión subxetiva, non fixen números pero estiven mirando de apuntarme a algunha das que teño ido e carreiras que hai un ano igual costaba 5€ participar agora valen 8 ou 10. Con "hinchables", camiseta, "zona cocoloco" ou charanga, o que queiras... pero é unha inflación tipo Arxentina Chupete

Que si vas con gusto pois ben feito está.

-- Chámame "ghose"
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Ago 2018, 8:52
Asunto: Re: Precio de las carreras

Pois eu este verán fun a varias carreiras e a maior parte delas gratuitas. No verán hay mais carreiras gratuitas que no resto do ano.
-Milla de Ares
-Pinar de Cabañas
-Mesia
-Carreira do Festival de Pardiñas
-Carreira de Oleiros
-Carreira de Cambre
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 09 Ago 2018, 22:52
Asunto: Re: Precio de las carreras

Recoñezo estar encontra das probas gratuitas, sempre o estiven porque as padecín, o despilfarro, xente que se inscribía a 3 carreiras o mesmo día etc...
Gústame tomar unhas cañas ou uns gin tonics, non o nego, e nos meus tempos e sempre a nivel popular, claro está, era dos que chegaba diante. Toda esta retaila de regalos nas carreiras me parece innecesaria, pero respecto a quen lle guste. Eu non deixo de encher armario ou regalar.
Dito esto, antonte tomei uns gin tonics cuns amigos e gastei 20 euros, porque ahí si que hay marxe de beneficio, e claro, non tes que ter a policía, protección civil, vallar e pechar un circuito dispoñer de mil voluntarios, mercar mil cousas e dar 800 máis e perder mil horas do teu tempo libre. Dito esto, e con este exemplo, e sempre respectando, repito outras opinións, claro está, prefiro pagar 10, 15 ou 20 euros por unha boa carreira que che poña os pelos de punta cando dan a saída, e che suba a adrenalina e che faga sentir como xa sabedes, que noutros menesteres diarios nos cales si se despilfarra.
Para min o deporte e sinónimo de esforzo e respecto, e jamais criticarei un prezo de inscrición, porque son de auténtica risa para o esforzo que supoñen.

Así que, aupa os organizadores e os prezos que teñan os que teñan que ser. Eu nunca deixarei de ir a unha proba por iso. Sinto quen se ofenda por esto. A opinión é libre.

Saúde e kilómetros Guiño .

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Ven, 10 Ago 2018, 5:50
Asunto: Re: Precio de las carreras

bos días!
que si que si! Moi feliz que non digo que non haxa que pagar, só que dúas carreiras que normalmente vou agora no verán pareceume que subiran o prezo ben, e comentabao por si era impresión miña (que igual si!) ou estaba sendo algo habitual. Era por falar un pouco oh!

Non lle reclamei nunca a ningunha proba polo que cobran. Vou o non vou según me pareza e punto. Pero o que non fago é pagar 20€ (ou o que sexa ) por ir a un sitio e estar pensando si é un "atraco", que si a bolsa de corredora é "pobre", que si che dan auga en lugar de acuarios,... Eso sería tiralos cartos en lugar de desfrutar de correr.

-- Chámame "ghose"
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1018 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 18 Ago 2018, 17:27
Asunto: Re: Precio de las carreras

Boas, o que está claro e que agora mesmo haí unha oferta moí grande de carreiras igual que de bares.... E da mesma maneira que se vou a un bar e me cobran 20 € poís a próxima buscareí un que me cobren 15 €, e nas carreiras poís igual. Quizaís sexa mellor ter 200 corredores por 5 € que 50 por 8 €, pero ó mellor cando os organizadores se dean conta xa é tarde.....
copasdeyate

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/09/09
0 Carreiras
119 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Ago 2018, 18:05
Asunto: Re: Precio de las carreras

Eu penso que é mísero o que se cobra polas carreiras aquí en Galicia, e o tema é moi simple: se non estou dacordo co prezo non vou e listo, non ando dando discursos de mesías como fan algúns. A correr!.
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1307 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 20 Ago 2018, 20:04
Asunto: Re: Precio de las carreras

Precisamente en Mesía fan unha fermosa proba gratuita XD, con trofeos, dúas distancias, duchas na propia saida/meta, pinchos a fartar donde se confraterniza e debate entre correlegas, bolsa de corredor chea de productos de calidade etc etc.. como esas por sorte quedan moitas en Galicia, e tamén temos probas que custan preto de 10€, criticar calqueira delas é na miña opinión unha mostra de falta de respeto a organizadores e mundillo en xeral, deberíamos estar máis que orgullosos de dispoñer de todas estas opcións, de pago, de balde, baratas, caras, nocturas, diurnas, polo monte, pola parcelaria, por asfalto ou polo aire. que regalen ou non camisetas para encher tres armarios ou fins de semana románticos, viva a oferta e nos sempre seremos os demandantes, así que demandade o que vos apeteza e que as críticas sempre sexan constructivas Guiño

www.youtube.com/channe...subscriber
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Xov, 23 Ago 2018, 12:17
Asunto: Re: Precio de las carreras

copasdeyate escribió:
Eu penso que é mísero o que se cobra polas carreiras aquí en Galicia, e o tema é moi simple: se non estou dacordo co prezo non vou e listo, non ando dando discursos de mesías como fan algúns. A correr!.

¡Alforfones para todos!

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
copasdeyate

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/09/09
0 Carreiras
119 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 23 Ago 2018, 22:33
Asunto: Re: Precio de las carreras

mac-ray escribió:
Precisamente en Mesía fan unha fermosa proba gratuita XD, con trofeos, dúas distancias, duchas na propia saida/meta, pinchos a fartar donde se confraterniza e debate entre correlegas, bolsa de corredor chea de productos de calidade etc etc.. como esas por sorte quedan moitas en Galicia, e tamén temos probas que custan preto de 10€, criticar calqueira delas é na miña opinión unha mostra de falta de respeto a organizadores e mundillo en xeral, deberíamos estar máis que orgullosos de dispoñer de todas estas opcións, de pago, de balde, baratas, caras, nocturas, diurnas, polo monte, pola parcelaria, por asfalto ou polo aire. que regalen ou non camisetas para encher tres armarios ou fins de semana románticos, viva a oferta e nos sempre seremos os demandantes, así que demandade o que vos apeteza e que as críticas sempre sexan constructivas Guiño

Jajajaja. Moi bó Mac Ray. Certamente tes razón, inda que creo que esto se está indo das mans ... co que custa organizar unha carreira e a oferta é desmesurada ... e a balanza empeza a inclinarse Pero bueno, respecto moito aos organizadores e valoro o seu traballo.

... O de Mesía TOP! jajaja.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Ven, 16 Ago 2019, 5:38
Asunto: Re: Precio de las carreras

Cambiei de opinión. Fíxenme liberal e agora creo na autoregulación do mercado, as leis da oferta e a demanda e abomino do factor distorsionador do sector público na economía corredora así como das carreiras gratuítas organizadas por anarcosindicalistas Chupete

-- Chámame "ghose"
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 16 Ago 2019, 6:04
Asunto: Re: Precio de las carreras

Eu comprendo ambas posturas. Tanto os das carreiras gratuítas como os que defenden as de pago. No meu caso ir ás carreiras é unha excusa na maioría das veces para saír e coñecer sitios, xente...E ter a cabeza ocupada. Afortunadamente para min o factor económico para estas cousas non é un problema, principalmente porque é o vicio que teño. Pero entendo que hai xente que poida deixar de ir correr a unha carreira polo prezo. Eu a verdade que nunca o fixen.
E tamén creo que ás organizacións, maiormente, son anónimos que non están para perder cartos xa que invisten xa o seu tempo para que moitos poidamos ter un rato de deporte.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos