Foros ›
Autor
Mensaxe
javiyl

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
26/06/07
0 Carreiras
316 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Sáb, 11 Abr 2009, 23:18
Asunto: buenas de nuevo

Ainda que xa me presentara xa hai máis de dous anos, quería facelo de novo pq participei o outro día na miña primeira carreira (a de Ordes)

A razón pola que non puidera comezar a correr populares foi que me fixen un esguince de xeonllo xogando ó futbol, e costoume moitisimo recuperame. Agora estou xa ben gracias a moito traballo de ximnasio, por esta lesión e por outra anterior de hombro.

A proxima carreira á que irei será a de Carballo, onde espero poder coñecer algún forero. Falei particularmente (por privados) con algun, Banderas e Tartarugo, moitisimas gracias pola vosa amabilidade.

En canto o entrenamento, comecei esta semana (a de Ordes fun sen entrenar, asi me costou acabar) a idea que tiña era facer:
de luns a mercores rodaxe de 35-40 minutos
xoves rodaxe "largo" de 1 hora
sábado outro rodaxe largo se non hai carreira nese fin de semana

que vos parece? admito (e agradezo) calquera critica, suxerencia ou consello
javiyl

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
26/06/07
0 Carreiras
316 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2009, 6:20
Asunto: Re: buenas de nuevo

javiyl escribió:

xoves rodaxe "largo" de 1 hora
sábado outro rodaxe largo se non hai carreira nese fin de semana

que vos parece? admito (e agradezo) calquera critica, suxerencia ou consello

alguen me podería decir que lle parece o plan de entreno. é o que fixen esta semana pasada e quedei cos xemelgos algo cargados, ainda que supoño que será normal ó ser a primeira semana, non?
saludos
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2009, 6:34
Asunto: Re: buenas de nuevo

Na miña modesta opinión son demasiados días de adestramento para comezar, máis se a musculatura ten sobrecarga. Eu comezaría día si día non. A que ritmos adestras?
javiyl

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
26/06/07
0 Carreiras
316 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2009, 6:40
Asunto: Re: buenas de nuevo

beauvais escribió:
Na miña modesta opinión son demasiados días de adestramento para comezar, máis se a musculatura ten sobrecarga. Eu comezaría día si día non. A que ritmos adestras?

ok, os ritmos non sei moi ben, o unico adestramento que controlei un pouco foi o do sábado, no que fixen 10 km en 57 minutos. en canto o ritmo cardiaco non o sei, pq non levo pulsometro, debería coller un para estar mais atento a esto?

moitas gracias por contestar
sochas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/09/08
0 Carreiras
857 Mensaxes
Pobra do Caramiñal
Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2009, 19:57
Asunto: Re: buenas de nuevo

Eu coido que non é necesario que merques un pulsómetro.

Estou dacordo con beauvais en que estás adestrando moitos días seguidos e seguramente sexa ese o motivo da sobrecarga.

Terás que alternar 1 día entreno/1 día descanso ou 2 días entreno/1 día descanso. Logo xa poderás ir aumentando a proporción entre entrenos descansos.

Uns consellos que eu considero moi importantes:

- Quentar, eu normalmente comezo rodando 10min a ritmo lento.
- Logo xa podes darlle caña!!
- Antes de rematar facer uns 5-10min a ritmo lento para recuperar.
- Eu suelo estirar uns 5minutos.
- Sobre todo facerlle caso ó que nos conta o noso corpo. Si está cansado non queda máis remedio que descansar.

Un saúdo
javiyl

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
26/06/07
0 Carreiras
316 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2009, 20:12
Asunto: Re: buenas de nuevo

ok, farei caso o que me decides.

dos consellos que me das creo que xa fago todo, agas o último, costame estar un día sen entrenar, pero tera que ser.

outra cosa, logo do calentamento (eu calento uns 15 minutos, xa que senon teño as pernas moi pesadotas) teño costume de estirar un pouco, eso é bo ou malo?

moitas gracias os dous
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2009, 20:25
Asunto: Re: buenas de nuevo

javiyl escribió:
dos consellos que me das creo que xa fago todo, agas o último, costame estar un día sen entrenar, pero tera que ser.


Se tes unha piscina cerca podes aproveitar e alternar días correr e de nadar.
javiyl

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
26/06/07
0 Carreiras
316 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2009, 20:32
Asunto: Re: buenas de nuevo

ok, á piscina xa voy dous días a semana, forma parte da rehabilitación dunha lesión de hombro. sustituirei enton algún día o adestramento por outro día de piscina.
sochas

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/09/08
0 Carreiras
857 Mensaxes
Pobra do Caramiñal
Respostar citando Envío Mar, 14 Abr 2009, 17:58
Asunto: Re: buenas de nuevo

javiyl escribió:
ok, farei caso o que me decides.

dos consellos que me das creo que xa fago todo, agas o último, costame estar un día sen entrenar, pero tera que ser.

outra cosa, logo do calentamento (eu calento uns 15 minutos, xa que senon teño as pernas moi pesadotas) teño costume de estirar un pouco, eso é bo ou malo?

moitas gracias os dous

Eu non creo que sexa malo. Eu creo que o único malo de estirar é si forzas moito o estiramento.

Un saúdo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos