Xov, 17 Mai 2018, 11:08
Asunto: Re: Diario de Beauvais
Afortunados na nosa terra de ter dúas linguas. Hoxe é o Día das Letras Galegas. Non é o galego a miña lingua materna, na que me exprese con maior soltura, pero defendo a súa promoción na Administración, na escola, nos medios de comunicación...
Hoxe homenaxeamos á Lingua Galega e por iso a crónica vai en galego:
CARMA series xunto a Jorge Lamas e Juan Piñeiro. Como estamos en día festivo decidimos comezar ás 10:15. O malo é que xa facía calor.
Tocaban un 10*300 en 1'06''.0.
Comezamos cun quecemento de 3 Km no que fumos de vagar.
Para as series fuximos do sol facéndoas entre o 200 e o 500 onde a sombra das árbores axuda a sobrelevalas. As impares en lixeira subida e as pares co perfil favorable. Saíron todas de sobra. A táctica que seguimos foi facer os primeiros 200 forte e regulando nos últimos 100.
Así saíu o conto:
1'03''.5 - 1'02''.6 - 1'03''.8 - 1'02''.0 - 1'02''.4 - 1'00''.8 - 1'02''.0 - 1'01''.4 - 1'01''.1 e 0'57''.8
En canto a sensacións, non moi boas a verdade porque aínda non estamos afeitos a calor.
Rematei cun trote de 1200 metros con Juan.
TOTAL: 7,91 Qm 43'15'' (5'28''/Km) 158 ppm
MARATONIAN@S
connect.garmin.com/mod...705419617#
cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559