Foros ›
VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Xov, 01 Abr 2010, 11:02
Asunto: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira

O 17 de maio, unha edición máis desta entrañable proba popular organizada pola xente da parroquia de Carreira, que lle adican este ano a proba ao atleta ribeirense Jose Luis Nespereira.
Proximamente máis información, da proba e do homenaxeado.
Panzudopobrense

Mods
Mods
25/08/09
0 Carreiras
1261 Mensaxes
Pobra-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 20 Abr 2010, 19:37
Asunto: Re: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira

¿A que hora será la carrera?

Saludos
Torby

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/11/09
207 Carreiras
229 Mensaxes
Conxo - Coira
Respostar citando Envío Mér, 21 Abr 2010, 16:05
Asunto: Re: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira

Sendo a de Outes o mesmo día pola mañá, estaría ben que esta fose pola tarde coma no Corgo. E unha opinión. S2.
Panzudopobrense

Mods
Mods
25/08/09
0 Carreiras
1261 Mensaxes
Pobra-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 21 Abr 2010, 17:27
Asunto: Re: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira

Eu ando preocupado e quentando a cachola a Morán para facer a Guía e Outes...

Se Outes comenzará un pouco máis tarde, considerando que Guía comenzaría ás 10:30...
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Abr 2010, 22:43
Asunto: Re: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira

Información remitida polo gran "boss" da Guía: Abraham Benítez...

A VII Carreira Popular “Virxe da Guía” celebrarase o luns, 17 de Maio 2010 (Día das Letras Galegas), tendo saída e chegada na Capela da Guía de Carreira (Sta. Uxía de Ribeira).

Esta edición estará adicada ó atleta ribeirense Jose Luis Nespereira, “pola súa traxectoria deportiva”
Proba puntuable para o III Circuito de Carreiras Populares do Concello de Ribeira.

Categorías:
• Pitufos/as de 3-5 anos
• Benxamíns/as de 6-8 anos
• Infantiles/as de 9-12 anos

A) Homes nacidos entre 1994-1997
B) Homes nacidos entre 1985-1993
C) Homes nacidos entre 1976-1984
D) Homes nacidos entre 1965-1975
E) Homes nacidos entre 1951-1964
F) Homes nacidos antes de 1951.
G) Mulleres nacidas entre 1994-1997
H) Mulleres nacidas entre 1982-1993
I) Mulleres nacidas entre 1970-1981
J) Mulleres nacidas antes de 1970

Premios:
Categoría Masculina/Femenina:
1º 150 € + Agasallo
2º 100 €
3º 50 €

• Trofeos para os 3 primeiros clasificados das categorías A) a J).

(Nas categorías Pituf@s, Benxamins/as e Infantiles, todos recibirán medallas conmemorativas e camisetas (Non haberá trofeos nin clasificacións). Ao rematar as probas na entrega de trofeos, sortearase unha bicicleta).

• Trofeo ó/á máis veterán/a.
• Trofeo ós 3 primeiros do Concello de Ribeira.
1º 40 € + Vale fisioterapeuta
2º 30 € + Vale fisioterapeuta
3º 20 € + Vale fisioterapeuta


Premio por batir o record da proba: 100 €.
• Masculino: Suso de la Fuente (15:42)
• Femenino: Yolanda Gutiérrez (18:17)


Distancias e Horarios:
Pitufos/as: 75 metros (11:15)
Benxamíns: 600 metros (11:00)
Infantiles: 1,5 km. (10:45)
Absoluta: 5,2 km. (11:25)


Inscripcións:
Directamente na web http:carreira.info/virxedaguia
Prazo: Entre o 30-Abril-2010 e o Xoves, 13 de Maio, ás 20:00 horas. (Non se admitirán inscricións fora de prazo).
Prezo: Gratuita

Recollida de dorsais:
Realizarase o día da proba no lugar de saída e hasta 15 minutos antes do inicio de cada proba.


- A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 26 Abr 2010, 23:50
Asunto: Re: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira

Hola!!!. Pues este año espero ser de la partida. La verdad es que parece que me persigue un gafe con las carreras de este circuito que nunca puedo ir y por causas mayores; en la de O Corgo tuve una boda, el 16 de maio un bautizo, así que, aunque con la barriga llena, espero estar para esta.
Un saludo y muchas gracias por seguir celebrando esta prueba tan entrañable.

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
FleKy

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
8/01/07
244 Carreiras
1098 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
Respostar citando Envío Mar, 27 Abr 2010, 19:31
Asunto: Re: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira

Eu tamen haberes se podo acudir pois a do corgo por un ano mais non puiden acudir desta por lesion e dende a primeira edicion non voltei pero......... a da guia espero non faltar pois levo anos indo e gustame moito inda que sexa cortiña sufrese

You´ll never run alone
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 30 Abr 2010, 10:33
Asunto: Re: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira

Desde esta mañán xa está activada a páxina para proceder ás inscricións para a Carreira da Guía.
Unha vez cubertos os datos (nome, apelidos, ano de nacemento, sexo e concello...faciliño!!), enviar, e esperar uns 10 minutos antes de confirmar o voso nome na lista de inscritos, xa que o volcado dos datos actualízase automáticamente cada 5 minutos, non no intre preciso de enviar os datos.

www.carreira.info/virx.../index.htm

PD: Levo uns días en que esta web de Correrengalicia se me carga dun xeito lentísimo. ¿Pásavos o mesmo a vos?? ¿Quén lle está poñendo a pata encima para que non levante cabeza????? Mr. Green Mr. Green
luablanca

Novo foreiro
Novo foreiro
21/10/09
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 01 Mai 2010, 15:42
Asunto: Re: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira

Hola!, conocéis alguien el recorrido?
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Mai 2010, 10:19
Asunto: Re: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira

Ola, Luablanca:
O percorrido desta carreira é de 5,2 km. Corta pero duriña!. O primeiro km é en forte baixada. Logo outro km en forte ramba ascendente. Continúa chan, pero picando en subida. Logo outra subidiña de 300 m. A partir de ahí, 2 km. en baixada e chans que permiten coller ritmo. O último km volve a ser en subida esixente.
luablanca

Novo foreiro
Novo foreiro
21/10/09
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Mai 2010, 21:44
Asunto: Re: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira

URKO escribió:
Ola, Luablanca:
O percorrido desta carreira é de 5,2 km. Corta pero duriña!. O primeiro km é en forte baixada. Logo outro km en forte ramba ascendente. Continúa chan, pero picando en subida. Logo outra subidiña de 300 m. A partir de ahí, 2 km. en baixada e chans que permiten coller ritmo. O último km volve a ser en subida esixente.

Urko, gracias, pero si lo conoces me lo describes mejor por donde es la ruta?
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Mai 2010, 23:48
Asunto: Re: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira

Salida da Capela da Guía dirección Vixán. Logo subida á Graña, e hasta o cruce de Aguiño. Subida dirección Carreira e de novo á Capela da Guía donde está a meta.
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Mai 2010, 15:48
Asunto: Re: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira

Bo ritmo de inscricións, vivedios!!: en menos de 5 días, xa se acadou a centena de corredores!! Aplauso Aplauso
Lembrar que a data límite para anotarse é o vindeiro xoves, 13 de Maio.
boirinho

Foreiro Senior
Foreiro Senior
8/11/09
22 Carreiras
447 Mensaxes
Boiro
Respostar citando Envío Mar, 04 Mai 2010, 16:42
Asunto: Re: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira

A de ser un éxito de participación. Eu xa estou apuntado xunto coa miña cativa.
Canta distancia corren os pitufos?
O perfil da carreira pódese ver en algún sitio? É para ir facéndome a idea do que me vou a atopar.
Decídeme se pode ser algo así, tanto o percorrido coma a altigrafía.



www.subeaobarbanza.blogspot.com
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Mai 2010, 18:11
Asunto: Re: VII Carreira popular Virxe da Guía de Carreira-Ribeira

Clavado, Boirinho!!
Eso sí, para ter unha mellor percepción dos desniveles, mellor cárgalle na proporción de alturas, con respecto á lonxitude, porque con esa escala parece casi plana...!!! Silbar Silbar
Os pitufos corren menos de 100 metros.
Moita sorte!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos