Foros ›
Concellos Saudables Lalín. Andaina a Donsión.
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Xan 2011, 16:58
Asunto: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Donsión.

Hola a todos.

O domingo día 30 DE XANEIRO 2011, dentro do programa de Concellos Saudables de Lalín, organizamos a ruta a Donsión.

Saída as 9,30 horas dende a praza da igrexa de Lalín.

Percorrido de 15 quilómetros de dificultade baixa para facer en catro horas aproximadamente.

Puntos de interese: Paseo do río Pontiñas, Carballeira da Crespa, Igrexa barroca de Donsión (visitando o seu interior), mirador sobre o a xunta dos ríos Asneiro e Pontiñas, un tramo da Vía da Prata o Pazo de Bergazos e retorno novamente a Lalín polo paseo do río Pontiñas.

Próximamente engadirei eiquí a forma de inscribirse nesta actividade para todos aqueles que desexen particicpar.
asueto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/09/09
0 Carreiras
546 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 18 Xan 2011, 21:34
Asunto: Re: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Donsión.

Que tal o percorrido? Estou comezando a sair polo monte despois dunha rotura de menisco e quero comezar a faer andainas sinxelas antes de comezar coas de 50km.....hai moitos desniveis? Non quero resentirme...

Un saúdo,

Instantáneas de Fondo
instantaneasdefondo.blogspot.com

Empiezo a hablar gallego, no me lo tengáis en cuenta.
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Xan 2011, 16:06
Asunto: Re: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Donsión.

Hola

A Andaina é moi doada de facer. Non hai que subir a ningunha montaña. Evidentemente hai algunha pequena subida, pero nada complicado. O ritmo será moi pausado, pero sen dormirse claro. É un paseo. Non terás problema.

Saúdos.
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Xan 2011, 16:17
Asunto: Re: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Donsión.

Para participar na andaina a Donsión hai que inscribirse do seguinte xeito:

- Ingreso de 2 € na conta Caixanova 2080 0429 77 0040124557
- Enviar un correo electrónico a concellosaudablelalin @ hotmail.es

Para calquera dúbida pódese chamar preferentemente en horario de tarde aos tf 665820790 ou ben ao tf 699396112

A ruta partirá da praza da igrexa de Lalín o domingo as 9,30 horas da mañá, e se todo vai segundo o horario previsto as 14 horas estaríamos finalizando o roteiro.

Máis detalles no enlace seguinte:

www.dezarutas.wordpress.com/donsion/

Saúdos.
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Mér, 19 Xan 2011, 17:12
Asunto: Re: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Donsión.

Como "coñecedor do terreo" podo dicir que é unha andaina doada e interesante. Espero que a disfrutedes.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
asueto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/09/09
0 Carreiras
546 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Xan 2011, 17:19
Asunto: Re: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Donsión.

efervescente escribió:
Hola

A Andaina é moi doada de facer. Non hai que subir a ningunha montaña. Evidentemente hai algunha pequena subida, pero nada complicado. O ritmo será moi pausado, pero sen dormirse claro. É un paseo. Non terás problema.

Saúdos.

Está ben, falarei coa contraria para pedir a pertinente autorización e mañá vou para caixanova a facer o ingreso. Agora vou ver oestá Lalín, que non teño nin idea (son de Alicante e aínda non coñezo tódalas vilas galegas).

Un saúdo,

Instantáneas de Fondo
instantaneasdefondo.blogspot.com

Empiezo a hablar gallego, no me lo tengáis en cuenta.
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Xan 2011, 22:18
Asunto: Re: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Donsión.

Espero que quedes contento. Mais ca pedir autorización ven acompañado. Resulta que estamos no mes do cocido en Lalín, e despois da andaina non é mal plan un xantar con cocido de Lalín.

Unha aperta.
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Xan 2011, 21:18
Asunto: Re: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Donsión.

Seguindo a meteoroloxía para do domingo, día da andaina:

O TEMPO EN LALIN ESTA SEMANA

Aínda que... se neva... mirade cómo sería a andaina

ANDAINA A DONSIÓN CON NEVE

efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 30 Xan 2011, 20:14
Asunto: Re: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Donsión.

32 participantes fixemos hoxe a ruta a Donsión.

A choiva respetounos e os camiños estaban bastante ben.

Presentamos os nosos respetos nas tumbas nobiliarias de Beatríz Fernández de Gundín e de Gómez Gil Taboana soterrados na igrexa barroca de Donsión. Despois cara o final do roteiro chegamos ao pazo de Bergazos, lugar onde residiron os creadores do vínculo de Bergazos.

Quero agradecer dende eiquí a todos os que se achegaron a participar e esperamos que disfrutasen dun agradable día de sendeirismo en Lalín.

Nas próximas semanas pode haber outra nova ruta. Poñerei a información neste foro. Igualmente irei poñendo algunas fotos no blogue dezarutas.

Un saúdo.
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 31 Xan 2011, 20:55
Asunto: Re: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Donsión.

Algunhas fotos da andaina:

Fotos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos