Lun, 11 Out 2010, 12:10
Asunto: Re: IV carreira popular A Coruña 10
Moi ben a carreira, de menos a mais, sempre adiantando , e collendo boas sensacións.
Non me situei cos amigos cos que quentei nos intres previos coma Evarist ,Suso,nin co Oliveira, senón atrás de todo, co Norris e o Tronquito, e uns cantos veciños mais do país.
A pesar deso non vin a Maceda, novo compañeiro do clube OS RODEIROS, que tamén se coloca atrás de todo na saida sempre.
Tiña coma onxetivo os 45 minutos, e paseime un pouco, pero non pasa nada, que non vivo desto.
Encantado de saudar a outros compañeiros coma Paulkoech , cinha moii boa actuación;Irdam , o que o deixou o seu inseparable Montxo perdido por Riòs; a telait, co que compartín un bo treito ata que me deixou atrás;a David Chacho, compañeiro dos tempos de estudante en Lugo;o admin, que tamén andaba por alí;a Jesús Bernal, que non sei onde se situou na saida, pero que de seguro que ben adiante, como se merece.
Boa organización,boa camisola, pero penso que a auga habería que poñela a metade, e non no kmt 7, e que unha isotónica o final non viña mal, pero tendo en conta que a carreira era de balde, non se pode pedir mais, ainda que como dixo xa algún foreiro, era mellor que deran o periodico que o album de cromos.
Agora a ........Lestrove
o mais rápido dos gordiños
CLUBE ATLETISMO BOIMORTO