Ven, 11 Xuñ 2010, 9:26
Asunto: Re: Israel pode facer o que queira?
Eu estiven no ano 93 no kibbutz Ga'aton, preto da cidade ne Nahariya, ao norte de Israel, case na fronteira co Líbano. Entre semana estabamos alí traballando no campo (era un kibbutz agrícola) e nas fins de semana facíamos excursións por NAzaré, Jerusalem, Mar Muerto, Cafarnaum...
Alí coñecín a moita xente. No kibbutz, a maioría eran xudeus retornados de sudamérica, había unha chea de arxentinos, chilenos... así que o tema da comunicación non foi ningún problema.
Había xudeus radicais, a favor do exterminio palestino, habíaos a favor de darlles unha autonomía, e habíaos a favor de darlle a independencia. Había uns rapaces de uns 18 anos por aquela, que decían que para eles os palestinos eran os seus primos irmáns e que non era xusto o que estaban a facer con eles, pero que aos nenos xudeos, dende pequenos, se lles incitaba a odiar a case todo o que cheirase a árabe, sobretodo aos palestinos.
Eu alí aprendín moito, vimos o Xerusalem europeo, todo ostentación, vendo aquelo un dábase conta que España iba por detrás de aquela xente en moitas cousas, pero tamén estuvimos no barrio armenio (que medo!!!), e nos barrios árabes. Menudas diferencias!!! O de Belén xa era o colmo, como te saíras do camiño que había dende onde te deixaba o autocar e lavaba ata o "portal" enseguida se veía a extrema pobreza dos palestinos que alí vivían, e enseguida un soldado israelí che convidaba amablemente, fusil en mano, a voltar a senda dos turistas.
Como nota curiosa, na viaxe de ida, tivemos que desviarnos ata París para recoller ao por aquel entón Primer Ministro, o finado de Isaac Rabin, xa que eles non teñen avións particulais como o Goberno Español ou o Air Force One. Despois no aeroporto de Ben Gurion en Tel Aviv, tivemos que estar no avión sen baixar máis dunha hora ata que se acabou a parafernalia do desembarco de Rabin. Unha viaxe de tres horas, convertiuse nunha de sete.
www.subeaobarbanza.blogspot.com