Foros ›
I Andaina Concello de Barbadás (Ourense)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Mai 2008, 9:59
Asunto: I Andaina Concello de Barbadás (Ourense)

O sábado 7 de Xuño as 9h vaise celebrar a I Andaina do Concello de Barbadás:

*A data de inscrición será do 19 de maio ata o 2 xuño.

*O número máximo de participantes é de 400. Se non se alcanzara este número no periodo establecido seguirase anotanto participantes ata o día anterior á proba.

*O prezo é de 5 euros, que inclúe camiseta conmemorativa, e avituallamento líquido e sólido ó longo do camiño.

REGULAMENTO

1-ORGANIZACIÓN

A proba está organizada polo Concello de Barbadás.

2-INFORMACIÓN E INSCRICIÓN

Poderá realizarse nos seguintes puntos:

- Casa da Xuventude (Parque Solaina- A Valenza) Tel. 988391526; mail: xuventude@barbadas.es

-Concello Barbadás “Servizos Sociais” (Cimadevila 11-Barbadás)- Tel. 988360000

-Casa da Cultura (Rúa San Bernabé- A Valenzá) Tel. 988246885.

-Gimnasio Squash Orense S.L. (R/ Galicia 3, 32005 Ourens)Tel.988249308 (de 9,30 a 13 e de 16,30 a21 h)


Será necesario realizar o ingreso da inscrición no número de conta 2080-0342-68-0040009641 de Caixanova; o xustificante de ingreso se entregará xunto coa ficha de inscrición nos puntos citados de información para que a inscrición se faga efectiva e onde se lles entregará un dorsal co número de participante.

3-SAÍDA

Farase desde o Parque da Liberdade na Avda de Celanova Celanova (antiga N-540) de a localidade de A Valenzá na data sinalada, ás 9 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes da proba para verificar a inscrición.

Na liña de meta farase entrega dunha camiseta a todos os que superen a proba ou alomenos una etapa.

4-PERCORRIDO

O percorrido consta de tres etapas que suman un total de 22,50 km. Estará correctamente sinalado; para facer o percorrido a pé, non correndo, dende a saída ata a liña de meta, con frechas de cor verde cada 50 metros . Durante o traxecto os participantes recibirán avituallamento líquido e alimentos.

5-AVITUALLAMENTOS

Ó longo do percorrido haberá tres puntos de avitallamento coa finalidade de prover ós participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba. Estarán ubicados nos seguintes puntos da ruta:

no Km 6,08 (Sobrado do Bispo): auga e froita
no Km 11,43 (Monte do Castro): auga e froita
no Km 17,97 (Bentraces): auga e degustación
6-ZONAS DE CONTROL E CUALIFICACIÓNS

Os controis estarán situados ó final de cada etapa:

Control 1: no km 6,08 (Sobrado do Bispo)
Control 2: no km 15,71 (Loiro)
Control 3(META): no km 22,50 (A Valenzá, no Campo dos Carrís)
Os participantes Terán un tempo de 6 horas para realizar a proba completa de 22, 50 km

ETAPA 1 : 6,08 km
ETAPA 2: 9,63 km
ETAPA 3: 6,79 km


7- RECOMENDACIÓNS IMPORTANTES

É recomendable estar ben preparado físicamente, polo que se aconsella camiñar con anterioridade días antes. Consiste nun percorrido de 22,50 km con algún terreos accidentados que hai que salvar. É importante levar gorra, protección solar e calzado adecuado.

8- RESPONSABILIDADES

A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia.

Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidae no caso de accidente ou lesión.

9- FIN DA PROBA

Tódolos participates que rematen a proba ou superen alguna das etapas recibirán una CAMISETA CONMEMORATIVA.

Xunto a liña de meta (Os Carrís- A Valenzá), estará instalanda una carpa con PULPO, CARNE O CALDEIRO E EMPANADA a PREZOS POPULARES, para todos os participantes ou calquera persoa que desexe xantar.
O evento estará amenizado por unha CHARANGA do Concello.


Tendes toda a información na web do Concello de Barbadás

CONCELLO DE BARBADÁS

www.jeffxavi.blogspot.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos