Foros ›
I ANDAINA POPULAR DO CONCELLO DE BARBADÁS
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
casaxuventude

Novo foreiro
Novo foreiro
4/06/08
0 Carreiras
1 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 04 Xuñ 2008, 16:14
Asunto: I ANDAINA POPULAR DO CONCELLO DE BARBADÁS

Faltan dous días para pechar o prazo de inscricións. Máis de 150 persoa xa fixeron a súa inscrición. Estades todos convidados!

Aquí tendes as bases:

I ANDAINA POPULAR
CONCELLO DE BARBADÁS

Sábado, 7 de xuño de 2008


Terá lugar o vindeiro sábado, 7 de xuño de 2008 con saída as 9,00 h. da mañá.
REGULAMENTO
1- ORGANIZACIÓN
A proba está organizada polo Concello de Barbadás.
2- INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
Poderá realizarse nos seguintes puntos:
- casa da Xuventude (Parque Solaina- A Valenza) Tel. 988391526; mail: xuventude @ barbadas.es
- Concello Barbadás “Servizos Sociais” (Cimadevila 11-Barbadás)- Tel. 988360000
- Casa da Cultura (Rúa San Bernabé- A Valenzá) Tel. 988246885.
- Gimnasio Squash Orense S.L. (R/ Galicia 3, 32005 Ourens)Tel.988249308 (de 9,30 a 13 e de 16,30 a21 h)

Será necesario realizar o ingreso da inscrición no número de conta 2080-0342-68-0040009641 de Caixanova; o xustificante de ingreso se entregará xunto coa ficha de inscrición nos puntos citados de información para que a inscrición se faga efectiva e onde se lles entregará un dorsal co número de participante.
3- SAÍDA
Farase desde o Parque da Liberdade na Avda de Celanova Celanova (antiga N-540) de a localidade de A Valenzá na data sinalada, ás 9 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes da proba para verificar a inscrición.
Na liña de meta farase entrega dunha camiseta a todos os que superen a proba ou alomenos una etapa.
4- PERCORRIDO
O percorrido consta de tres etapas que suman un total de 22,50 km. Estará correctamente sinalado; para facer o percorrido a pé, non correndo, dende a saída ata a liña de meta, con frechas de cor verde cada 50 metros . Durante o traxecto os participantes recibirán avituallamento líquido e alimentos.
5- AVITUALLAMENTOS
Ó longo do percorrido haberá tres puntos de avitallamento coa finalidade de prover ós participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba. Estarán ubicados nos seguintes puntos da ruta:
• no Km 6,08 (Sobrado do Bispo): REFRESCOS E ALIMENTOS
• no Km 11,43 (Monte do Castro): REFRESCOS E ALIMENTOS
• no Km 17,97 (Bentraces): REFRESCOS E ALIMENTOS
6-ZONAS DE CONTROL E CUALIFICACIÓNS
Os controis estarán situados ó final de cada etapa:
• Control 1: no km 6,08 (Sobrado do Bispo)
• Control 2: no km 15,71 (Loiro)
• Control 3(META): no km 22,50 (A Valenzá, no Campo dos Carrís)
Os participantes Terán un tempo de 6 horas para realizar a proba completa de 22, 50 km
• ETAPA 1 : 6,08 km
• ETAPA 2: 9,63 km
• ETAPA 3: 6,79 km
7- RECOMENDACIÓNS IMPORTANTES
É recomendable estar ben preparado físicamente, polo que se aconsella camiñar con anterioridade días antes. Consiste nun percorrido de 22,50 km con algún terreos accidentados que hai que salvar. É importante levar gorra, protección solar e calzado adecuado.
8- RESPONSABILIDADES
A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia.
Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidae no caso de accidente ou lesión.
9- FIN DA PROBA
Tódolos participates que rematen a proba ou superen alguna das etapas recibirán una CAMISETA CONMEMORATIVA.
Os aseos e duchas das piscinas municipales estarán a disposición dos participantes
Xunto a liña de meta (Os Carrís- A Valenzá), estará instalanda una carpa con PULPO, CARNE O CALDEIRO E EMPANADA a PREZOS POPULARES, para todos os participantes ou calquera persoa que desexe xantar.
O evento estará amenizado por unha CHARANGA do Concello.

http//xuventude.barbadas.es
Dende a Casa Municipal da Xuventude de Barbadás

[email]e-mail: xuventude @ barbadas.es[/email]

[i]Un saúdo![/i]



camisetaandaina.jpg
Descrición:
Visto: 2773 veces
camisetaandaina.jpg


foto mapa ruta.jpg
Descrición: MAPA DA RUTA
Nome do arquivo: foto mapa ruta.jpg
Descargado: 1617 veces
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 04 Xuñ 2008, 16:20
Asunto: Re: I ANDAINA POPULAR DO CONCELLO DE BARBADÁS

Gracias meu!!!...Xa estaba aberto o tema neste link:

TEMA ABERTO

www.jeffxavi.blogspot.com
Afiador

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/09/06
0 Carreiras
512 Mensaxes
Terra da chispa
Respostar citando Envío Xov, 05 Xuñ 2008, 17:29
Asunto: Re: I ANDAINA POPULAR DO CONCELLO DE BARBADÁS

Moita sorte con esta primeira andaina e que todo vos saia perfecto , o percorrido desde logo e bonito , pero para a próxima edición estaría ben que bos informarades das fechas que quedan libres e non xuntar unha mesma fin de semana a vosa andaina con outra que xa se celebrara anteriormente e estaba anunciada na prensa fai cando menos dous meses, o calendario e moi grande e si se reparte todos poderemos disfrutar as rutas que se organicen.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos