Mar, 09 Ago 2011, 21:49
Asunto: Non entrenamos de máis ??
Explícome, vexo plans de entro en páxinas especializadas para baixar de 4" o 10 mil por exemplo, en donde se entrena 6 días a semana, a maioría da xente que vexo por aqui entrena 4, 5 ou máis días para poder facer bos tempos.
Eu levaba moooitos anos sen correr e agora estou empezando outra vez, de pequeno gañaba carreiras e todo jeje, os meus entrenos era correr unha vez a semana nas carreiras de pequechos as que asistía meu pai.
Teño a sorte de ter un amigo que sabe un pouco da materia, xa que ten entreado a moitos atletas e incluso ten gañado moitas carreiras populares.
El me di que con entrenar 3 días a semana que é suficiente.
E meu pai o parecer entrenaba normalmente os domingos namáis porque era o que o traballo lle permitía, e cando preparaba unha carreira pois algo máis entre semana pero pouco máis, fixo menos de 3 horas na maratón de madrid, con páxara incluida desas de ter que ir un km camiñando.
Desta volta que empezo a correr, os meus entrenos foron de 2-3 días máximo durante un mes e medio,sen facer series, a primeira carreira casi a 5"km e a úlimta que fun foi a de cambados donde fixen 4"km o 10mil.
E un compañeiro que empezpu no mesmo tempo que eu e ten entrenado 5 días a semana aínda non foi quen de superarme en ninúnha proba.
De ahi a miña dúbida, non penso que esté mal o de entrenar tanto, pero...
pode ser que non sexa tan necesario? e que non lle demos importancia a algo tan importante como é o descanso?
ahi queda a miña dúbida/reflexión.