Foros ›
Campionato galego de montaña???
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
faraon

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/01/06
0 Carreiras
103 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 24 Mai 2008, 14:34
Asunto: Campionato galego de montaña???

Ata o de agora (hoxe mesmo) estaba seguro de que o Campionato Galego de Montaña se celebraba o próximo día 8 de xuño en Esgos; a miña sorpresa é que buscando información sobre a subida ó monte Faro (Budiño) do día 1 tamén se anuncia como Campionato Galego de Montaña. Cal dos dous é o verdadeiro? Ademais as dúas informacións saen no calendario da páxina da FGA...Teño pensado correr as dúas provas pero gustaríame que alguén me sacara de dubidas.
salgueiro

Novo foreiro
Novo foreiro
16/05/06
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 24 Mai 2008, 14:46
Asunto: Re: Campionato galego de montaña???

O campionato galego de montaña celebrase en Esgos, ainda que na folla de información de Faro Budiño anuncien a proba como tal non é campiontato galego. O importante non é que unha proba sexa campiontato ou non, se non a organización da proba e no caso das de montaña a beleza do percorrido. Ambas-las probas están perfectamente organizadas e descorren por unhas paraxes moi fermosas.
A proba de Faro Budiño levase sen celebrar un par de anos e botabase en falta. O percorrido son por pistas que permiten correr prefectamente sen ter que subir por zonas de rochas como ocorre en Esgos, pero iso vai en gustos.
O mais importante e que o vindeiro mes de xuño ven repleto de probas de montaña, Faro Budiño, Esgos, Tangaraño. As carreiras de monte van en aumento e temonos que alegrar por iso.
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 24 Mai 2008, 17:14
Asunto: Re: Campionato galego de montaña???

Na páxina da FGA está claro

CALENDARIO

www.jeffxavi.blogspot.com
Afiador

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/09/06
0 Carreiras
512 Mensaxes
Terra da chispa
Respostar citando Envío Xov, 29 Mai 2008, 19:32
Asunto: Re: Campionato galego de montaña???

Pois non está claro de todo o tema , parece ser que na F.G.A queren facer caixa este ano e fan dous campionatos de montaña.........como colaborador da organización da prova en Esgos podo decirvos que se solicitou o campionato xa a primeiros de ano e ingresouse o canon que iste acarrea de 300 euros por seis medallas e uns dorsais que son obrigatorios co patrocinador da federación (por certo hoxe dixeronnos que seguramente non os teran a tempo.......) si tamén fixeron o mesmo coa xente que organiza a de Faro-Budiño, menudo chollo venden o mesmo peixe duas veces.........o mellor para o ano volven a quedar sen ninguén que organice de novo o campionato xa que os federados o final non somos nin o 10% dos participantes e os organizadores saimoslle moi caros.........
faraon

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/01/06
0 Carreiras
103 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Mai 2008, 19:59
Asunto: Re: Campionato galego de montaña???

Xa me extrañaba a min! Impresentable a postura federativa que parece querer quedar ben con todo o mundo e encima gañar cartos; en todo caso ós atletas tanto nos ten campionato coma non, a carreira será fantástica dunha forma ou de outra como foi o pasado ano.
Tennos informados para que os federados saibamos onde anotarnos.
Afiador

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/09/06
0 Carreiras
512 Mensaxes
Terra da chispa
Respostar citando Envío Xov, 29 Mai 2008, 20:07
Asunto: Re: Campionato galego de montaña???

Boas faraon as inscripcións para federados son nas delegacions da federación e para a carreira popular no concello ou en Red-1 , tendes información mais detallada na paxina www.concelloesgos.com, un saudo.
Bubela

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/10/05
0 Carreiras
582 Mensaxes
GALIZA
Respostar citando Envío Mér, 04 Xuñ 2008, 21:39
Asunto: Re: Campionato galego de montaña???

E unha lástima ter corrido a pasada fin de semana un maratón. Porque disputar esta prova faríame moita moita ilusión.
Estarei alí, véndovos, e sentido envexa dos que participedes.

Apertas, Bubela,





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos