Foros ›
ENTRENAMENTO ORIENTACIÓN-AROELO PONTEVEDRA
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 13 Xan 2010, 17:09
Asunto: ENTRENAMENTO ORIENTACIÓN-AROELO PONTEVEDRA

Tempada 2010 de Orientación


Logo dará comenzo unha nova tempada no deporte de Orientación e, co fin de que tódolos amantes das actividades na Natureza teñades a oportunidade de coñecer este apaixoante mundo, convidámosvos a participar con nós nun cursillo teórico-práctico que organizaremos os días 15 e 16 de Xaneiro.

A orientación é un deporte para todas as idades sen importar a forma física ou o nivel técnico. Nas súas probas danse cita e conviven, dende nenos ou maiores ata deportistas do máis alto nivel, pasando por grupos, parellas ou familias que disfrutan sinxelamente paseando polo monte. Tódalas carreiras da Liga Galega teñen percorridos de iniciación para maiores e iniciación para nenos.

- Venres 15, ás 20:30h, na sede do clube Montañeiros de Pontevedra (Casa da Xuventude - 2º andar). Teórica: “As carreiras de Orientación: Manexo do mapa e o compás”.

- Sábado 16, de 10:30h a 13:30h, na Lagoa de Castiñeiras. Práctica: Percorrido de iniciación tutelado nos primeiros tramos por orientadores federados do clube.


¡ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR DUN DEPORTE QUE MANTÉN EN FORMA CORPO E MENTE!

PARA INICIADOS E FEDERADOS HABERÁ PERCORRIDOS DE ENTRENO DE DIVERSOS NIVEIS ATA UN PERCORRIDO DE DIFICULTADE EXTREMA. ¡A VER QUÉN O REMATA!

Organiza: Javier Alvelo (responsable de Orientación do clube Montañeiros)
Técnico Trazador: Manuel Fariña
Monitores: Socios federados en Orientación do clube Montañeiros
aroelo @ hotmail.com 630 437 762
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 17 Xan 2010, 14:12
Asunto: Re: ENTRENAMENTO ORIENTACIÓN-AROELO PONTEVEDRA

O pasado sábado á mañá houbo o adestramento no Lago Castiñeiras a pesar do tempo pasado por auga. O bosque estaba completamento encharcado atravesar regatos en ocasión supoñía un reto a auga daba polos xeonllos e a enchenta facía aumentaba a forza da corrente.
Percorridos de iniciación e un percorrido de adestramento con claros no mapa para complicar a interpretación do mapa.
PERC DE ADESTRAMENTO: Lonxitude 7.0Km e 375 desnivel, o meu Polar deume 9.7 Km e 450 m. desnivel. Percorrido bonito, algo esixente a nivel físico, máis polo estado do terreo que pola lonxitude e o desnivel. Controis, algúns deles, un tanto técnicos.

AGRADECEMENTO OS ORGANIZADORES, conscientes como somos do que significa organizar un adestramento así, trazar, imprimir percorridos, balizar, recoller balizas, auga para os particpantes, control de meta, etc...en resume paar no monte dende o sábado dende ben cedo, ata varias horas despois de que todos rematan. ¡MOITAS GRAZAS!
fifthelement

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/03/09
0 Carreiras
694 Mensaxes
vigo
Respostar citando Envío Mér, 20 Xan 2010, 0:21
Asunto: Re: ENTRENAMENTO ORIENTACIÓN-AROELO PONTEVEDRA

Habera novos cursos teorico-practicos???.... porque este perdino...unha magoa!
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 20 Xan 2010, 1:59
Asunto: Re: ENTRENAMENTO ORIENTACIÓN-AROELO PONTEVEDRA

Si supongo que habrá más, procuraremos poner en este foro toda la información al día al respecto.
De todos modos de forma menos formal de vez en cuando quedamos para entrenar a todos los niveles allí en el lago y la teoría se ve rapidamente.
Un saludo.
never_71

Novo foreiro
Novo foreiro
10/09/09
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 01 Out 2010, 10:10
Asunto: Re: ENTRENAMENTO ORIENTACIÓN-AROELO PONTEVEDRA

Hola

Pretendo iniciarme en el mundo de la orientación y quería saber si se organizará algún curso o entrenamiento próximamente.

Gracias





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos