Mér, 23 Xuñ 2010, 23:09
Asunto: Re: Diario de ROV3R
xiamenfroi, jeje si xa teño o meu percorrido tamén co carril..., ás veces varío e fago outro percorrido, pero moi poucas veces.
Concretamente mañán vou a outro percorrido que tiña fai anos,. era no que media os meus tempos para saber se estaba en forma, ten moitas subidas e baixadas e é de terra, é de 4 kilómetros e farei duas voltas. fai anos o facía en 16 minutos, a ver mañán...
Tentarei cambiar un pouco, pero gustame moito ese percorrido de 6,5, ten moita variedade.
Sei que ao mellor se saío de este circuito hoxe por hoxe o meu ritmo baixará, xa que teño moi ben marcados os tempos e o teño xa cada día máis controlado.
De todas formas o que máis me interesa en baixar kilos e kilos, que aínda me sobran uns cantos.... Cando teña o peso que quero tamén tentarei ir ás pistas de atletismo para procurar entrenalo ritmo de carreira. Tempo ó tempo.
Grazas polo teu consello, valoro moito os consellos que me levades dado.
Saúdos.